O Poder Popular censará os problemas de Cuba no IV Proceso de Rendición de Contas

Terra Sen Amos – Redacción

Os presidentes das Asembleas Provinciais do Poder Popular reuníronse na Habana para preparar o IV proceso de rendición de contas, do que se espera un diagnóstico completo da sociedade e a economía de Cuba. Na sesión convocada por Esteban Lazo, presidente da Asemblea Nacional do Poder Popular (ANPP) os responsábeis de cada delegación informaron da situación das demandas da poboación que non puideron consignarse no Plano Económico de 2016 e que por motivos diversos levan retraso. A presidencia deu un prazo para entrega dunha proposta de resolución de cada problema ou de explicación publica abonda se o caso non tiver remedio a prazo.

Á dereita da fotografía, Esteban Lazo, presidente do Poder Popular, na reunión celebrada na Habana

 

“Compre explicar –dixo Lazo- as razóns polas que non se puido dar cabo a determinados proxectos e non podemos admitir a falla de información sobre os problemas que afrontamos”. Un dos sectores co maior número de reclamacións é o da vivenda no que as medidas tomadas reduciron efectivamente a espera, segundo a información facilitada polo director de área Euclides Santos.

Lazo dixo que o avance dependerá en boa medida da eficiéncia de xestión dos concellos que están a ser dotados de fondos para obras sociais saidos das contribucións territoriais e lembrou que é compre ás administracións atender e controlar de xeito permanente a cualidade das produccións e servicios que están obrigadas a entregar a poboación e perante unha deficiéncia darlle solución e explicación, inmediata e responsabelmente.

Nunha carta previa aos delegados de circunscripción do Poder Popular, Esteban Lazo definia a rendición de contas como principio constitucional con alicerce nas raices da Revolución, concebido e defendido por Fidel para todos os niveis do Poder Popular, nun proceso organizado dende a base co apoio das organizacións de masas. “Asistindo a súa Asembblea, o elector cumpre un deber, exerce un dereito e intervén directamente no labor do Goberno”, precisou Lazo.

O IV Proceso de Rendición de Contas é o derradeiro do XVI periodo de mandato das Asembleas Municipais do Poder Popular e terá lugar entre abril e maio. As asembleas de base reciben información do exercicio económico, debaten os resultados da acción de goberno e promoven novos obxectivos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará