“La Pupila Insomne” denuncia a reaparición de esmoleiros nas rúas de Cuba

Terra Sen Amos-Redacción

“La Pupila Insomne” nota que a reaparición en Cuba de esmoleiros e de buscadores do refugallo, a penas produce reacción. Iroel Sánchez, creador do sitio dixital, lembra que a rápida desaparición destas imaxes públicas da pobreza, fora un orgullo da Revolución.

“A presenza en áreas do centro da capital e doutras do país,  de fenómenos que practicamente desapareceran da paisaxe cubana  coa Revolución, coma a mendicidade e a rebusca no lixo, non pode ser vista con indiferenza cidadá e inercia institucional”,  escrebe Sánchez na súa páxina electrónica, a máis visitada de Cuba.

Para estas diarias manifestacións da necesidade sucederen, presume o autor do artigo a existencia de “algún baleiro na articulación concreta dese tecido social contra eses cubanos e cubanas que antes de máis son fillos da Revolución, malia teren sido abandonados polas súas familias”. Seguir lendo “La Pupila Insomne” denuncia a reaparición de esmoleiros nas rúas de Cuba

Estados Unidos teima en manter a Cuba na lista da trata de persoas

Granma-Terra Sen Amos

O governo de Estados Unidos teima en condenar a Cuba na pésima categoría (nível 3) da trata de persoas. O baremo anual do ministerio de Relacións Exteriores (State Department) valora en tres apartados os esforzos dos governos do mundo por combatiren a trata.  Para Cuba reserva a cualificación dos governos que ignoran de vez os dereitos das persoas. Seguir lendo Estados Unidos teima en manter a Cuba na lista da trata de persoas

A opinión pública cubana ignora o “Xornalismo Independente”

G. Luca – Terra sen amos.

O reporterismo electrónico lanzado polas axencias do governo norteamericano sobre Cuba, recibe a primeira páxina da revista “Time” e algún premio na UE mais só provoca indiferenza na ben informada opinión pública cubana.

Por moito que os seus promotores sobranceen a condición independente deste xornalismo, o seu estilo non se arreda do vello modelo de propaganda capitalista contra Cuba independente, copia a miscelánea norteamericana  da Guerra Fria e está dirixido a  banalizar o debate político mediante a anécdota e a privacidade. Seguir lendo A opinión pública cubana ignora o “Xornalismo Independente”

Bolivia asina un acordo con Cuba para se librar das transnacionais da farmacia

TERRA SEN AMOS/Telesur

En Bolivia, un setenta por cento dos medicamentos son importados e cústanlle ao país case 57 millóns de dólares. O Governo chegou a un acordo con Cuba para producir específicos e evitar a dependencia dos monopolios farmacéuticos internacionais.

O presidente boliviano deu conta na Habana do contrato asinado co seu homólogo Raúl Castro. “Non podemos seguir importando medicamentos -dixo Evo Morales-, non podemos seguir sometidos aos monopolios internacionais que industrializan medicamentos”. Seguir lendo Bolivia asina un acordo con Cuba para se librar das transnacionais da farmacia

A rede Zunzuneo e as leccións de democracia

Valentín Alvite.

En datas recentes, a axencia norteamericana Associated Press deu noticia de o Goberno de EE UU financiar en Cuba a rede social Zunzuneo, unha especie de “twitter” destinado a crear unha situación similar á “Primavera árabe” para provocar un cambio político na Illa. A citada axencia informa de o Goberno estadounidense recoñecer a existencia dese proxecto, que tivo un custo de varios millóns de dólares.

Se a finalidade de Zunzuneo é difundir as bondades do sistema político de EE UU, existe un modo de logralo sen causar ningún gasto aos contribuíntes: invitar os cubanos a visitar a base norteamericana de Guantánamo. Unha imaxe vale máis que mil palabras. Os visitantes poderían coñecer en detalle un modelo de estrito respecto aos dereitos humanos: nese recinto militar, desde 2001, centenares de presos sen acusación soportan as máis crueis torturas. Seguir lendo A rede Zunzuneo e as leccións de democracia

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook