Os Últimos do Bloqueo acusan a Trump de entregar a Marco Rubio a política de EUA para Cuba e Venezuela

Cubainformación (edición de Terra Sen Amos)

Andrés Oppenheimer, columnista dos Últimos do Bloqueo, acusa a Trump no Nuevo Herald  de ignorar ao ministerio de relacións exteriores dos EUA (State Departament) e a súa equipa diplomática, e de pór nas mans do senador Marco Rubio a política presidencial para Latinoamérica. Oppenheimer, ben coñecido polo seu arruallo profético nunca cumprido sobre o remate da Revoución Cubana, no  libro “la Hora Final de Fidel”, laiase agora do protagonismo conferido a Marco Rubio por Trump depois de o actual presidente desprecialo durante a campaña do 16.

Marco Rubio aparecia nun cartaz da campaña de Trump na Florida, coma un cativo no que non se podia confiar.

Manuel Manzaneda, director de Cubainformación, recorda ao arxentino Andrés Oppenheimer coma xornalista de cámara do exilio reaganiano en Florida. Con estes antecedentes, considérao máis que autorizado crítico de Marco Rubio, depois do senador de orixe cubana aparecer como inductor das sancións dos EUA ao governo de Venezuela.

Oppenheimer conta que Rubio espallara na Rede as sancións de Trump, dias antes de seren anunciadas pola secretaria da Presidencia e o departamento do Tesouro, no entanto o ministerio de Relacións Exteriores gardaba silenzo o que indica segundo o columnista o desleigo do actual inquilino da Casa Branca pola súa representación diplomática  en Latinoamérica.

Manzaneda coida que o citado xornalista do exilio cubano na Florida está a representar unha función crítica estratéxica nos media capitalistas, consistente en producir o mellor consello para os obxectivos do Imperio se cumpriren mellor  no continente sur, pois  existindo acordo dos intereses privados en derrubar as revolucións bolivariana e cubana, hai decisións concretas de governo que poden retrasar ese obxectivo e incendiar perigosamente a opinión anti-imperialista.

Derrotado e aldraxado por Trump nas eleccións en Florida, Marco Rubio prometeu retirarse da política mais reapare como censor das promesas feitas aos Últimos do Bloqueo polo actual presidente. Rubio defendeu publicamente o atentado criminal da banda de 25 civis armados e dirixidos por un oficial desertor que atacara na madrugada de domingo 6 de agosto o forte Paramacay na localidade de Naguanagua, no estado de Carabobo. Unha parte da MUD cantou loas ao ataque terrorista o que significou unha crise grave para a mesa da oposición, auto-titulada “democrática”, ao governo de Maduro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *