O voto da maioría confirma o novo texto constitucional de Cuba

Axencias de Cuba e dos EUA – Terra Sen Amos

Seis millóns oitocentos dezaseis mil votantes deron o seu respaldo a Nova Constitución da República de Cuba o que representa o 73,3 % do censo da poboación de cubanas e cubanos con 16 anos cumpridos. Manifestouse en contra da nova Carta Magna, o 7,7% do censo, cun total de 706.400 papeletas. A participación foi do 84,4% do censo, é dicer, 7.840.000 votantes o que deixa unha abstención do 15,59%. Votaron en branco 198.674 un 2,54% da participación, e ficaron anuladas 127.100 papeletas, que son o 1,68 do total de votos. “Vencimos e e imos a máis: Cuba Libre!”, expresou o presidente de Cuba ao informar do altísimo apoio ao texto fundamental que interpretou como “un inmenso orgullo e unha homenaxe para Martí, Fidel e Raúl, pais da independencia de Cuba”.

Máis de 400.000 persoas coidaron da marcha da consulta, entre legatarios electorais, supervisores e rapaces e rapazas da organización de “Pioneros” que custodiaron as urnas.

Dende ben antes da data do referendo, a oposición conformada polo goberno dos EUA infundiu nas redes a previsión dun 60% de voto contrario á nova constitución socialista, opinión que mália ratificar a plena legalidade da consulta, foi dominante nas axencias do gran capital. Chegada a data da consulta, a alta participación e o resultado dos inquéritos a pé de urna, cambiaban radicalmente a postura do goberno de Washington que correu a desconfiar da legalidade do sistema de voto. John Bolton, ministro sen carteira do goberno de Trump para a supervisión da policia, negaba con estas palabras o referendo que horas antes defendera: “É outro engano do irregular sistema de Cuba para manter a represión e a tiranía”.

De porparte, o barroco trasmallo de comunicación que invade as ondas cubanas dende o norte do Canal da Bahama, fixo fincapé en defectos de forma da consulta con relatos de votantes que deran legalizado sen problemas cen papeletas, precintos rachados e incoherencias nos resultados oficiales, que confrontados cos dados ofrecidos por Alina Balseiro, presidenta de la Comisión Electoral Nacional (CEN) carecen a primeira vista de credibilidade e confirman en todo caso o pleno éxito da consulta.

Para o referendo abriran en toda a illa 24.297 colexios en 12.513 circunscripcións, con máis de 400.000 persoas implicadas na marcha da consulta, entre legatarios electorais, supervisores e rapaces e rapazas da organización de Pioneros que velaron as urnas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará