O legado de Martí e luz de Cuba e faro da solidariedade entre nacións

En 28 de xaneiro celebramos 169 anos do natalicio de José Martí, libertador de Cuba. Desde o Movemento Estatal de Solidariedade con Cuba (MESC) E a Federación de Asociacións de Cuban@s Residentes en España (FACRE) rendemos homenaxe a esta figura senllleira da historia de Cuba con programas e convocatorias que revivan a memoria do seu legado e, secomasí, dean testemuña da súa inmensa obra representada por un mundo de escritos filosóficos, pedagóxicos, políticos, xornalísticos e literarios que conforman unha achega fundamental da cultura universal con sobresaintes aplicacións práticas que sobardan as loitas pola independencia e a xustiza social do pobo de Cuba e alimentan outras causas xustas noutras latitudes. Non é por acaso que Martí é o cubano máis universal.

Falco, Juventud Rebelde

Unha das fortalezas do pobo e a cultura cubanas e o legado de José Martí e a súa vixencia actual na patria que fora razón da súa vida. O Heroe Nacional e Apóstolo da Independencia de Cuba, soubo axuntar e orientar as arelas de liberdade de todo un pobo nas loitas contra a metropole colonial e serveu de inspiración á Xeración do Centenario que encabezada por Fidel Castro Ruz emprendeu en 26 de xullo de 1953 os asaltos aos cuarteis Moncada e Carlos Manuel de Céspedes para derrubar a ditadura de Fulgencio Batista; malia non ter atinxido seu obxectivo básico, o ataque inzou un movimento pola independencia e a liberdade plena da illa, frustradas polo intervencionismo estadounidense logo de se ter liberado a nación do xugo hispanoa, e realizada derradeiramente en 1 de xaneiro de 1959. Neste senso, a actual Revolución Cubana é fillla das ideas martianas e os valores de Martí están presentes na formación de cubanos e cubanas e son exemplo para o mundo baixo o humanismo e solidariedade dos profesionais sanitarios da illa baixo o lema de Patria é Humanidade e a máxima de O mellor xeito de decer é facer.

Integrado por 27 asociacións de solidariedade do Estado Español, o MESC, xunto a FACRE, reafirman seu compromiso coas ideas martianas e salientan a súa vixencia na construción da nacionalidade e a defensa da soberanía cubana para ben de todos e todas.

En 28 de xaneiro de 2022

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará