O Tribunal Supremo impide a Bacardí a falsificación da marca Havana Club

Cubainformación.

Unha sentencia do Tribunal Supremo impide á empresa Bacardí-Martini falsificar a marca de ron Havana Club, propiedade do Estado Cubano e comercializada en asociación coa compañía francesa Pernod-Ricard. O Tribunal confirma sentencias de instancias previas que denegaban á Bacardí-Martini todo o dereito sobre a marca cubana.

O reaccionario grupo de presión cubano-norteamericano leva dezasete anos tratando de violentar a norma internacional sobre marcas e os acordos da OMC e animando á empresa Bacardí-Martini a se apropiar dunha etiqueta que nunca foi da súa propiedade baixo o amparo da prepotente Lei Helms-Burton e mediante o desafío da soberanía e as normas de cada país.

A rede internacional de solidariedade con Cuba, asi coma as asociación da emigración cubana en Europa promoven a intensificación da campaña “Bacardí, un mal trago” despois desta noticia que confirma que Bacardí-Martini viola a Lei no que se refire á prestixiosa marca nacional cubana Havana Club.

O Tribunal Supremo impide a Bacardí a falsificación da marca Havana ClubDepois do Tribunal Supremo confirmar a sentencia que recoñece a propiedade da marca Havana Club ao consorcio cubano-francés Havana Club Holding S.A., ao tempo que desautoriza a intención da empresa Bacardí de se apropiar da marca en território español, coma fixera nos Estados Unidos, organizacións solidárias com Cuba e asociacions de emigrantes cubanos en Europa, decidiron intensificar a campaña internacional contra a marca Bacardí, baixo a divisa “Bacardí, um mal trago”.

A campaña ten como obxectivo sumar a negocios de hostelaría e bares privados nun compromiso contra os produtos da marca Bacardí, pola implicación activa desta empresa no bloqueo econômico ao povo de Cuba e a súa relación con organizacións de extrema dereita de Miami. Asemade por seren os produtos “Bacardí” comercializados baixo finxida imaxe cubana.

No ano 2005, o xulgado de Primeira Instancia 54 de Madrid desestimou a demanda de Bacardí pola titulariedade da marca Havana Club. Bacardí recorreu a seguir a decisión mais a Audiencia Provincial desestimou a reclamación en 2007. A empresa presentou daquela recurso de casación perante o Supremo e esta instancia ven confirmar agora que a marca pertence ao consorcio formado entre o Estado Cubano e e a empresa francesa Pernod-Ricard.

Bacardí comezara a batalla contra Havana Club en 1994, a partir do acordo entre a empresa estatal cubana Cubaexport e a Pernod-Ricard, materializado na asociación “Havana Club Holding, S.A” e subseguinte éxito da marca Havana Club no mercado internacional que provocara nese mesmo exercicio un forte debalo das vendas de Bacardí.

Da man do grupo de presión cubano-norteamericano, Bacardí fixo campaña contra o consorcio de Havana Club e participou na redacción da Lei Helms-Burton, aprobada en 1996, encamiñada a sancionar investimentos de terceiros países en Cuba. O protagonismo da empresa Bacardí foi ta activo na redación da citada Lei, que un senador estadounidense propuxera chamala “Lei Helms-Bacardí”.

A instancias de Bacardí, o Congreso dos Estados Unidos aprobara unha Lei que negaba o dereito de marca a calquera empresa relacionada con Cuba. A marca Havana Club foras rexistrada nos Estados Unidos en 1974 pola empresa estatal cubana Cubaexport endebén o bloqueo económico decretado contra Cuba impedira a comercialización en territorio norteamericano. Ao abeiro da sanción contra marcas cubanas, Bacardí comezou a vender nos Estados Unidos un ron fabricado en Porto Rico coa marca Havana Club, unha falsificación que non foi permitida en ningún outro pais do mundo.

A usurpación de marca decidida por Bacardí baixo a política de inxerencia dos Estados Unidos, desafía as normas do comercio internacional e os acordos da OMC e ao tempo viola os dereitos e a soberania de moitos Estados. A sentencia do Tribunal Supremo impide de feito a usurpación da marca Havana Club a Bacardí (nunca foi dela) no Estado Español e nega a aplicación extraterritorial da Lei Helms-Burton.

O IV Encontro de Cubanos Residentes en Europa, co voto de trinta asociacións emigrantes activas en todo o continente, instou ao Consello Social da Alianza Bolivariana das Américas a denunciar a trans-nacional Bacardí-Martini por ter promovido a usurpación dunha marca nacional cubana e a organizar iniciativas e intervencións de protesta contra os prexuizos causados pola apropriación indebida dunha marca que e patrimonio do povo de Cuba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará