Os valedores do centrismo en Cuba son amigos dos promotores do Bloqueo

Rosa Bentraces – Terra Sen Amos

A Terceira Via de Tony Blair e Felipe González, prometía centrismo e acabou ao servizo de Murdoch e de Gas Natural, aos pés da Posición Común contra Cuba do franquista Aznar, e na primeira liña do cerco imperial contra o governo democrático de Venezuela; asumiron o bombardeo de Belgrado pola OTAN; a ocupación de Palestina, Libia, Siria, Afganistán, o Estado de Sitio de Exipto; intermediaron na lea de Darfur (Sudán) a beneficio das transnacionais, e non se inmutan por catro millóns de mortos en Congo en guerras por recursos pagadas polo Norte. Agora aconsellan a Cuba unha Terceira Via que dinque librará a un tempo do Bloqueo e da planificación central. Mais o caso é que os valedores da célebre Terceira Via son amigos dos promotores do Bloqueo, como explican no libro dixital  El Centrismo en Cuba: Otra vuelta de tuerca hacia el capitalismo, Enrique Ubieta, Elier Ramírez Cañedo, Javier Gomez Sanchez ,Carlos Luque, Zayas Bazán, Emilio Ichikawa, René Vázquez Díaz, Arnold August, Raúl Capote Fernández e Jorge Angel Hernández, entre outros autores.

O recen editado libro “El Centrismo en Cuba: Otra vuelta de tuerca hacia el capitalismo” é accesibel no enderezo indicado ao final da páxina.

O libro trata da proposta debatida nos media cubanos, depois de Cuba e Estados Unidos anunciaren, 17 de decembro de 2014, o restablecemento de relacións diplomáticas. Obama sentencia por fracaso a vella política de Washington de cercar Cuba durante medio século , A contrarrevolución unívoca de dez presidencias de EUA entraba en devalo e os media do capital espallaban a imaxe do xeo a fundir e dun futuro rosa de iniciativas  económicas privadas para Cuba.

Os autores contan que para acompañar ese pensamento condicionado polo desexo, os centristas idealizan  unha deriva política de centro revestida de bon senso e modernidade (queren dicer privatizacións) fronte a arbitrariedade e dogmatismo da economía dirixida polo interese público. Venezuela, no centro dun vendaval de propaganda e crimes cocinados nos EUA, representa para os editorialistas da dereita o risco que corren os que se atreven a recusar  a asesoria económica do centro do capital.

Non é que a actualidade Cuba teña desaparecido de sitios de internet, o que acontece é que a Terceira Via aparece como asunto principal. A posición que se define a si propia coma centrista xa non se ocupa do avellecido discurso da mafia de Miami porque agora o centro da cuestion é o que acontece coa economia de Cuba: comparan as insuficiencias da illa cos indicativos dos paises desenvolvidos e chegan a conclusión de o propio socialismo ser o causante de todos os problemas. Á vez, ofrecen fórmulas para reformular o socialismo dende o que consideran de novos paradigmas políticos e filosóficos (multipartidismo, reformas constitucionais e democráticas, sistema electoral e revisión do  papel de avangarda do PCC).

Como conta no libro Raúl Capote, algúns defensores desta posición que eles prefiren chamar independente, xxa estaban como invitados nas ceas da Oficina de Intereses de Estados Unidos na Habana, (SINA). Nunca fallaban unha ceea en embaixadas que nunca tiveran a Cuba entre os seus intereses prioritarios. “Cando chega unha delegación extranxeira, aparecen os centristas para, ademais do ágape, recibir chapadas de recoñecemento nos ombreiros e pousar como intermediarios políticos por cuentapropia. Sen dúbidas, deben contar con moitos leitores nesoutras distantes latitudes para que se lles teña tan en conta”.

Disto fala a antología de textos titulada El Centrismo en Cuba: Otra vuelta de tuerca hacia el capitalismo, escolma procedente de soportes informáticos que os editores coidan imprescindibeis para denunciar “unha nova estafa coa que se pretende confundir principalmente ao lector revolucionario”.

Descarga do libro en PDF:

Fai clic para acceder a Centrismo_en_Cuba_Otra_vuelta_de_tuerca_hacia_el_capitalismo.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *