O Parlamento da UE admite a trámite a proposta de defender Cuba contra o bloqueo

Asociación Valenciana de Amistad con Cuba José Martí – TSA

O Parlamento Europeo admitiu a trámite a demanda de potenciar e articular a  solidariedade con Cuba contra o bloqueo dos EUA. Unha moción da Asociación Valenciana de Amizade con Cuba José Martí, cando xa están rexistradas máis de cen adhesións de organizacións solidarias coa illa e outras entidades de varios países europeos. Representan estas instancias a voz da solidariedade internacional contra o bloqueo criminal que incrementa o apoio á resolución presentada por Cuba na Asemblea Xeral da ONU titulada “Necesidade de pór fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro de EEUU contra Cuba” que este ano será sancionado no pleno extraordinario convocado 23 de xuño.

A demanda rexistrada co n.º 1278/2020, sobre a alianza e irmandade solidaria con Cuba, ilegalmente agredida polo goberno dos EUA no seu soberano dereito a establecer vínculos, relacións de interese cultural, trocos comerciais, intercambios para o progreso científico e aportacións voluntarias de axuda cos gobernos do mundo dispostos a axencialos e recibilos, e insta á Unión Europea a dar pasos concretos para acabar con esta anomalía unilateral dos EUA mediante un programa do Parlamento Europeo encamiñado a consolidar intercambios políticos e parlamentarios coa Asemblea Nacional do Poder Popular da República de Cuba, no contexto do recoñecemento da legalidade e lexitimidade do seu sistema polítco-administrativo; designar a Cuba como socio preferente da Unión Europea para ampliar e facilitar vínculos comerciais; protexer e blindar legalmente ás empresas europeas que comercian con Cuba e son presionadas e afectadas polas leis do bloqueo do EUA; inzar o investimento público da UE na economía cubana naquelas áreas que poideren producir mutuos beneficios; ampliar a carteira de proxectos e o orzamento destinado á Cooperación ao Desenvolvemento en Cuba, dentro da Axenda de Desenvolvemento Sustentabel 2030 das Nacións Unidas; establecer intercambios culturais e solidarios entre as Institucións Oficiais de Cuba e a UE, con actividades anuais; reforzar e ampliar os convenios entre universidades, polos científicos e institucións da saúde, educación e outros sectores estratéxicos; e apoiar e recoñecer os esforzos de Cuba nos organismos internacionais das Nacións Unidas como a FAO, UNESCO, OMS, entre outros.

A Petición completa e os pasos a realizar para a adhesión, poden ser consultados no seguinte enlace: Petición para que la UE active ocho medidas de solidaridad con Cuba ante bloqueo de EEUU (+Para Adhesiones)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *