Cuba, e a solidariedade revolucionaria

Manuel Mera – Sermos Galiza
Once de novembro cúmprese o 40 aniversario da independencia de Angola, conquistada despois dunha longa guerra contra a potencia colonialista, Portugal. Mais a historia deste país tería sido moi diferente, se a axuda solidaria de Cuba non ter evitado o triunfo da intervención dos Estados Unidos. Norteamérica pretendía mediante os exércitos de Suráfrica e Zaire, impedir ao Goberno do MPLA (Movimento Popular de Libertação de Angola) asumir o governo. Non foi esta a única contribución solidaria de Cuba na África no eido militar. Lembremos a colaboración co goberno socialista de Etiopía (1977-1988) fronte á invasión somalí apoiada por Washington. Porén, destaca a solidariedade con Angola, tanto por se prolongar 16 anos (1975-1991), como por as forzas cubanas ser tamén decisivas para a independencia de Namibia e Cimbabue, así como para o remate do apartheid en Suráfrica. Falamos dunha colonia de 1.246.700 km2, e 6.761.000 habitantes en 1975, deles máis de 350.000  colonos brancos, nomeadamente portugueses. En Angola as exportacións dobraban ás importacións.

As imaxes de Agostinho Neto e Fidel acompañan a histórica celebración en Luanda do fin da guerra contra o colonialismo racista.
Os retratos de Agostinho Neto e Fidel acompañan a  conmemoración en Luanda dos 40 anos da vitoria contra o Apartheido que se cumpriran 17 de novembro de 2015.

Seguir lendo Cuba, e a solidariedade revolucionaria

A Casa Branca usa o Bloqueo como recurso contra a maioría anti-cubana do Congreso

G. Luca – Terra Sen Amos

A presidencia norteamericana di que o Bloqueo é absurdo, e ao tempo eleva a máximos históricos as multas por comerciar con Cuba. Todas as forzas comprometidas no remate do inhumano e interminábel cerco contra o povo cubano, denuncian a incoheréncia mentres os republicanos de Washington ven no dobre discurso de Obama un recurso do presidente contra a maioría do Congreso, contraria á apertura con Cuba. A Casa Branca procura mover a opinión dos grupos de presión mediante un aumento extraordinário de sancións contra empresas de todo o mundo por comerciaren con Cuba. A banca francesa BNP Paribas foi obrigada a pagar 6.500 millóns de euros a Estados Unidos por ter servido de intermediaria financeira coa administración cubana; de a pouco, o banco Crédit Agricole recibiu unha sanción de 694 millóns de euros por admitir un pago en dólares dende Cuba. O peso da Lei Helms-Burton caeu tamén sobre Banca Morgan, por unha imputación semellante e contra innúmeros provedores. Tres meses antes do histórico anuncio de 17 de nadal de 2014, o presidente estadounidense renovara a inxeréncia contra Cuba ao amparo da Lei de Comercio co Inimigo, de 1917. Obama repite de feito un esquema clásico da coerción imperial norteamericana no que obriga a convivir a reconciliación formal coa dilación, a escalada e o ultimato, como sucedeu por acaso cos criminais Bombardeos de Nadal contra Vietnam do Norte en 1972, cando xa o FNL fora invitado ao diálogo constructivo. Disparando con multas contra os grupos de capital da maioría republicana do Congreso, Obama agrava o Bloqueo e agranda o aillamento de EUA denunciado por Kerry, que presuntamente debería remediar o cambio da política para Cuba.

Raúl anúncia na TV Cubana o restablecemento de relacións diplomáticas cos EUA en decembro de 2014.
Raúl anúncia na TV Cubana o restablecemento de relacións diplomáticas cos EUA,  decembro de 2014.

Seguir lendo A Casa Branca usa o Bloqueo como recurso contra a maioría anti-cubana do Congreso

O convênio Cuba-Venezuela realizou em 15 anos máis de 780 milhões de consultas médicas

Dilbert Reyes – Granma

Completam-se 15 anos do Convênio Integral de Cooperação Cuba-Venezuela, assinado em Caracas  30 de outubro de 2000 pelo comandante-em-chefe Fidel Castro e o líder da Revolução Bolivariana, Hugo Chávez, animados pelo desejo de fortalecer os laços entre os dois países. No texto do convênio, dos dous paises declaram-se “conscientes de seu interesse comum em promover e fomentar o progresso de suas respectivas economias e as vantagens recíprocas que resultam de uma cooperação que tenha resultados efetivos no avanço econômico e social dos respectivos países e a integração da América Latina e o Caribe”. Declarção atinge esporte, energia, cultura, agricultura, educação e saúde, com prioridade para estes dois últimos com a criação da Missão Bairro Dentro, o Programa de Formação de Médicos Latino-americanos, a Missão Milagre, que nasceu quando o convênio cumpria seus primeiros quatro anos; e a Missão Sorriso.

Convênio foi assinado em Caracas  30 de outubro de 2000 pelo comandante-em-chefe Fidel Castro e o líder da Revolução Bolivariana, Hugo Chávez.
Convênio foi assinado em Caracas 30 de outubro de 2000 pelo comandante-em-chefe Fidel Castro e o líder da Revolução Bolivariana, Hugo Chávez.

Seguir lendo O convênio Cuba-Venezuela realizou em 15 anos máis de 780 milhões de consultas médicas

EUA traballa polo seu propio aillamento

Iroel Sánchez – La pupila insomne     
Recoñecendo Barack Obama, decembro pasado, o aillamento do seu governo por mor do Bloqueo a Cuba, era razón esperar o apoio de EUA á resolución presentada por Cuba na ONU para sancionar o estado de sítio. Algúns adiantaran que Cuba non proporía máis dita resolución. Como foi logo posíbel, que de 188 paises a prol da moción cubana de condena ao Bloqueo, en 2014, pasásemos a 191? Salvando EEUU e Israel, xa non queda un só membro de Nacións Unidas sen condenar o cerco Cuba. O mérito é de Obama e de quen o acompaña nunha política que, no canto de avanzar decididamente cara a liquidación do Bloqueo, que lle permite a Lei, con algunhas excepcións que só pode modificar o Congreso, prefire ditar en dúas ocasións (16 de xaneiro e 18 de setembro) medidas de mínimo alcance que como expresou o chanceler cubano Bruno Rodríguez na ONU: “Aínda que positivas, só modifican de forma moi limitada algúns elementos da aplicación do bloqueo”.vvote
Seguir lendo EUA traballa polo seu propio aillamento

O mundo con Cuba, contra o Bloqueo

TSA – Redacción
Por Cuba votou martes o pleno da Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Como promotor do bloqueo dende 1960, só queda EUA, que leva hoxe a guerra a Oriente Próximo, África, Siria e Afganistán, que ocupa Palestina (por man dun seu subalterno) e intervén contra os governos democráticos en todo o mundo. A Revolución Cubana recibiu onte o máis amplo respaldo internacional das 24 votacións promovidas dende 1992 na ONU contra o Bloqueo. O Chanceler cubano Bruno Rodríguez Parrilla, chamou a non confundir realidade e desexos «pois os feitos proban con claridade -explicou- que o Bloqueo persiste. O representante de EUA declarouse ainda “comprometido na cooperación con Cuba” e na Asemblea seguiron verbas de ánimo e solidariedade coa Revolución e de crítica ao cinismo norteamericano.BLO Seguir lendo O mundo con Cuba, contra o Bloqueo

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook