O saúdo do Papa no aeroporto da Habana atribúe a Martí unha cita apócrifa

Gustavo Luca – Terra Sen Amos

A cita de José Martí incluida por Francisco Bergoglio no seu discurso de chegada a Cuba, non é de Martí. Foi tomada dun informe da Conferéncia Monetaria celebrada en Washington a comezos de 1891 e reproducida polo própio Martí na Revista Ilustrada de Nueva York, en Maio do mesmo ano, citando a procedéncia. Martí incorpora ao seu informe vários parágrafos do dictame da Comisión Monetária deste encontro, e un deles, inserido entre aspas, di: “Los pueblos todos deben reunirse en amistad y con la mayor frecuencia dable, para ir reemplazando, con el sistema de acrecentamiento universal, por sobre la lengua de los istmos y la barrera de los mares, el sistema, muerto para siempre, de dinastías y de grupos”.  A cita defende en realidade o patrón bi-metálico (prata-ouro) preconizado por América contra o patrón ouro preferido polo Banco de Inglaterra. O propósito da Conferéncia auspiciada por EUA durante a presidencia de Harrison, era dar saída ás grandes reservas de prata de Fort Knox, facer fronte ao imperialismo victoriano británico (as “dinastías”) e aos grupos de presión norteamericanos (os “grupos”) partidários do patrón ouro. A reportaxe de Martí sobre a conferéncia está incluida nas páxinas 154 a 167 do volume IV da súa obra completa, dentro da sección Nuestra América. Martí era na altura ministro plenipotenciario do Uruguai en Washington e foi encargado polo governo de Montevideo de representar a República Oriental na Conferéncia Monetária.

Martí cita nunha cróniica enviada a Revista Ilustrada de Nueva York, a sentenza que lle atribúe erradamente Bergoglio.
Martí cita nunha cróniica enviada a Revista Ilustrada de Nueva York, a sentenza que lle atribúe erradamente Bergoglio.

 

A creba da financeira Baring Brothers de Londres en 1890, implicara directamente a Arxentina e Uruguai e considérase a primeira crise dos mercados emerxentes. Os bancos ingleses reclamaban unha transferéncia en ouro do Banco de Francia para frear a fuga de capitais e ao tempo incitaban ao governo da súa maxestade Vitória a Vella, a ameazar ao governo de Bos Aires para a restitución da súa débeda sobre o Banco de Inglaterra. París enviou dous millóns de libras esterlinas en ouro e o Banco de Inglaterra recadou outro millón e medio da venda de letras do Tesouro.

Mália o aparente respiro do Banco de Inglaterra depois do resgate, a creba de Baring foi un sismo para o mercado de capitais británico e a onda de inestabilidade atinxiu todo o mundo. A crise de 1890 e a caida dos mercados emerxentes,  compárase hoxe coa crise de 1990-2000, no contexto dunha nova globalización financeira.

“¿Sobre serpientes, quieren levantar pueblos?” -pregunta Martí no seu relato da Revista Ilustrada de Nueva York -“Si el afán de progreso en las repúblicas (americanas) aún no cuajadas, lleva a sus hijos, por singular desvío de la razón o levadura enconada de servidumbre, a confiar más en la virtud del progreso en los pueblos donde no nacieron, que en el pueblo en el que han nacido, en la Comisión Monetaria no se vio,  ya que se acordó levantar sus sesiones”.

A cita anti-imperialista atribuída a Martí no discurso do xefe do Estado Vaticano, semella sancionar governos dinásticos de Amérca, non existentes na actualidade no continente, agás na intención de levar á presidencia dos EUA un membro máis da familia Bush de Texas. Algúns media reaccionários da UE interpretan estas palabras coma unha reconvención ao Governo de Cuba. Por exemplo El Pais de Madrid, que sen sospeitar o verdadeiro senso da cita, títula na primeira do dia 20 “El Papa pide en Cuba que el diálogo se imponga a la dinastia”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará