Os tratados TPP e TTIP, no centro da ofensiva internacional dos transxénicos

Alejandro Villamar – OMAL

Vinteún de maio pasado, máis de 400 marchas protestaron en 50 cidades de todo o mundo contra a transnacional Monsanto, cabeza das corporacións promotoras dos cultivos transgénicos, ou coma quen di, da estratexia oligopólica de control da agricultura mundial. Foi unha resposta mundial coordenada de cidadáns e de organizacións labregas e académicas comprometidas, contra a ofensiva desatada polas transnacionais en todas as frontes: no Congreso dos EEUU, nos laboratorios e nos seus informes, nas institucións latinoamericanas, e nomeadamente nos tratados comerciais Acordo de Asociación Trans-pacífico (TPP) e o Acordo de Asociación Transatlántico para o Comercio e o Investimento (TTIP).

As marchas contra os transxénicos ocuparon 21 de maio 50 cidades.
As marchas contra os transxénicos ocuparon 21 de maio 50 cidades.

Despois de o estado de Vermont, base do Senador demócrata Bernie Sanders, aprobar en 2014 unha lei de etiquetado obligatório para alimentos de contido transxénico, fixeron o própio os estados de Connecticut e Maine. Durante todo o ano pasado os esforzos dos advogados dos transxénicos concentráronse en evitar o contáxio deste exemplo noutros estados.

Fins de 2015, a alianza trasnacional dos transxénicos e os conservadores na Cámara de Representantes aprobaron unha lei de etiquetado voluntario (H.R. 1599) que procuraba limitar as facultades estatais para regulalos a nivel nacional. A protesta social e científica de máis de 600 organizacións de EEUU a prol do etiquetado obligatorio preguntouse, na voz da destacada activista Wenonah Hauter: “Seica somos os Estados Unidos de Monsanto? Estamos perante un novo secuestro da democracia a mans dos intereses corporativos?”.

Comezos de 2016, a ofensiva transnacional a prol dos alimentos transxénicos provocaba unha lea no Senado dos Estados Unidos, con case 100 millóns de dólares repartidos entre a clientela científica, en plena campaña electoral, e co 88% da poboación partidário do etiquetado obrigatório; con todo, a oposición cidadá e os votos demócratas derrotaron a iniciativa (S. 2609) por unha presada de votos.  Freada a manobra legislativa nos EEUU, a batalla a prol dos transxénicos reactivábase en dúas frontes críticas: a do discurso ideolóxico avaliado por institucións e científicos subsidiados a mancheas polas corporacións, e, nomeadamente, na  imposición de regras comerciais internacionais que, mediante megatratados, franqueasen o control alimentário mundial e ás exportacións.

A opinión a prol dos transxénicos, do poderoso Consello Nacional de Investigación (NRC)  -brazo da Academia Nacional de Ciencias dos EEUU e receptor de millóns de dólares en fondos de corporacións como Monsanto, DuPont e Dow Chemical- atopou a crítica da prestigiada organización FWW  (Food & Water Watch, ou Control da Auga e dos Alimentos) Reavívase logo a polémica sobre o contido científico de certas opinións a prol do consumo de alimentos transxénicos.

Veu ao rego a publicación dun estudo da FWW sobre relacións concretas e detalladas da maioría dos expertos en modificación xenética, dos centros de enxeñería xenética e institucións de control finanzadas por fondos de empresas. A FWW denuncia “evidentes conflitos de interese en todos os niveis do NRC” e asegura que até non se aclararen as connivéncias e fique garantida a autonomía real dos investigadores, as opinións chamadas científicas carecen de obxectividade e polo tanto non merecen credibilidade. Opinión semellante á que publicaran hai tres anos máis de 230 científicos de todo o mundo, que concordan en que non hai consenso científico sobre a seguridade dos alimentos xenéticamente modificados.

Finalmente, os megatratados comerciais e financeiros, favorabeis aos intereses corporativos e coa pretensión de sentar bases trasnacionais ao século XXI, están sendo unha das fronteiras da contenda política entre os intereses comúns socio-ambientais e os intereses da industria bio-tecnológica, a nano-tecnolóxica e a da bioloxía sintética.

No mega-acordo trans-pacífico, as empresas transnacionais, os seus conseguidores e funcionários cómplices, deron realizado o seu obxectivo no Capítulo 2 referente ao trato coas nacións e o acceso de bens de mercado, especialmente no Artigo 2.29 do TPP,  relativo ao comercio de produtos da bio-tecnología moderna no que está prevista a entrada indiscriminada de cultivos transxénicos e de perigosos produtos biolóxicos e nano-tecnológicos.

A experiéncia guiou a construcción da trapela xurídica, consistente en recoñecer de entrada, retóricamente, o dereito de calquera Estado a proceder conforme as súas propias leis, regulamentos e políticas, e pór a disposición do público información sobre permisos e procedementos aduaneiros. A seguir, o regulamento 5 do artigo citado, establece o condicionante metodológico imposto na permisiva lexislación estadounidense, de aceptar níveis baixos de contaminación e aterse ás Directrices para avaliar a inocuidade dos alimentos obtidos de plantas de ADN recombinante. O que a bon entendedor significa aceptar criterios, normas e procedementos da potencia dominante.

Os produtores estadounidense de sementes e os agro-negocios tentan ampliar mercado en China e América Latina, logo de atopar na UE unha corrente de opinión contrária aos xeneticamente modificados. Monsanto, DuPont y Dow Chemical, a Bayer alemana, e a suiza Syngenta, constituiron a Coalición Estadounidense de Agricultura por Cuba (USACC), partidária de rematar o Bloqueo non tanto por erradicar unha inxustiza de medio século, snón coa vista posta no mercado de Cuba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *