O pensador cubano Martinez Heredia, patriota e comunista

Terra Sen Amos – Redacción

Con Fernando Martinez Heredia desaparece un intérprete decisivo do marxismo dos 90, dos aportes da Revolución Cubana e dos vasos comunicantes entre Cuba Liberada e as loitas antiimperialistas e anticoloniais. No seu pasamento, recordan dentro e fóra de Cuba, a súa paixón vital por centrar feitos significativos para a continuidade da Revolución.  As súas grandes paixons foran Martí e Fidel. Na despedida do Lider da Revolución escrebera:  “Fidel adeprendeu a ser a un tempo patriota e socialista, a se alimentar do maxisterio de Marti e a estudar Marx e Lenin para entender o cerne da actualidade, a deboura do poder político e os camiños e os tempos para a liberacion”. Seu amigo Iroel Sánchez recórdao no sitio La Pupila Insomne: “Morreu un comunista (…) un guevarista, un fidelista, un martiano e un marxista anti-dogmático ao que teremos que regresar centos de veces na batalla contra o anexionismo simbólico e o nacionalismo de dereitas aos que el adicara agudas críticas.

Esteban Morales e Fernando Martinez Heredia (no centro da fotografía) debaten sobre as ciencias sociais en Cuba, nun foro convocado pola AHS da Habana.

Pedro de la Hoz conta no Granma que Martinez Heredia morreu no seu posto de combate, na madrugada da Segunda, 12 de Xuño, mentres escribía no seu humilde cuarto habaneiro, a resultas dun infarto, con 78 anos e recoñecido como un dos máis brillantes e consecuentes pensadores cubanos do último medio século. “Crecendo en Yaguajay nos 40 –di o diario- foi testemuña da explotación capitalista nun país convertido en neo-colonia. Labregos condenados a pedir por portas, heroes mambises postergados e traballadores rurais e da industria azucarera man sobre man, revelaron ao rapaz que axudaba ao seu pai zapateiro, unha realidade que compría cambiar”.

Iroel Sánchez cita a preocupación de Martínez Heredia por tratar de esencias, de ideas, e de cómo convertirlas en feitos en beneficio das maiorias. “Nos tempos que corren, fixo por centrar os asuntos principais porque nesta altura o que importa é reparar en aquilo que require claridade e determinación, cando estamos a vivir en Cuba un tempo decisivo de enfrontamento cultural entre socialismo e capitalismo. No labor de criar unha cultura anticapitalista y antiimperialista, a obra de Martinez Heredia, a súa fé no pobo, e nomeadamente na mocidade, e a súa ética de intelectual revolucionario,  son un referente que non temos dereito a perder”.

O xornalista responsábel de La Pupila Insomne recorda a descrición máis sintética e esmagadora sobre o xornal The New York Times, expresada por Martinez Heredia nun seu artigo que levaba por titulo Cuba, EE.UU. y el mundo de los contratos . Iroel Sánchez engade: “con este artigo adiantárase ao que depois seria a política de Obama para Cuba”.

O profesor marxista deixa unha importante obra na que salientan Desafíos del socialismo cubano (1988) Che, el socialismo y el comunismo (1989, Premio Casa de las Américas) Repensar el socialismo (2001) El corrimiento hacia el rojo (2002) En el horno de los noventa (2005) El ejercicio de pensar (2011) Socialismo y marxismo (2014, escrito co filósofo arxentino Néstor Kohan) e A la mitad del camino (2015) Amais dos textos básicos citados, o autor deu extensas e interesantes entrevistas en medios críticos de todo o mundo e miles de artigos, especialmente en publicacións de Latinoamérica.

SOBRE FERNANDO MARTÍNEZ HEREDIA EN TERRA SEN AMOS:

Na briga centenária de Cuba pola independéncia, Obama é só un lance

“Fidel leva o ideal comunista europeo a realidade de América Latina” (Martínez Heredia)

Fidel nos ensinou que a soberania nacional é intangível e não se negocia

Debaten o desafío dunha “Cuba Post-Bloqueo” mentres EUA mantén o cerco

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará