Os indicativos de Cuba superan aos dos EE UU no Indice Global da Paz de 2009

Alejandro Ruiz – Venezuela Cantaclaro

O Índice Global de Paz (IGP) elaborado anualmente polo Instituto de Economía e Paz ven de presentar na ONU a súa edición de 2009 na que se revela que Cuba ten mellores indicativos de benestar ca os Estados Unidos: Cuba ocupa o lugar 68 mentres Norteamerica aparece no 83.

O Indice analisa en cada país 23 indicadores que permiten avaliar a educación, a asistencia médica, o benestar material, a criminalidade, a corrupción política, a estabilidade social, a confianza na representación e a atención obxectiva aos problemas detectados na sociedade así como a democracia medida en canto a posibilidade real de intervir no governo colectivo. No estudo é de capital importancia a opinión da cidadanía de cada país ao repeito da liberdade de prensa, o pluralismo político, o benestar económico, a liberdade da iniciativa privada, a opción relixiosa en liberdade plena e o respeito polos dereitos fundamentais.

nenosOs paises que ocupan os primeiros lugares do estudo son Nova Zelanda, Dinamarca, Noruega, Islandia e Austria. Os derradeiros son o Iraq, Afganistán, Somalia e Israel. O IGP revela a relación entre prosperidade económica e paz, a partir de parámetros políticos, culturais, sociais e económicos. Na maioria dos países estudados aparecen os danos causados pola crise económica capitalista. Clyde McConaghy, que informou do estudo en nome do Instituto de Economía e Paz, sinalou unha correlación clara entre crise económica e debalo da situación de paz co agravamento das guerras en certos países e a suba de do prezo de alimentos e combustibel en 2008.

Na avaliación do IGP interveñen Amnistía Internacional, a Universidade de Columbia, empresarios de multinacionais coma Richard Branson, George Russell ou Ted Turner (fundador da CNN) o Premio Nobel de la Paz, Arcebispo Desmond Tutu; o Dalai Lama; o ex-presidente estadounidense Jimmy Carter e o ex-secretario xeral da ONU, Kofi Annan.

Os indicadores “Participación política” e “Cultura política” favorecen claramente aos Estados Unidos contra moitos países da lista (entre eles Cuba) endebén nunca vote o 25% dos inscritos no censo norteamericano e a participación media de votantes nos últimos cen anos non atinxe o 36% Pola contra, Cuba ten unha das participacións máis elevadas co 96% do censo, a Parlamento Nacional renóvase a meio de voto directo cada cinco anos e os governos locais cada 2 e 3 anos. O dereito a voto exércese dende os 16 anos.

Doutra parte a porcentaxe de mulleres no Congreso dos EEUU é do 17%. En Nova Zelanda, país que ocupa o primeiro lugar do IGP, é do 34%; en Cuba é do 43%.

Cuba co 99,8% de persoas alfabetizadas, supera a Nova Zelanda e tamén aos Estados Unidos. Tamén son superiores os indicadores de Cuba en mortalidade infantil, apenas 5,0 por 1.000 nacidos vivos e no desemprego (1,6%) A taxa de escolaridade primaria é de 96,6% en Cuba mentres que nos Estadus Unidos atinxe o 91,6%.

No cálculo do Índice Global de Paz intervén unha rede mundial de analistas, organizacións non gubernamentais, particulares e instituciónbs diversas que fan o traballo para o Instituto de Economía e Paz.

FONTE: venezuela cantaclaro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *