Os mesmos que acusan de censura a Cuba, denuncian herexias na ponencia constitucional

Raquel Eunice Brandal – Coral Gables (Florida)

Teiman os governos do norte que a Revolución Cubana viola dereitos fundamentais e liberdades básicas e por iso, cando o pobo de Cuba debate a pleno sol o texto da nova Constitución,  a información burguesa non sabe a quen botarlle a culpa. De feito, o artigo 40 da nova Carta Magna extende o principio de igualdade non só para sexo e xénero, inequívoco na Constitución Socialista de 1976, senon para as opcións homosexuais, o que para os reaccionarios de fala inglesa tamén debe ser xulgado coma pecado comunista. Os moralistas dos despachos de Washington rezan diante das mesmas velas negras que algunhas relixións de golpe de peito.

Según lles conveña aos fundamentlistas, Cuba censura ou excédese en liberdades. Caricatura publicada no Granma

Deste xeito, os celadores do librecambio forman coro coas sotanas para denostar os artigos 40 e 68 da ponencia da Constitución, sometida a ilimitada consulta popular no país antes de ser levada a referendo en febreiro de 2019.

A reacción das sotanas recachadas de vergoña, dera pé a unha viva palestra na revista gramsciana Temas da Habana, dentro do espazo de referencia que leva o nome de Último Jueves. Na cita recordaron o comunicado de condena de cinco igrexas con culto aberto en Cuba, pola inclusión do artigo 68 na ponencia, ao que definiron como ideoloxia de xénero, unha intervención que saltou ás redes antes de provocar reaccións públicas a prol e contra.

A teóloga Kirenia Criado, Pastora da igrexa Los Amigos (cuáqueros), coordinadora do Centro Memorial Martin Luther King (CMLK), e especialista en diversidade, xénero e violencia de xénero no Programa de formación Socioteológica y Pastoral, dixo que grupos fundamentalistas atribúen a ideología de xénero significados que estigmatizan o feminismo e os estudos de xénero.  “Un factor significativo no abalo actual do fundamentalismo relixioso é a reacción contra os avances na condición das mulleres, a súa maior autonomía e o recoñecemento de novos marcos de referencia para os dereitos humanos”, explicóu Criado.

O investigador do Centro de Investigaciones Psicológicas y Sociológicas e especialista en religións protestantes e evanxélicas, dixo que o fundamentalismo atravesa todas as esferas do  saber  e da prática humana e calificóu de absurdo o fundamentalismo religioso cristiano que defendendo a verdade, a vida, o benestar e os bons costumes,  arremete con furia, descalifica, recusa ao diferente, persegue e finanza o exterminio das ideas, as crenzas e as práticas sociais en nome da Vida.

Mercedes Armenteros, Santeira Mayor da Sociedad Yoruba de Cuba, ve o perigo maior na perda de capacidade de diálogo entre as diferentes denominacións relixiosas do país e, de porparte, recorda a inquisición do cristianismo contra ás relixións  de orixe africano, recoñecibel nas comunidades e nos bairros e mesmo nas escolas primarias, nun desleigo duradoiro.

Susana Nuin, teóloga do Uruguai, comentou que Cuba vivía unha grande ocasión para o diálogo social, cultural e relixioso pois coas persoas é sempre doado debater, mentres as institucións e movimentos fundamentalistas non. Nuin engadiu que Cuba ten na reforma constitucional, una carta maxistral e que o antídoto por excelencia do fundamentalismo é o diálogo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará