Oito paises bloqueados por Trump piden a intervención da ONU para poderen loitar contra a pandemia

Alina Maceda – Terra Sen Amos

Oito paises que representan a cuarta parte da poboción do mundo, protestan contra o bloqueo de Washington que limita a súa capacidade de actuaren contra a pandemia. China, Cuba, Venezuela, Irán, Siria, Nicaragua, Corea do Norte e Rusia, que, amais da Franxa de Gaza, padecen asedio, multas e embargos de parte do goberno de Donald Trump, a UE e Canadá, diríxense a ONU para que faga valer seu dereito e obriga de asistir ao pobo nun estado de emerxencia sanitaria.

Os gobernos de Washington, a UE e Canadá pretenden que o bloqueo dun cuarto da poboación mundial é un obxectivo preferente e que a emerxencia sanitaria dos sitiados pode esperar. Para as súas propias realidades nacionais, aplican o criterio inverso.

Antonio Guterres, secretario xeral da ONU, emitira dia 25 unha protesta  contra o bloqueo coma arma de guerra, que coincide por horas coa publicación da Denuncia dos Oito (Terra Sen Amos 26.03.20)  mais o sistema de información dominante da UE, partícipe do asedio imperial, exerceu a censura sen apenas excepción. A noticia daba conta da carta dirixida ao Secretario Xeral, a alta comisionada para os Dereitos Humanos de Nacións Unidas, Michelle Bachelet e ao director xeral da Organización Mundial da Saúde, Tedros Adhanom, en demanda dunha intervención que poda defendelos do unilateral bloqueo de parte de Washington e das ameazas e interferencias sobre paises terceiros que adoitan relear a venda de equipo sanitario, medicamentos e víveres aos ilegalmente sancionados para abordaren a loita contra a pandemia. Os asinantes dinque o Bloqueo é unha infamante violación da Lei Internacional e da Carta da ONU.

O xurista e relator especial da ONU alfredo de Zayas, recorda que unicamente son legais as sanción acordadas e asinadas no Consello de Seguridade, mentres que as producidas unilateralmente “son ilegais por definición”.  De Zayas visitara Venezuela en 2019 e dixo que as sancións de Washington podían se comparar  a un estado de sitio medieval  polo que acusaba ao goberno Trump de crimes contra humanidade.  Xaora, o Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas  asegurou que compría desafiar as sanción facendo caso omiso delas ao tempo que anunciaba unha reclamación contra EUA polos prexuizos causados  que danaban principalmente aos máis pobres.

A Denuncia dos Oito mereceu pola contra destaque no media dos EUA. Richad Eskow dixo en ICH que o bloqueo dun cuarto da poboación mundial non é unha sanción económica, como pretenden a Casa Branca,  a UE e o goberno de Canadá, senón “un castigo contra a poboación dos paises bloqueados e un acto de guerra biolóxica contra a infancia e a vellez”. Eskow cita un estudo da revista médica The Lancet  que contrasta dados estatísticos sobre casos de cancer, hemofilia, doenzas cardiovasculares, asma and epilepsia en idades críticas, sobre os que anuncia un aumento da mortandade que só poderia ser evitado en pleno estado de emerxencia, mediante o acceso a recursos que o bloqueo impide. Acrecenta que a ilegal interferencia de Trump, impide  que Venezuela poda adquirir medicamentos básicos contra o cancro ou a dibete. Nun cálculo conservador, o Center for Economic Policy Research (CEPR) de Washington, cifra en 40.000 o número de mortes producidas en Venezuela polas sancións de Trump entre 2017 e 2018.

A Denuncia dos Oito chegou aos media do Estado o pasado dia 26 nun despacho de Associated Press datado na ONU mais o seu contido non mereceu destaque. Dende a dereita reaccionaria, ABC, dixo que Venezuela, Rusia e Irán tentaban aproveitarse do Coronavirus para forzaren na ONU o levantamento das sancións.  O gobernamental El Pais fai mención á pandemia en Latinoamérica, nunha crónica dende México, que aborda a situación no Brasil, México, Chile e Colombia. As liñas finais refírense a situación médica de Venezuela, que descrebe preocupante “polas deficiencias dun sistema de saúde mermado dende hai anos”. Na realidade, o avance histórico da asistencia sanitaria en Venezuela prodúcese a pouco de gañaren as eleccións os chavistas. As deficiencias chegan co bloqueo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *