A rede Zunzuneo e as leccións de democracia

Valentín Alvite.

En datas recentes, a axencia norteamericana Associated Press deu noticia de o Goberno de EE UU financiar en Cuba a rede social Zunzuneo, unha especie de “twitter” destinado a crear unha situación similar á “Primavera árabe” para provocar un cambio político na Illa. A citada axencia informa de o Goberno estadounidense recoñecer a existencia dese proxecto, que tivo un custo de varios millóns de dólares.

Se a finalidade de Zunzuneo é difundir as bondades do sistema político de EE UU, existe un modo de logralo sen causar ningún gasto aos contribuíntes: invitar os cubanos a visitar a base norteamericana de Guantánamo. Unha imaxe vale máis que mil palabras. Os visitantes poderían coñecer en detalle un modelo de estrito respecto aos dereitos humanos: nese recinto militar, desde 2001, centenares de presos sen acusación soportan as máis crueis torturas. Seguir lendo A rede Zunzuneo e as leccións de democracia

AGE pregunta a Xunta sobre a actuación en Galiza de persoas implicadas na conspiración anti-cubana Zunzuneo

TERRA SEN AMOS/Redación.

Ramón Vázquez Díaz, deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), presentou tres preguntas parlamentares ao Goberno Galego, sobre “Zunzuneo”, a rede social criada e financiada polo Goberno dos EEUU para conspirar contra o Goberno e o ordenamento legal de Cuba.

Vázquez inquire á Xunta se dispuña información sobre a inxerencia da rede Zunzuneo contra as Leis de Cuba e pregunta ao Goberno Autonómico se comparte o ilegal bloqueo e a diaria conspiración do Goberno de Washington contra Cuba.

O deputado quere saber se a Xunta coñecía a participación de Yoani Sánchez na rede Zunzún, na altura de intervir en actos públicos en Galiza que contaron coa atención preferente de medios oficiais. Seguir lendo AGE pregunta a Xunta sobre a actuación en Galiza de persoas implicadas na conspiración anti-cubana Zunzuneo

A futura Lei Cubana de Investimento Extranxeiro, preserva a soberanía e o patrimonio nacional

TERRA SEN AMOS/Redación.

A nova Lei Cubana de Investimento Extranxeiro, preserva a soberanía e o patrimonio nacional, os recursos naturais e o Medio Ambiente, precisou Rodrigo Malmierca, ministro de Comercio Exterior.

Falando na primeira sesión extraordinaria da Oitava Lexislatura do Parlamento de Cuba, o ministro dixo: “non volveremos ao pasado nin entregaremos as nosas riquezas. Nunca máis venderemos o país”.

A Lei será sancionada de a pouco polo Poder Popular de Cuba, e é resultado da reforma económica aprobada no Sexto Congreso do Partido. Seguir lendo A futura Lei Cubana de Investimento Extranxeiro, preserva a soberanía e o patrimonio nacional

A Comisión Internacional de Xuristas reunida en Londres, reclama a Obama a liberación dos antiterroristas cubanos

LONDRES, 08.03.14 TSA.

A Comisión Internacional de Xuristas reunida para investigar o caso dos Cinco reclamou do presidente dos Estados Unidos Barack Obama, a urxente liberación dos loitadores antiterroristas cubanos ainda presos nas cadeas norteamericanas.

Indícase que a posta en liberdade debe ser inmediata e incondicional, por mor das conclusións dos xuices depois de investigaren o caso dos cubanos arrestados en 1998 por tratar de prever os ataques de grupos terroristas contra Cuba.

Formaron parte da comisión Yogesh Sabharwal, ex titular de Xustiza da India; Zac Jacoob, ex xuiz do Tribunal Constitucional de Sudáfrica e Phillipe Texier, xuiz do Tribunal Supremo de Francia, que admitiron probas de os antiterroristas non cometeren nin facer por levar a cabo actos de violencia, como tamén non conspirar contra o país que lles impuxo pena de cadea. Seguir lendo A Comisión Internacional de Xuristas reunida en Londres, reclama a Obama a liberación dos antiterroristas cubanos

VOCES DE TODO O MUNDO DEFENDEN O DIREITO DE RENÉ GONZÁLEZ A PARTICIPAR NA ASEMBLEA DOS CINCO EN LONDRES

TERRA SEN AMOS/Redacción.

Venres e sábado celebra Asemblea en Londres a Comisión Internacional sobre o Caso dos Cinco Cubanos. René González, heroe de Cuba saido da cadea norteamericana en 2011 e derradeiramente autorizado a regresar a Cuba hai un ano, é un particiante e orador sobranceiro citado pola Comisión. O gobierno británico, negou a tres días da Asemblea, visado para René entrar en Inglaterra, a conta dun veto a persoas con antecedentes penais que o gabinete de ultradereita de Cameron aplica arbitrariamente sobre os seus adversarios ideolóxicos. Seguir lendo VOCES DE TODO O MUNDO DEFENDEN O DIREITO DE RENÉ GONZÁLEZ A PARTICIPAR NA ASEMBLEA DOS CINCO EN LONDRES

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook