Terra Sen Amos Un breve comentario de alcance de Fidel Castro, publicado na mañá da Sexta, salienta a solidariedade cubana co povo de Ucraína e a coincidencia do criminal atentado contra o avión da Malaysia Airlines coa invasión de Gaza.
O líder histórico da Revolución lembra a intervención humanitaria de Cuba na altura da traxedia de Chernóbil e nota que o atentado prodúcese sobre territorio ucraíno, baixo o control do governo de Petro Poroshenko, ao que cualifica de belicista e anti-ruso, anti-ucraíno e pro-imperialista.
Luis Posada Carriles, axente da CIA confeso do atentado terrorista sobre o avión de Cubana no 76
Nadine Gordimer descubriu a literatura na biblioteca de Springs, pequena localidade mineira no que entón era o Transvaal, onde naceu, nunha familia de inmigrantes xudeus. Aos quince, publicou a súa primeira narración, inicio dunha carreira que incluíu 15 novelas e dez libros de relatos e outros textos, merecedora do Premio Nobel de Literatura no ano 1991. O Comité recoñeceu a épica grandiosa da súa obra. Ninguén soubo como ela dar a coñecer a realidade do Apartheid e os seus conflitos humanos. Fíxoo con arte verdadeira, co talento dunha das máis grandes escritoras do noso tempo.
Nadine Gordimer, entrevistada na Habana por Amaury Pérez Vidal
Granma – Terra Sen Amos. O presidente ruso Wladimir Putin prometeu axuda a Cuba contra a inxerencia económica e política decretada polo goberno estadounidense hai 54 anos. A declaración produciuse ao cabo da asinatura na Habana de dez protocolos de cooperación que potenciarán a vella relación de amizade entre os dous paises. As leis norteamericanas que sancionan o comercio con Cuba, rexen na UE (con multas recentes a Hoanda e Francia) mais non en Rusia.
Putin compromete unha intermediación que xa ven exercendo dacordo coas leis internacionais de comercio na súa relación con Corea do Norte e Cuba.
Os convenios asinados na Habana abordan as garantías de seguridade internacional na información, a non militarización do cosmos, os intercambios culturais, as novas terapias de tratamento urolóxico, a industria, a defensa civil e a reparación de desastres naturais dentro do marco da CELAC, o sondeo de hidrocarburos en espacio cubano, a produción de enerxía hidroeléctrica e os sistemas de iluminación con tecnoloxía LED.
Wladimir Putin e Raul Castro particiaron na asinatura dos novos convenios.
No intre crítico da negociación do tratado de libre comercio entre Estados Unidos e a UE (TTIP) Obama dispara o arsenal completo da Lei Helms-Burton contra Francia. A colosal multa imposta a Banca Paribas por ter admitido transferencias cubanas, comprace á mafia cubano-americana de Miami, mais atranca un acordo comercial con Europa vital para a economia estadounidense.
De porparte, nunca antes foran tantas en todo o mundo as voces contra o Bloqueo. Washington recibe anualmente o voto unánime de condena da Asemblea da ONU contra a súa inxerencia política, económica e terrorista na illa. Consumida a OEA por arrogancia imperial, todas as alianzas da Nosa América Martiana honran a dignidade de Cuba fronte o abuso estadounidense.
Thomas Donohue, presidente da Cámara de Comercio dos Estados Unidos, pronuncia unha conferencia na Universidade da Habana
“La Pupila Insomne” nota que a reaparición en Cuba de esmoleiros e de buscadores do refugallo, a penas produce reacción. Iroel Sánchez, creador do sitio dixital, lembra que a rápida desaparición destas imaxes públicas da pobreza, fora un orgullo da Revolución.
“A presenza en áreas do centro da capital e doutras do país, de fenómenos que practicamente desapareceran da paisaxe cubana coa Revolución, coma a mendicidade e a rebusca no lixo, non pode ser vista con indiferenza cidadá e inercia institucional”, escrebe Sánchez na súa páxina electrónica, a máis visitada de Cuba.
Para estas diarias manifestacións da necesidade sucederen, presume o autor do artigo a existencia de “algún baleiro na articulación concreta dese tecido social contra eses cubanos e cubanas que antes de máis son fillos da Revolución, malia teren sido abandonados polas súas familias”. Seguir lendo “La Pupila Insomne” denuncia a reaparición de esmoleiros nas rúas de Cuba→
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"