Os grandes medios ocultan a boa xestión da pandemia en Cuba, con mellores resultados ca nos EUA

Joaquín Rábago – FARO DE VIGO

Os media que chamamos de referencia, quer dicer, as grandes empresas de comunicación occidentais, cultivan polo visto un esquecemento interesado dos logros de Cuba na loita contra a pandemia. É coma se as posicións ideolóxicas que separan Occidente do sistema comunista cubano, que son moitas abofé, lles impedisen ver a realidade. Ou se cadra coidan que esta realidade non debería interesarnos.

“Por que a clase médica cubana está na avangarda contra o Coronavirus en todo o mundo” (titular de Arab News)

Tiña que ser unha publicación especializada estadounidense, o American Journal of Public Health, quen salientase a boa xestión sanitaria que está a facer na loita contra a pandemia o goberno cubano. Nun ensaio de oito páxinas, a revista norteamericana trata de explicar como un país pobre, sometido desde hai xa máis de seis décadas a un inhumano e ilegal bloqueo por parte de Washington, é quen de protexer mellor aos seus cidadáns que a rica, pero desigual superpotencia.

Para isto acontecer, a publicación sinala diferenzas básicas existentes na estrutura e organización dos sistemas sanitarios, así como na filosofía e a cultura entre ambas nacións. A resposta de Cuba a COVID-19 foi máis coordenada e integral, escribe a revista, o que deu uns resultados significativamente mellores que os obtidos por EUA. Até mediados do ano en curso, a taxa acumulada de casos de COVI nos EUA era catro veces superior á da illa caribeña e as taxas de mortalidade e de mortalidade excesiva eran doce veces máis altas nos EUA.

Dacordo cos últimos datos fornecidos pola John Hopkins, a universidade de investigación por excelencia nos EUA, nunha poboación de 329,5 millóns (datos de 2020), morreron 819.315 persoas por ou en relación co coronavirus, fronte aos 8.321 na pequena Cuba, que ten unha poboación de 11,33 millóns. A Habana considera a cobertura sanitaria como un dereito universal e mesmo o ten ancorado na Constitución, mentres que os EUA contan con algunhas das mellores clínicas do mundo, cos mellores especialistas, pero só para quen poda pagalo. Cuba conta cunha rede de 11.000 clínicas e 500 policlínicas que permiten un diagnóstico previsor de situacións críticas e aposta sobre todo pola prevención.


Unha das fortalezas de Cuba na loita contra a pandemia é a colaboración entre os médicos de atención primaria, investigadores e  e ao redor de 28.000 estudantes de Medicina. Mercé a este sistema, a illa ostenta o índice máis baixo de letalidad por coronavirus de toda América Latina, cun 0,9 por cento, segundo a John Hopkins, que o compara co 1,6 por cento do seu gran veciño do norte.

Con todo, os índices máis elevados nese apartado aparecen en América Latina, cun 8,9% no Perú, un 7,6% en México e un 6,2% no Ecuador. Cuba é o primeiro lugar en América Latina e o segundo no mundo (logo de Emiratos Árabes Unidos) na inmunización contra o COVID-19, segundo o portal dixital Our Web in Data.

Mália o cerco, a illa conseguiu producir tres vacinas contra o COVID-19 e case o 86 % da súa poboación completou o esquema de inmunización, cun millón de de doses de reforzo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *