BOLIVIA, COA COLABORACIÓN DE CUBA E VENEZUELA, ACABA CO ANALFABETISMO EN 30 MESES E RIDICULIZA A COOPERACIÓN DOS PAISES RICOS

José Manzaneda – Cubainformación.

O plano de alfabetización de Bolivia, realizado en 30 meses mediante un acordo entre Bolivia Cuba e Venezuela, e dotado con 20 millóns de dólares, conseguiu para Bolivia da UNESCO a cualificación de “libre de analfabetismo”. Os resultados da alianza do Alba empequenecen os da cooperación de Suecia, España, Holanda, Finlandia e Bélxica, que entre 2002 e 2009, cun investimento de 11 millóns de dólares en diferentes proxectos, apenas deu alfabetizado 120 mil persoas.

Os amplos espazos que os grandes medios reservan para a cooperación en países empobrecidos, por parte de governos ricos, empresas e particulares de países do Norte, non se corresponden cos ruins resultados acadados. A suma de todas as cantidades donadas segue a estar ben lonxe do compromiso dos países ricos –refrendado en 1970 en Nacións Unidas- de aportar o 0,7 % do seu PIB á cooperación internacional. Nos últimos anos, as cantidades da cooperación reducíronse radicalmente: só en 2011, EEUU recortóu un 31%, Alemania un 47%, Canadá un 50% e España un 65%. Seguir lendo BOLIVIA, COA COLABORACIÓN DE CUBA E VENEZUELA, ACABA CO ANALFABETISMO EN 30 MESES E RIDICULIZA A COOPERACIÓN DOS PAISES RICOS

ENCONTRO DO EMBAIXADOR DE CUBA COA FRANCISCO VILLAMIL EN COMPOSTELA

“Os cambios que está a facer Cuba na súa economía, diríxense a reforzar o socialismo e teñen como límite o equilibrio social”, dixo Eugenio Martínez Enríquez, embaixador de Cuba, nunha reunión en Santiago coa xunta directiva e socios da Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. Eugenio Martínez foi presentado polo cónsul xeral, José Antonio Solana.

O Embaixador acudiu a Galiza para ultimar co presidente da Autonomia o programa da visita institucional a Cuba, decembro vindeiro, e deu conta á Asociación das importantes transferencias de xestión previstas para 2014, centradas nun aumento importante da cooperativización e do comercio privado, a realizar sobre a propiedade socialista dos medios de produción que vai ser preservada. Seguir lendo ENCONTRO DO EMBAIXADOR DE CUBA COA FRANCISCO VILLAMIL EN COMPOSTELA

IROEL SANCHEZ VISITA LÁNCARA ACOMPAÑADO POR DIRECTIVOS DA FRANCISCO VILLAMIL

“Imposibel estar en Santiago de Compostela e non facer por chegar a Láncara, onde se atopa a aldea da Galiza fonda na que nacera o pai de Fidel e Raúl, Ánxel Castro Arxiz. Imposibel non emocionarse á vista da casa humildísima na que afonda a raíz galega dos líderes da Revolución cubana”, escrebe hoxe na súa bitácora dixital “La Pupila Insomne”, Iroel Sánchez, que falou a pasada semana en Vigo e Compostela, en conferencias organizadas pola “Francisco Villamil” e a Coordenadora Estatal de Solidariedade con Cuba (CESC).

O multipremiado poeta e xornalista cubano, que ten seguidores en todo o mundo, foi acompañado na súa visita a Láncara por Valentín Alvite Gándara, presidente, Xosé Manuel Viquera, vice-presidente e por Ana Pereira e Merchi Santiago, tamén integrantes da diretiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. Na fotografía á beira, Alvite e Viquera posan xunto a Iroel Sánchez no camiño de Armea. Seguir lendo IROEL SANCHEZ VISITA LÁNCARA ACOMPAÑADO POR DIRECTIVOS DA FRANCISCO VILLAMIL

ALTA PARTICIPACIÓN NA FESTA DA CULTURA CUBANA EN COMPOSTELA

A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” celebrou sábado 19 o Dia da Cultura Cubana cunha festa en Compostela.

O acto deu comezo á tardiña na Escola Ramón Cabanillas coa benvida de Valentín Alvite Gándara, presidente da “Francisco Villamil”. José Antonio Solana, Cónsul Xeral de Cuba, explicou o alto valor patriótico da festividade e celebrou a amplia resposta á convocatoria por parte de Cubanos e Galegos. Valentin Alvite dirixiuse a representantes de Nós-UP, BNG, PCP-G, EU-PCPG, PCP-EGaliza Nova e Asociación Galego-Bolivariana “Hugo Chávez” asi como a delegación do Consulado da República Bolivariana de Venezuela. Seguir lendo ALTA PARTICIPACIÓN NA FESTA DA CULTURA CUBANA EN COMPOSTELA

“Por que negamos a liberdade aos Cinco Cubanos antiterroristas”, pregunta Stephen Kimber no “Washington Post”

”Considere por un momento o que sucedería se axentes do servizo de información, nun país extranxeiro, descubrisen un grave complot terrorista, con tempo abondo de evitalo. Imaxine depois como os norteamericanos reaccionarían se as autoridades dese país, no canto de cooperar connosco, arrestasen e encarcerasen aos axentes estadounidenses por operaren na súa terra”.

Con esta pregunta comeza o artigo publicado no diario The Washington Post, o dia 4 pasado, polo profesor de Xornalismo do King College de Halifax (Canadá) Stephen Kimber. “Eses axentes serian heroes norteamericanos hoxe. O goberno de EE.UU movería cacho con cribo para recuperalos –resposta o autor que recorda que estes días Os Cinco cumpren 15 anos de privación de liberdade nos Estados Unidos. Seguir lendo “Por que negamos a liberdade aos Cinco Cubanos antiterroristas”, pregunta Stephen Kimber no “Washington Post”

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook