“O imperialismo utiliza a diario a manipulación e só as veces e agresión militar”, Francisco Sierra

Terra Sen Amos – Redacción

Francisco Sierra Caballero, catedrático de Información en Sevilla, falou xoves 30, dentro Semana sobre Manipulación Mediática e Dereito a Información organizada pola Asociación Galego-Bolvariana Hugo Chávez (AGABO) e a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, e denunciou as formas de alterar a información, nomeadamente en Venezuela e a utilización da palabra réxime nun contexto achegado a nós. Tamén das imaxes da 1ª Guerra do Golfo e outras despois do 11S, descontextualizadas, asi como a repetición de mentiras que rematan por semellar verdade. As denuncias de manipulación reapareceron no debate a seguir a súa intervención, tanto coma as interrogantes e dúbidas sobre a cualidade real da democracia. “O imperialismo utiliza diversas agresións. A militar é só ás veces, mais o control das grandes corporacións sobre a prensa é practicamente total”. Serra foi presentado por Moncho Fernandez Leal, expresidente da Francisco Villamil que tamén moderou o debate.

Imaxe do debate con Francisco Sierra no Reitorado. (foto de Alberto López)

“Só a crítica e o razoamento permitiranos comprender as transformacións que vivimos e as alternativas abertas pola transformación dixital da esfera mediática. A mediación informativa afronta novas lóxicas de enunciación, un novo modo de captación e proxección social da experiencia, que transcende a división do traballo e o modelo de produción das industrias culturais. O cambio de paradigma que vivimos suscita, sen dúbida, desafios estructurais na política de representación.

A inflación informativa pola dinámica do novo capitalismo inmaterial, altera as condicións de control e difusión do acontecer social até o extremo de esfarelar os modos de facer e pensar o oficio e as xerarquías e modelos de reprodución que historicamente marcaron o modelo de mediación da modernidade. A información devén un traballo sen rematar, en evolución constante, unha especie de conversación, un proceso dinámico de amosar os feitos, máis que un produto feito. A desmaterialización dos soportes e a propia inercia da destrución creativa do capitalismo, hipotecan a actividade xornalística e van degradando a función de representación do xornalismo.

Compre describir con precisión o actual escenario de conflitos e intereses, de crenzas e filosofías que entran en crise coa revolución digital; compre definir unha axenda común para a acción dun Xornalismo Real que supere a redundante sobrecarga de información dominante. Fronte á tónica ou narrativa de reciclaxe e baixo custe na produción de noticias, proxectar unha nova mediación anti-estratéxica que faga posible a utopía comunicacional do xornalismo, como contrapoder. Moitos profesionais, no entanto, seguen ancorados nun imaxinario da profesión sen consistencia e capacidade de resposta ante a dinámica da pos-verdade e a cultura Twitter.

Hai 150 anos, a prensa de opinión e literaria recuaba fronte os xornais de empresa e os grandes grupos editoriais e do mesmo xeito, dun tempo para hoxe veuse producindo unha tensa dialéctica de concentración e abundancia de información que pon en crise a profesión xornalística. A colonización do capital fai que do divulgador, do crítico, e do pastor de ideas que fóra antes o xornalista, non fique senon un profisional ocupado dos refugallos da actualidade. Nesta deriva, os mitos da imparcialidade e independencia da prensa cairon baixo unha praxe que dista moito de se achegar aos valores orixinarios. Proba evidente diso é o conformismo institucionalizado da profesión, muda fronte cambios e demandas no seu redor, até producir  unha crise radical de confianza e de sostibilidade económica.

O cambio de ciclo e de modelo de negocio está na orixe da actual crise de representación. A mercantilización sen concesións e a saída a bolsa dos grupos multimedia significaron unha fuxida cara adiante que, na práctica, remove as bases materiais e o sentido mesmo da prática do xornalismo. A crise irreversible de medios de referencia como El País non é tanto resultado da xestión de Antonio Caño e o malévolo Conselleiro Delegado como da ética e política, do virtuosismo da mediación. Dase unha solución de continuidade na trama daquela estratexia de cerco da esquerda real e o discurso contra Unidos Podemos que o sistema de medios dominante vén sostendo.

O neobarroco desta cultura da simulación iníciase co imperio da televisión de JFK e alcanza o seu clímax con Ronald Reagan. Un presidente incompetente coma Trump é mediaticamente proxectado como líder político nun programa semanal de TV patrocinado pola Xeneral Electric. Destes casos á invención de Macron como estadista hai un paso. E é desde este marco desde onde hai que entender a imposición da cultura das novas de deseño, que inza na concentración informativa, a expansión mercantil dos medios sensacionalistas e a anomia crítica das audiencias. O acontecer diario das noticias procedendos gabinetes de comunicación e da privatización da esfera pública. O mito dos grandes medios como gardiáns da liberdade é, cando menos, un relato sen fundamento, salvo nalgúns países, non precisamente EUA, por exemplo Venezuela ou Ecuador, onde os medios operan como partido de oposición ao servizo do poder económico.”

Para a nosa prensa, o populismo Trump e a esquerda bolivariana vén sendo o mesmo en cuestión de liberdade de expresión. Paradoxos da inconsistencia xornalística cando se comproba que o ruído vende. A falta de información é a condición do comercio cando se confunde a liberdade de prensa coa liberdade de empresa informativa. Por iso o conflito e a controversia aliméntanse a diario dende as industrias culturais. Noutras palabras, non son medios opositores á Casa Branca. Nunca o foron. Pero agora teñen que convivir cunha cultura asolada por ventos de cambio. A día de hoxe, a miña hipótese é que o discurso da simulación da liberdade de expresión como industria, xa non resulta efectiva nin convincente, mesmo que se dea en diferido”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *