Os grandes medios censuran a vital intervención dos médicos cubanos en Haití

José Manzaneda (Cubainformación)

A Brigada Médica Cubana destacada en Haití, con case 400 cooperantes, foi a máis importante asistencia sanitaria que tivo o povo daquel país nas primeiras 72 horas despois do sismo. Este feito noticiábel foi censurado polos grandes medios.

Con todo, a axuda de Cuba ao povo de Haití non encetou neste terremoto senón que é un relato que comeza en 1998, cando Cuba abordara en Haití un Plano Integral de Saúde (1), no que se desempeñaron sen interrupción 6.000 cooperantes cubanos. Pasadas as primeiras horas da catástrofe, o mesmo 13 de xaneiro, sumáronse á Brigada Médica cubana permanente 60 especialistas en catástrofes, integrantes do continxente “Henry Reeve”, chegado por avión dende Cuba con medicamentos, soro fisiolóxico, plasma e alimentos (2). Os médicos/as cubanos habilitaron un hospital de campaña, no que residían, e atenderon a miles de persoas diarias. Ao tempo, levaban a cabo centos de operacións cirúrxicas en 5 puntos asistenciais de Porto Príncipe. Outros 400 xoves médicos e médicas haitianos formados en Cuba, sumáronse como reforzo á brigada cubana (3).

A Brigada Médica CubanaOs grandes medios non deron conta desta sobranceira intervención de Cuba. O diario El País do 15 de xaneiro, publicaba una infografía titulada “Ayuda financiera y equipos de asistencia”, na que Cuba non era nin mencionada entre los 23 Estados colaboradores (4). A cadea estadounidense Fox News ultrapasaba a censura e afirmaba que Cuba era un dos poucos países veciños do Caribe que non correran a prestaren axuda.

Nos mesmos Estados Unidos, endebén en espazos de comunicación limitados, voces críticas denunciaron este xeito de censura. Sarah Stevens, diretora do “Center for Democracy in the Américas” (5) , perguntaba no sitio eletrónico The Huffington Post: “Se en beneficio dos danificados en Haití, Cuba ten a disposición de cooperar ao dar permiso de excepción para que os Estados Unidos utilicen o seu espazo aéreo, non deberíamos cooperar con eles noutras iniciativas de ambasdúas nacións e dos intereses conxuntos por axudar ao povo haitiano?” (6) Laurence Korb, ex-subsecretario de Defensa e na actualidade comprometido co Center for American Progress (7), pedía ao gobierno de Obama “aproveitar a experiencia dun veciño como Cuba” que “ten algúns dos mellores corpos médicos do mundo”, dos que “temos moito que aprender” (8).

Gary Maybarduk, ex-funcionario do Departamento de Estado, propuxo entregar ás brigadas médicas cubanas equipo médico mediante helicópteros militares dos EEUU, para poder desprazarse a localidades de acceso complicado dentro de Haití (9).

Steve Clemons, da New America Foundation (10) e diretor do espazo electrónico The Washington Note (11), afirmaba que a colaboración médica entre Cuba e EEUU en Haití podería aportar confianza para romper o receso das relacións entre EEUU e Cuba durante decenios (12).

Porén a información sobre o terremoto de Haití, procedente das axencias de prensa e dos grupos mediáticos do Norte, parécese máis a unha campaña de propaganda sobre os donativos dos povos más ricos do mundo. O discurso dos medios poderosos é que a miseria fai vulnerábel a Haití perante as catástrofes, aínda que recusan analisar o papel das economías de Europa e os EEUU no empobrecemento extremo de Haití. O drama deste país proba de novo a verdadeira natureza dos grandes medios de comunicación: a de seren o gabinete de propaganda dos poderosos do mundo, convertidos en donantes salvadores do povo haitiano cando, de feito, foron e son, de cacho a cribo, o seus verdugos.

José Manzaneda é coordenador de www.cubainformacion.tv

Notas:

(1) http://www.cubacoop.com
(2) http://www.prensa-latina.cu/index.php?option=com_content&task=view&id=153705&Itemid=1
(3) http://www.ain.cu/2010/enero/19cv-cuba-haiti-terremoto.htm
(4) http://www.pascualserrano.net/noticias/el-pais-oculta-344-sanitarios-cubanos-en-haiti
(5) http://democracyinamericas.org
(6) http://www.huffingtonpost.com/sarah-stephens/to-increase-help-for-hait_b_425224.html
(7) http://www.americanprogress.org/
(8) http://www.csmonitor.com/USA/Military/2010/0114/Marines-to-aid-Haitian-earthquake-relief.-But-who-s-in-command
(9) http://www.washingtonpost.com/wp-dyn/content/article/2010/01/14/AR2010011404417_2.html
(10) http://www.newamerica.net/
(11) http://www.thewashingtonnote.com/
(12) http://www.thewashingtonnote.com/archives/2010/01/american_diplom/

Cifras e datas da cooperación de Cuba con Haití dende 1998:
A partir de decembro de 1998, Cuba ofrece cooperación médica ao povo de haiti a través do Programa Integral de Salud.

Até hoxe, traballaron neste seitor en Haití 6.094 colaboradores, responsábeois de máis de 14 millóns de consultas médicas, máis de 225.000 intervencións cirúrxicas e máis de 1.000 partos. As vidas salvadas, foron máis de 230.000.

No 2004, despois do paso da tormenta tropical Jeanne pola cidade de Gonaives, Cuba enviou unha brigada de 64 médicos e 12 toneladas de medicamentos.

Cinco centros de Diagnóstico Integral, construidos por Cuba e Venezuela, prestaban servizos ao povo haitiano antes do terremoto.

Dende 2004 realízase en Haití a Operación Milagro, consistente na operación de cataratas sen custe. Ate o 31 de decembro de 2009, 47.273 haitianos pasaron polos quirófanos de oftalmoloxía para recuperaren parcial ou totalmente a visión.

Na actualidade estudan en Cuba un total de 660 xoves haitianos, e deles 541 fórmanse como médicos.

En Cuba formáronse 917 profesionales, dos que 570 graduáronse como médicos.

Cuba coopera con Haití en sectores coma a agricultura, a enerxía, a pesca, as comunicacións e a educación.

Como resultado da cooperación de Cuba no eido da educación, alfabetizáronse 160.030 haitianos.

Balanzo das actuacións da Brigada Internacional Cubana “Henry Reeve” de Médicos/as Especializados en Situacións de Catástrofes e Andazos, con anterioridade á colaboración en Haití:

Dende que foi constituída, a Brigada Henry Reeve levou a cabo misións en 7 países, coa presenza de 4.156 colaboradores, dos que 2.840 son médicos/as.

Guatemala (Furacán Stan): 8 de outubro de 2005, 687 colaboradores, deles 600 médicos/as.

Paquistán (Terremoto): 14 de outubro de 2005, 2.564 colaboradores, deles 1.463 son médicos/as.

Bolivia (cheas): 3 de febreiro-22 de maio de 2006, 602 colaboradores, deles 601 son médicos/as.

Indonesia (Terremoto): 16 de maio de 2006, 135 colaboradores, deles 78 médicos/as.

Perú (Terremoto): 15 de agosto 2007-25 de marzo de 2008, 79 colaboradores, deles 41 médicos/as.

México (cheas): 6 de novembro-26 de decembro de 2008, 54 colaboradores, deles 39 médicos/as.

China (terremoto): 23 de maio-9 de xunio de 2008, 35 colaboradores, de ellos 18 médicos/as.

Foran salvadas 4.619 persoas.

Foran atendidos en consultas médicas 3 millones 83 mil 158 pacentes.

Foran intervidas cirúrxicamente 18.898 pacentes.

Instaláronse un total de 36 hospitais de campaña completamente equipados, donados por Cuba (32 a Paquistán, 2 a Indonesia e 2 a Perú).
Receberon próteses de membros en Cuba 30 pacentes afectados polo terremoto de Paquistán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará