O silenzo cúmplice da Prensa sobre o atentado de Caracas

Manuel Cabieses Donoso – Punto Final (Chile) 11.08.18

CNN en español interrompeu 7 de agosto a transmisión do discurso do presidente Nicolás Maduro cando este comezou a mostrar videos, grabacións telefónicas, fotos, confesións e nomes dos detidos e prófugos entre outros interesantes pormenores. CNN marcaba o patrón de conduta para os medios do continente americano. El Mercurio de Chile, en guerra contra Venezuela, publicaba unha nota a unha coluna. Médios que estaaban a reclamar probas sobre o atentado, ao que ainda cualifican de presunto, ignoraron as revelacións de Maduro. As probas de cargo adiantadas pola Fiscalía Nacional de Venezuela, mália seren de primeira para un xornalismo que se respectase a si propio, atoparon o silenzo dos media do capital.

Vítimas do atentado en Caracas, foron presentados como culpábeis na Prensa de América e da UE. Na foto, compañeiros axudan a un teniente atinxido por metralla na Avenida Bolívar de Caracas.

Os terroristas apresados e a disposición dos tribunais implican gobernos, partidos políticos e conspiradores de toda caste. As autoridades pediron ao goberno norteamericano a extradición de Osman Delgado Tabosky, financeiro e piloto dende Miami dos abesouros ou drones cargados con C4, explosivo plástico que os exércitos usan para esnaquizaren casamatas. Ao tempo, reclamábase a extradición de implicados que argallaron dende Colombia o atentado, en colaboración co ex presidente Santos, Premio Nobel da Paz.

O atentado cun coche bomba contra o presidente Rómulo Betancourt en xuño de 1960 é o único antecedente dun magnicidio en Venezuela. Foran sicarios do dictador dominicano Rafael Leónidas Trujillo que causaro graves queimaduras nas mans e no rostro ao presidente e custaron a vida ao xefe da Casa Militar.

Desta, o obxectivo era non só o presidente senón todas as autoridades civís e militares que o acompañaban na tribuna presidencial; embaixadores, agregados militares e familiares dos soldados da Garda Nacional Bolivariana, e a espectadores do desfile militar. De non frustrarse, o atentado tería causado unha conmoción social e política de dimensións son inimaxinabeis.

O silencio dos medios xornalísticos latinoamericanos ante as evidencias presentadas polo goberno venezolano, constitúe unha vergonza para o que Gabriel García Márquez definía como o mellor oficio do mundo. Os responsabeis, con todo, non son os xornalistas senón quen prostituíron a natureza nobre do xornalismo: os amos da prensa.

Os empresarios da información converteron aos medios en instrumentos para a desinformación e a ignorancia. A función social do xornalismo foi suplantada polos intereses de quen manipulan os medios desde as sombras. verdadeira ditadura mediática que constitúe a punta de lanza ideolóxica de conglomerados financeiros e que procura modelar conciencias para sometelas ao pensamento hexemónico do capitalismo. Os xornalistas son traballadores asalariados de empresas nas que rexen as leis de ferro da propiedade privada.

Os amos da prensa son temidos e reverenciados por políticos e gobernos. A Sociedade Interamericana de Prensa (SIP), que os agrupa, foi creada durante a guerra fría e representa 1.300 publicacións que editan 43 millóns de exemplares en papel e controlan numerosos diarios electrónicos. O denominador común da SIP é o anticomunismo e traballa en estreita colaboración cos servizos de intelixencia norteamericanos.

Os once diarios de maior circulación en América Latina forman parte do Grupo de Diarios América (GDA) no que salientan El Mercurio de Chile (en realidade unha cadea de 24 diarios), O Globo do Brasil, La Nación de Arxentina, El Universal de México e El Nacional de Venezuela. Controlan revistas, canles de TV, radios, xornais electrónicos, etc. Durante o goberno do presidente Hugo Chávez, o GDA reservaba unha páxina diaria para calumniar a Revolución Bolivariana. Sumábase así á campaña de Washington que dende hai case dúas décadas fai o imposíbel por desestabilizar ao goberno venezolano.

O bloqueo imposto agora á difusión de noticias derivadas da investigación do terrorismo contra Venezuela, é un atentado ao dereito dos pobos á información pero á vez constitúe unha afronta ao xornalismo e o seu código de ética que rexeita toda forma de censura e defende o dereito a informar e a ser informado.

Agás a honrosa excepción da Federación Latinoamericana de Xornalistas (FELAP), que informou en xustos termos sobre o magnicidio frustrado en Caracas, as organizacións profesionais de xornalistas gardan un silenzo de vergoña. Tiñan o deber de denunciar a censura empresarial. Xunto a estudantes e académicos universitarios, os xornalistas deberiamos convocar a asembleas para discutir a penosa situación dun xornalismo sometido á ditadura dos amos da prensa.

O silencio neste caso é cumplicidade co terrorismo e ten que quedar claro quen impón esta censura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará