O número de pacientes tratados con terápia celular supera en Cuba ao de moitos paises ricos

Orfilio Peláez (Granma) – Terra Sen Amos(Redacción)

O número de pacientes tratados con células nai durante 2015 aumentou en Cuba en 1.612. Con 9.124 doentes receptores de terápia celular dende 2004, Cuba ocupa xa un lugar sobranceiro dentro do cativo feixe de nacións do mundo con máis de cen receptores de células nai por dez millóns de habitantes. A terapia celular xa está a ser aplicada en 14 provincias cubanas, fundamentalmente nas especialidades de anxioloxía, ortopedia e traumatoloxía. O director do Grupo de Medicina Rexenerativa e Terapia Celular do Ministerio de Saúde Pública, doutor Porfirio Hernández Ramírez, deu a coñecer estes dados durante a súa intervención no Encontro Ibero-Latinoame­ri­cano de Ciencias Básicas Biomédicas de 2016, que reuniu na Escola Latinoamericana de Medicina (ELAM) a profesores, investigadores e estudantes de Estados Unidos, España e Cuba.

A investigación pública sitúa a Cuba entre os paises de avangarda na terápia celular.
A investigación pública sitúa a Cuba entre os paises de avangarda na terápia celular.

No mesmo encontro, o doutor José Ar­mando Galván Cabrera, especialista en Bioquímica Clínica do Ins­ti­tuto de Hematología e Inmunología de Cuba, resaltou que, endebén a terapia con células nai adultas ofrece un futuro esperanzador na solución de complexas enfermidades, compre determinar con exactitude a verdadeira dimensión da súa utilidade.

O governo de cuba entrega a saúde pública máis do 15 por ciento do Produto Interno Bruto e finanza avanzadas liñas de investigación bio-médica coma a da terapia celular na que están implicados vinte hospitais. Mália a prudente reserva coa que a ciéncia cubana vai dando conta do seu progreso neste campo, os resultados son prometedores. Na especialidade de periodontoloxía recibiron tratamento celular 70 pacientes nos últimos cinco anos con diagnósticos positivos en todos os casos.

O retraso relativo dalgúns paises da UE a respecto da terápia celular, agrávase a diário dende a pancada financeira de 2008 e a renuncia dos governos da dereita a finanzaren a investigación. Como advirte Agustín Lage, director do Centro de Inmunoloxía Molecular da Habana, a economía do coñecemento é intrinsecamente socialista e fai por expulsar o capitalismo, un sistema co que comproba a diário a súa incompatibilidade. A medida que crece o papel do coñecemento na economía, agrávase a contradicción do  capitalismo entre o carácter social da producción e o carácter privado da apropiación. Un pais con escasos recursos naturais como Cuba, bloqueado dende 1961 polos EUA, está a probar que a formación pública e integral do Socialismo, entrega un enorme potencial de desenvolvemento a traveso da economía do coñecemento.

O Encontro de Ciencias Básicas Bio-médica acolleu tamén unha palestra sobre medicina rexenerativa aplicada ao Deporte, na que se debatiron experiéncias clínicas de recoñecidos investigadores do Instituto de Medicina Deportiva. Na cita, organizada pola Sociedad Cubana de Ciencias Morfológicas e a ELAM, coa participación do Proxecto Sviluppo da CGIL-Roma; o Instituto de Cien­cias Básicas y Preclínicas Vitoria de Girón, o Consejo Nacional de Sociedades Científicas de Salud do Ministerio de Saúde Pública, e a firma ALIAM Blanc-Labo SA, de Suiza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *