O mundo está con Cuba mentres o goberno de Trump enfesta o muro do bloqueo

TSA

O dano económico producido a Cuba polo ilegal bloqueo anda xa polo billón de dólares, segundo ven de contar nun completo informe Bruno Rodríguez Parrilla, ministro de Estado de Cuba, unha cifra que outros observadores dende os EUA coidan inferior á realidade, que sobarda con moito esa cantidade ao abranguer conceptos aleatorios coma o comercio e o valor de activos directamente relacionados coa garantía da Lei internacional ou a violación impune do dereito entre nacións na que teima o imperio. Na soleira da 74 Asemblea Xeral da ONU agoman en todo o mundo as manifestacións de solidariedade con Cuba á que veñen de expulsar dous funcionarios da súa embaixada en Washington, como parte da teatralización decidida polo goberno de Trump para visualizar o seu lema de Bloqueo Total contra Cuba e Venezuela. O ministro de Estado presentou en conferencia de Prensa, o  informe sobre impactos do  bloqueo do EUA, dende a súa instauración e con cifras polo miudo das recrecidas cifras do cerco durante o ano pasado. O informe está no seguinte enlace: http://www.cubavsbloqueo.cu/en

O Bloqueo vai para os sesenta anos por un prezo equivalente ao progreso económico que o Imperio nega a Cuba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *