Os grandes medios non entrevistan aos médicos cubanos ameazados por Bolsonaro no Brasil

Iroel Sánchez – Al Mayadeen

Non parece interesar aos grandes medios de comunicación a opinión das cubanas e cubanos traballadores da saúde no Brasil. Os grandes medios acusan a Cuba de non ter liberdade de expresión nin pluralismo, malia os medios de comunicación cubanos recolleren as declaracións de moitos deses médicos, quer no Brasil, quer en Cuba, onde xa regresaron máis de 2.000 dos mais de 8.000 profesionais que levaban adiante o programa Máis Médicos e depois de Jair Bolsonaro, Presidente electo do Brasil, utilizar o desprezo e a ameaza contra eles. A opinión das integrantes das brigadas médicas aldraxadas non parece ser de interese dos media nodais do capital. O programa Mais Médicos fora lanzado na IX Reunión Tripartita entre Brasil, Cuba e a Organización Panamericana da Saúde/Organización Mundial da Saúde (OPS/OMS) en 2013.

O labor impagábel das brigadas médicas cubanas no Brasil, gabada pola , recibe agora aldraxes do goberno de Jair Bolsonaro e non é obxecto de unha só pregunta nos grandes medios de comuniicación .

No entanto, a prensa que se fai chamar obxectiva só puido entrevistar a dous traballadores, con nomes e apelidos, que por acaso tomaran a decisión de non regresar a illa. Outros, que recusan identificarse ou ben maniféstanse a traveso dun chio non trazábel, foron os escasos testemuños aportados polos defensores de la liberdade de expresión que negan o  dereito a expresarse da maioría que resolveu regresar ao seu país, incluíndo aqueles que tendo feito familia en Brasil poderán establecerse naquel pais sen restrición algunha de parte das autoridades cubanas.

A quen deran voz sobre o asunto eses medios de comunicación, foi ao  Vicepresidente do goberno de Bolsonaro, o xeneral Hamilton Mourão, quen declarou a axencia estadounidense Associated Press (AP) “coido que a metade non volve”, ainda que AP no recordou aos seus leitores que Mourão foi o mesmo que pasado setembro declarou “os profesionais da violencia somos nós”, en referéncia aos que pensan coma él, e o que escollera estas palabras para definir seu neto: “un rapaz lindo, míreno ben: e o branqueo  da raza”.

Durante a recente campaña eleitoral do Brasil, Hamilton Mourão falou marabillas de Carlos Alberte Brilhante Ustra, un dos máis coñecidos torturadores e asasinos da ditadura militar do Brasil dende 1964 a 1985. “Os heroes matan”, dixo Mourão sobre Brilhante Ustra, célebre por mostrar unha  prisioneira espida e recén torturada con electricidade na vaxina e os peitos, fronte os seus fillos de só catro e cinco anos.

Con semellante reversión de valores, de quen chama heroes a torturadores e asasinos, ben claro está que os médicos cubanos, que teiman en salvaren vidas dos que “non deran mellorado a raza” coma di o Vice-presidente eleito de Brasil, deben ser desprezábeis. O que nos abraia é que a obxectiva prensa libre non nos poña en contexto ao persoeiro do que bota man para reforzar a súa nada neutral opinión sobre o asunto.

Non é novidade afirmar que Michel Temer, que chegou ao governo do Brasil ao cabo da cuestionada destitución da Presidenta Dilma Rouseff, é un neoliberal confeso, porque as medidas que trouxo desde su ascenso a alta maxistratura ben o probaron. Tamén non revelamos segredo ningún se cualificamos a Bolsonaro e ao seu Vice-presidente de ultra-liberais, pois seus anuncios de governo poucas dúbidas deixan sobre o saldo apresurado do patrimonio público e a redución de orzamento para saúde e educación.

Con todo, e grazas a denúncia cubana, tanto o goberno que sae como o que entra no Brasil, aparecen de arrebato preocupados por conservaren un programa social instalado polos seus adversarios do Partido dos Trabalhadores, e un decreto do goberno de Temer anunciou seu propósito de remprazar profesionais da medicina de Cuba por outros do Brasil, cando só un 8% de médicos do Brasil deuse presentado para ocupar as prazas dos cubanos, mormente en lugares nunca visitados por un profesional da saúde nativo do Brasil.

O escritor brasileiro Fernando Morais adiantárao ben graficamente cando dixo que “médicos limpiños e ben perfumados que fan cursos caros en facultade caras, nunca van por seus pés neses lugares”.

Al Mayadeen

Traducido do Español pola redacción de TSA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará