Preservar e perfeccionar o socialismo, lema do Primeiro de Maio na praza da Revolución

A HABANA. Raúl Castro desfilou na fronte da manifestación habanera do Día Internacional dos Traballadores. A marcha fora convocada Baixo o lema “Preservar e perfeccionar o socialismo”.

Perto de 2000 invitados de 117 países e 209 sindicatos e organizacións de amizade internacionais, estaban presentes na Praza de la Revolución, engalanada con bandeiras para o evento. A asistencia de persoas de todas as idades, a multitude de cartaces e bandeiras, as músicas e os lemas coareados, daban a marcha un aire de festa. Seguir lendo Preservar e perfeccionar o socialismo, lema do Primeiro de Maio na praza da Revolución

Cuba salienta a posição unitária contra o bloqueio no encontro de Cartagena de Índias

Na assembleia de Cartagena de Índias ficou demonstrado que existe um abismo crescente entre “Nossa América” martiana e o “Norte revolto e brutal que nos despreza”, assinala um comunicado do Governo de Cuba que hoje publica o diário Granma.

O documento refire-se a revolta dos convocados contra o bloqueio, a exclusão de Cuba e as Ilhas Malvinas, e recomenda ao presidente Obama que nao aconselhe democracia a Cuba. “Ainda menos –acrescenta- se quem pretendeu fazê-lo esteve ali totalmente isolado, obrigado a exercer um veto imperial, por falta de ideias e de autoridade política e moral; enquanto se dedica à demagogia, rumo a umas eleições escabrosas: melhor, deveria ocupar-se de suas guerras, crise e politiquice; de Cuba, ocupámo-nos os cubanos. Seguir lendo Cuba salienta a posição unitária contra o bloqueio no encontro de Cartagena de Índias

Cuba e Malvinas, os dous asuntos clave do Cumio das Américas a pesar da censura de Washington

Granma e Prensa Latina.

A posición común da Nosa América contra o bloqueo de Cuba e a prol da descolonización de Malvinas, frustrou as propostas dos Estados Unidos e Canadá no Cumio das Américas, celebrado domingo en Cartaxena de Indias. Norteamérica negouse a asinar un comunicado final que reclamaba a integración de Cuba e a devolución de Malvinas.

O Cumio pasará a historia pola protesta do continente Sur. “Todos os países de América Latina e o Caribe queren que Cuba estea presente, mal que exista unha imposición de Norteamérica que non o acepta”, dixo o presidente de Bolivia Evo Morales, que chamou tamén a atención sobre o progresivo aillamento dos Estados Unidos. Seguir lendo Cuba e Malvinas, os dous asuntos clave do Cumio das Américas a pesar da censura de Washington

Aumentar a eficiencia para manter a asistencia pública universal, propón Ricardo Alarcón

Ricardo Alarcón Quesada, presidente do Parlamento de Cuba desde 1992 e membro do Buró Político do Partido Comunista, explica a Salim Lamrani nunha entrevista o significado dos cambios introducidos na propiedade e na administración. Alarcón indica que a reducción do papel do Estado na sociedade cubana non afecta a proxecto de saúde, educación, cultura, seguridade e asistencia social, xubilación e benestar.

Como recorda o presidente, estas áreas representan a parte principal do orzamento nacional e obrigan á facenda pública a asumir anualmente a demasía do custe. “O Estado -sinala Alarcón- non renuncia ao seu papel e comprométese a manter as conquistas sociais. Mater o acceso uniersal á saúde, á educación e a todas as prestacións sociais é preciso ultimar a eficiencia”. Seguir lendo Aumentar a eficiencia para manter a asistencia pública universal, propón Ricardo Alarcón

Washington pretende aillar a Cuba coma en tempos da Guerra Fria

Bruno Rodríguez Parrilla, ministro de Estado de Cuba, resolveu ante xornalistas de todo o mundo, de que materia política faise “o consenso” dende o Río Grande á Patagonia a cada que os paises da Nosa América ignoren o bloqueo contra Cuba. A pregunta da correspondente da BBC na Habana Sarah Rainsford, o ministro dixo:

“O consenso para este asunto (o proposto Cumio das Américas en Bogotá) quere dicer a autorización de Washington e era ben que esa pregunta lla dirixira ao Governo norteamericano”. O Bloqueo é un crime e un erro que dura 50 anos, recordou o ministro. Seguir lendo Washington pretende aillar a Cuba coma en tempos da Guerra Fria

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook