O mundo volve condenar o bloqueo contra Cuba na ONU

Xosé Aponte – Terra Sen Amos (Jacksonville FLA)

Só dous gobernos en nómina dos EUA son partidarios de manter o bloqueo que comezara Kennedy hai 56 anos, mentres 187 paises recusan o ilegal e vesánico cerco de Cuba. O país máis armado do mundo, o que despacha anualmente máis do 81% da enerxia do planeta, cunha rede exterior de 170 bases militares, dominante no espazo, xogador de cartas marcadas na economia  internacional e contaminador confeso da WWW, só pode presentar dous entusiastas da moción do bloqueo, que resultan ser parte da súa estrutura política e económica. En Latinoamérica, suxeita dende o goberno Trump a unha misión anti-comunista que supera en retórica e sancións o pior da Guerra Fria, os EUA só tiveron o voto de Jair Bolsonaro, un presidente que mantén na cadea sen proceso ao seu adversario político principal. No resto do ancho mundo, só é partidario do Bloqueo o que en Oriente Próximo coñecen coma 51 Estado da Unión. O resto son dúas abstencións de Ucraína e Colombia: a dúbida cínica do goberno de Duque, encantado de ver a tropa colonial dos EUA cos uniformes do exército colombiano e Volodimir Zelenski que marca as súas diferencias con Poroshenko, socio de Hunter Binden, ou como queren en Alemania,  Ukraine Unter den Biden.

Martirena interpretou dende Granma que diplomaticamente o Bloqueo ailla aos EUA do mundo.

A prensa cubana recolle opinións dominantes na Asemblea, partidarias de rematar co bloqueo económico, comercial e financeiro contra Cuba que dende 1992 son expresión dominante na inatancia máxima da ONU.

Contra seis décadas da medidas ilegais contra Cuba, adoptadas polas sucesivas administracións da Casa Branca,  para derrocar á Revolución, expresouse o Movemento de Países Non Alinhados (MNOAL), na intervención de Yashar Aliyev, representante permanente de Azerbaián perante a ONU, quen cualificou a política estadounidense de completamente inxustificada, e contraria a Carta das Nacións Unidas e as normas e principios que rexen as relacións entre os Estados.

DANO DIRECTO, INDIRECTO, HISTÓRICO

Manifestou que 120 membros, amais de 15 observadores que integran o MNOAL manteñen oposición histórica as medidas injustificadas da Casa Branca, definida coma ferramenta de presión política, económica e financeira, especialmente contra países en vías de desenvolvemento.
O diplomático azerí aludiu ao dano directo e indirecto provocado ao pobo cubano en sectores como a saúde pública, a agricultura, o comercio, o turismo, o investimento e os bancos. Por tales razóns dixo: «A Illa non pode acceder a mercados, á axuda internacional de institucións financeiras, nin a transferencias tecnolóxicas, o cal crea atrancos maiores para o desenvolvemento social e económico do país».

Requeriu o fin do bloqueo en nome do MNOAL, tendo en conta seu carácter extraterritorial e inxusto. “Pedimos respecto –dixo- aos principios de non intervención nos asuntos internos doutros países»  .

Os países articulados no Grupo Africano tamén condenaron o bloqueo e designaron a Moncef Baati, representante permanente de Túnez ante a ONU, para reafirmar a oposición común á política hostil contra a illa caribeña. Afirmou que os integrantes da agrupación manteñen ferreñamente a súa posición de solidariedade con Cuba, e a súa reclamación contra a medida unilateral de EUA.

Con el coincidiu Sofiane Mimouni, embaixador da República Arxeliana Democrática, membro da Unión Africana, quen fixo referencia ás 27 veces que discutiron o tema no organismo multilateral. «Este debate mobiliza cada ano a toda a comunidade internacional e é un chamado colectivo a respectar a decisión dos principios reitores desta organización, así como os seus ideais. Estes principios e ideais son o cerne da ONU». Acrecentou que reclama o fin do bloqueo porque as sancións inxustificadas están a impedir ao pobo de Cuba adquirir os recursos precisos para a vida, frear o desenvolvemento económico e frustrar os esforzos para desenvolverse.

«Argelia expresa solidariedade ao Goberno e o pobo irmán de Cuba», puntualizou o diplomático ao propor maior dinamismo nas relacións entre Cuba e Estados Unidos, a medio dun diálogo constructivo, co respecto íntegro aos principios do Dereito Internacional.

Semellante criterio expresou o representante de Uganda, Richard Nduhuura, a nome da Organización de Cooperación Islámica. No seu discurso dixo coñecer a negación de varios bancos a ofrecer servizos á nación caribeña o que derrama o normal funcionamento das institucións cubanas. “A situación en xeral segue sendo de gran preocupación:debemos traballar polo benestar dos nosos e contra o  bloqueo que é o principal obstáculo contra a materialización dos obxectivos de desenvolvemento sostibel”.

CUBA NON É AMEAZA

As nacións integradas á Comunidade do Caribe, CARICOM, escolleron Keisha McGuire, diplomática acreditada por Granada, para representalos. Keisha falou da importancia da asistencia cubana a varios estados do Caribe insular, con comandos sanitarios e coidados médicos en zonas afectadas por desastres naturais.«Cuba ten o maior número de médicos cubanos per cápita do mundo; fornece becas arreo para educación profesional e terciaria da mocidade, o que contribúe significativamente ao desenvolvemento dos servizos humanos na rexión». A embaixxadora engadiu que o Caricom ve a Cuba como unha parte integral da poboación caribeña, que non ameaza a ninguén polo que deciden contribuir ao dereito soberano de Cuba elixir o seu propio camiño do xeito que considere máis beneficiosa para o seu desenvolvemento social e económico.

A Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ASEAN), dispuxo que Singapur appoiase a Resolución cubana e recordou que vota de forma unánime a prol do texto dende hai doce anos. “ASEAN quer contribuir ao fin do bloqueo para mellorar a calidade e nivel de vida do pobo cubano, e o desenvolvemento económico e social, a mais de adiantar a consecución dunha axenda para o desenvolvemento sostenible que sexa incluinte».

Na súa conta de Twitter, o Chanceler de Cuba, Bruno Rodríguez, destacou a aclamación recibida po Cuba na Asemblea Xeral da ONU. «Os pobos e gobernos do planeta acompáñannos nesa loita contra o bloqueo, e Cuba agradéceo»l.

Alexander Pankin, representante da Federación Rusa na ONU explicou por que o bloqueo representa unha violación da legalidad internacional.
«Rusia mantén a súa solidariedade co pobo de Cuba, e pide que se levante inmediatamente o bloqueo contrario a carta de Nacións Unidas e entrometimento ilegal nos asuntos internos dun Estado».

Bashar Jafari, representante da República Árabe Siria cualifou bloqueo de infracción ao dereito ao desenvolvemento. “Hoxe atopámonos a 11 anos da meta de 2030 e ninguén pode argumentar que o bloqueo non impida o desenvolvemento social».

Nagaraj Naidu, representante da India dixo que o cerco dos EUA a Cuba era contrario a opinión mundial, decruaba as propias bases da ONU e aseverou que seu cometido era mostrar na ONU solidariedade co chamado cubano contra o Bloqueo».

Valentin Rybakov, embaixador permanente de Belarús na ONU asegurou que calquera medida coercitiva e unilateral é unha violación en bruto do Dereito Internacional e contraria aos alicerces das relacións entre os Estados.

Para Nguyen Phuong Nga, representante de Vietnam é urxente reclamar do goberno dos EUA  un cambio completo na súa actual política para Cuba, en prol das relacións entre ambos países e o benestar e a seguridade mundiais.

A HELMS-BURTON DANA A CUBA E A TERCEIROS

O representante permanente de México na ONU, Juan Ramón da Fonte, sinalou que o interese de EUA de activar a aplicación do Título III da Lei Helms-Burton non só dana á Illa senón a terceiros países.

Riyad H. Mansour, embaixador de Palestina nas Nacións Ounidas, en nome do Grupo dos 77 salientou a urxencia de rematar co Bloqueo  non só por Cuba senón polo beneficio que reportaría na comunidade internacional.

Yashar Aliyev, representante permanente de Azerbaián dixo que o cerco de Cuba mantíñase ppara alén do meio século, coma paradigma adverso das medidas que buscaban danar ao pobo e violar seus dereitos humanos, incluído o do desenvolvemento.

O representante de Kenia, Macharia Kamau, definiu as  sancións impostas de xeito unilateral polo Goberno dos EUA contra Cuba, comoo abuso palmario dos Dereitos Humanos.

Keisha McGuire, embaixadora de Granada nas Nacións Unidas recordou que Cuba foi un dos primeiros países en axudar á poboación das Bahamas inmediatamente despois do furacán Dorian, que devastó en setembro último partes dese país con estrago estarrecedor que cobróu moitas vidas.

Para Jerry Matjila, representante de Sudáfrica o sacrifio de Cuba foi enorme na liberación de Sudáfrica, “con vidas de moitos irmáns cubanos para termos unha Sudáfrica libre e democrática».

Inga Rhonda King, representante de San Vicente e as Granadinas dixo que Cuba era un alto exemplo de solidariedade para Caribe onde moitos estados se valeran da súa axuda polo que a gratitude da rexión habia ser eterna.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *