O heroico labor da Misión Cubana en Haití, recoñecido mesmo na prensa dos EEUU

Insurgente.org

Cuba asiste a Haiti, e a moitos máis paises, con cooperantes, médicos e material . EE.UU e a U.E levan o terror e a guerra a Libia. Con todo, son os imperialistas quen reclaman patente de democratas.

The New York Times ven de publicar un artigo no que salienta o labor da brigada médica cubana dentro da batalla contra o cólera en Haití.
Paul Farmer, enviado especial das Nacións Unidas en Haití e fundador de “Partners in Health” (implicados na saúde) sinalou que foran os cubanos os primeiros en daren a alarma sobre o andacio de cólera, o que promoveu a mobilización de personal sanitario e axudou a reducir as baixas pola enfermidade.

O heroico labor da Misión Cubana en Haití, recoñecido mesmo na prensa dos EEUUAgora que o andacio segue o seu proceso, a misión médica de Cuba continúa o seu traballo e gaña a admiración de cooperantes e diplomáticos por manter o compromiso na primeira liña de combate ao tempo que se esforza por refacer neste país estragado a malbaratada estrutura de atención sanitaria.

No que vai de ano, o cólera matou 6.600 persoas e contaxiou máis de 476.000 en Haití. Isto representa case o 5 por cento da poboación da illa, a taxa de cólera máis elevada do mundo, segundo Nacións Unidas. A misión cubana atendera máis de 76.000 casos e só 272 deses pacentes morreran, una proporción baixa no contexto global de Haití.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará