O ICAP convoca unha viaxe solidaria a Cuba para asistir á Festa do 1º de Maio

O Instituto Cubano de Amizade cos Pobos (ICAP) ven de convocar unha viaxe solidaria a Cuba de unha semana de duración para asistir a Festa do 1º de Maio e cumprir un extenso programa de intercambios. O programa está dirixido ás asociacións de solidariedade do estado español e da intendencia encárgase a a axencia de viaxes AMISTUR, comeza 28 de abril terza feira no aeroporto de Madrid e remata no mesmo lugar cinco de maio. Amais da oportunidade de participaren nos actos do Dia dos Traballadores, as persoas inscritas na viaxe realizarán visitas guiadas a centros sanitarios, Comités de Defensa da Revolución (CDR) e a Federación de Mulleres de Cuba (FMC) entre outros. A viaxe inclúe avión de ida e volta, translados e hotel con almorzo. Máis información e inscricións no telefone 655-533577 ou no correo txemah@telefonica.net. As prazas son limitadas.

Primeiro de Maio en Habana
Primeiro de Maio na Habana

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará