Agustín Lage atopa na ciencia solucións para un pais pequeno, bloqueado e sen recursos

Terra Sen Amos – Redacción

A inventiva marxista de Agustin Lage Davila procura na ciencia solucións para un pais pequeno, bloqueado e con recursos limitados. Así o ve Richard Levins, o biólogo norteamericano autor de  As Influéncias da Bioloxía e The Dialectical Biologist,  con Richard Lewontin, os dous títulos contemporáneos sobre ciéncia máis traducidos. Levins finou xaneiro pasado e a revista Monthly Review de Nova York, da que foi colaborador durante anos, ven de publicar o seu derradeiro traballo: a recesión do libro editado en Cuba  La Economia del Conocimiento y el Socialismo, de Lage, médico cubano de orixe galega especializado en bioquímica e director do Centro de Inmunología Molecular da Habana. Levins descrébe a Agustín Lage como protagonista e observador do avanzo da ciencia en Cuba: biólogo molecular excepcional, deputado da Asemblea Nacional e militante do Partido Comunista Cubano. A seguir, versión en Galego do artigo de Richard Levins. 

Agustín Lage, no centro da fotografía, presenta na Feira do Libro da Habana o seu libro "La Economia del Conocimiento y el Socialismo".
Agustín Lage, no centro da fotografía, presenta na Feira do Libro da Habana o seu libro “La Economia del Conocimiento y el Socialismo”.

Seguir lendo Agustín Lage atopa na ciencia solucións para un pais pequeno, bloqueado e sen recursos

Cuba con Dilma e o PT contra o golpe de estado

Terra Sen Amos – Redacción

Depois de a maioria do Senado declarar suspensa a presidéncia electa da República do Brasil, o governo de Cuba difundiu unha declaración de apoio para a presidenta Dilma Rouseff, o Partido dos Trabalhadores, o ex-presidente Lula da Silva e o povo dos Estados Unidos do Brasil. A nota da Habana recorda que se trata dun golpe de Estado parlamentar-xudicial, disfrazado de legalidade, ensarillado hai meses co  propósito de revertir o proxecto político do Partido dos Trabalhadores, derrocar o governo democrático e suplantar un poder que os intereses financeiros e o imperialismo non deran gañado co voto.

Cuba reafirma seu apoio a Dilma, Lula, o Partido dos Trabalhadores e o povo do Brasil
Cuba reafirma seu apoio a Dilma, Lula, o Partido dos Trabalhadores e o povo do Brasil

Seguir lendo Cuba con Dilma e o PT contra o golpe de estado

Estados Unidos non dá coa razón do seu humillante fracaso en Cuba

Arthur González – Heraldo cubano

É ben coñecida a teima dos Estados Unidos de América por impedir a ferro e fouce o trunfo de Fidel Castro contra o ditador Fulgencio Batista, na véspera do primeiro de xaneiro de 1959, como fica na acta do Consello Nacional de Seguridade de decembro de 1958. Fracasando nesta angueira, os EUA lanzaron unha guerra contra la Revolución con atentados terroristas contra a súa indústria, servicios, centros comerciais e frota mercante.

Fracasando en Girón, EUA lanzou unha guerra de atentados terroristas contra a indústria, servicios, centros comerciais e frota mercante de Cuba.
Fracasando en Girón, EUA lanzou unha guerra de atentados terroristas contra a indústria, servicios, centros comerciais e frota mercante de Cuba.

Seguir lendo Estados Unidos non dá coa razón do seu humillante fracaso en Cuba

Brigada solidária medioambiental a Guamá (Santiago) e La Lisa (Habana) en xullo

Terra Sen Amos – Redacción

O Poder Popular de Guamá (Santiago de Cuba) e La Lisa (Habana) organizan con Sodepaz para a primeira quincena de xullo, unha brigada solidária de agroecoloxía, enerxías renovábeis e traballlo comunitário. O programa comezará con sete días en Guamá para participar no traballo medioambiental de conservación dos manglares e a producción de enerxías renovábeis para a sanidade, a vivenda, a agricultura e a administración municipal. Nos sete días seguintes, a brigada intervirá no traballo comunitário do popular barrio habaneiro de La Lisa, nas áreas de cultura, desenvolvimento local e economía solidária. Durante o tempo na área rural de Guamá, o aloxamento será nun hotel de beiramar e na Habana en casas particulares. Máis información e inscrición no seguinte enlace
http://www.viajes.sodepaz.org/travel/cuba-agroecologia-y-trabajo-comunitario/show

A vizosa beiramar de Quiebra Seca (Guamá) accédese por unha estrada de area entre o Caribe e a Serra Maestra.
A vizosa beiramar de Quiebra Seca (Guamá) accédese por unha estrada de area entre o Caribe e a Serra Maestra.

Homenaxe en Lisboa ás vitimas do atentado contra a embaixada de Cuba no 76

Cubadebate – Terra Sen Amos

Os himnos nacionais de Cuba e Portugal resoaron na céntrica avenida Fontes Pereira de Melo de Lisboa ao receber na entrada da Embaixada de Cuba, no número 19, un galano floral de cravos vermellos e brancos en recordo de Adriana Corcho Calleja e Efrén Montegudo Jiménez, diplomáticos que perderon a súa vida no atentado terrorista de 22 de abril de 1976. Unha placa conmemorativa recorda na  porta da legación aos dous diplomáticos asasinados en plena mocidade. A onda de máis de 150 atentados contra misións diplomáticas e obxectivos cubanos en máis de 20 países sucedera entre 1975 e 1976, con ataques terroristas contra as Embaixadas de Cuba en Perú e México e outras legacións, entre elas a de Nova York.

A embaixadora de Cuba en Lisboa recorda a Adriana Corcho Calleja e Efrén Montegudo Jiménez, diplomáticos que perderon a súa vida no atentado terrorista de 22 de abril de 1976.
A embaixadora de Cuba en Lisboa recorda a Adriana Corcho Calleja e Efrén Montegudo Jiménez, diplomáticos que perderon a súa vida no atentado terrorista de 22 de abril de 1976.

Seguir lendo Homenaxe en Lisboa ás vitimas do atentado contra a embaixada de Cuba no 76

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook