Novas normas para regular o traballo dos autónomos

Traballo por conta propia en Cuba.

Moito máis que unha alternativa

LETICIA MARTÍNEZ HERNÁNDEZ. Granma

O pasado primeiro de agosto o Xeneral de Exército Raúl Castro Ruz anunciou na Asemblea Nacional a decisión de ampliar o exercicio do traballo por conta propia, e utilizalo como unha alternativa máis de emprego para os traballadores que queden dispoñibles logo do proceso de redución de equipos inflados que deberá asumir o país. Na reunión parlamentaria coñeceuse, ademais, que se eliminarían varias das prohibicións vixentes para o outorgamento de novas licenzas e a comercialización dalgúns produtos, ademais de flexibilizar a posibilidade de contratar forza de traballo en determinadas actividades. Seguir lendo Novas normas para regular o traballo dos autónomos

Máis personalidades de todo o mundo reclaman a liberdade de Os Cinco

Iroel Sánchez – La pupila insomne.

Celebridades e eminencias de todo o mundo expresan o seu apoio aos Cinco anti-terroristas cubanos presos nos Estados Unidos. Endosando a carta dirixida por un coro de notábeis norteamericanos ao presidente Obama, estas novas personalidades erguen a súa voz para que remate a tortura dos Cinco.

“Pedímoslle que despois de revisar os feitos deste caso e tomar en consideración o longo tempo pasado por estes homes na cadea, outorgue aos Cinco Cubanos unha Clemencia Executiva para poideren regresar ao seu país, aos seus fogares e as súas familias,” reza a misiva avalada pola escritora Alice Walker e a súa conterránea a ex congresista estadounidense Cynthia MacKinney e máis por nomes do mundo a representación coma os actores Danny Glover, Martin Sheen, Susan Sarandon, Sean Penn e Benicio del Toro; os directores de cinema Oliver Stone e Michael Moore, os músicos borincanos Olga Tañón, Andy Montañés e Calle 13 amais de Miguel Bosé e Willy Toledo. Seguir lendo Máis personalidades de todo o mundo reclaman a liberdade de Os Cinco

Silvio Rodríguez: “O Goberno Revolucionario foi o mellor da nosa Historia”

Silvio Rodríguez

Coido que a Revolución Cubana dignificou o noso país e dignificou os cubanos. O Goberno Revolucionario foi o mellor goberno da nosa Historia.

Si. Antes da Revolución, A Habana estaba máis pintureira, os pavimentos non tiñan fochas nin bulleiros e podiamos camiñar rúas e rúas de tendas cheas e iluminadas. Mais quen podía comprar nelas? E quen podía camiñar con verdadeira liberdade por aquelas rúas?
Por suposto, os que tiñan “con que” nos seus petos. Os demais, a embazar vidreiras e a soñar, como a miña nai, como a nosa familia, como a maioría das familias cubanas. Seguir lendo Silvio Rodríguez: “O Goberno Revolucionario foi o mellor da nosa Historia”

Cuba e a retórica dos dereitos humanos

O profesor Salim Lamrani analiza a campaña contra Cuba.

O especialista francés nas relacións entre Cuba e os Estados Unidos de América Salim Lamrani, desvela neste artigo en dúas partes a doble moral dos países occidentais ao tratar o tema dos dereitos humanos, en concreto no caso de Cuba, revelando como os devanditos estados teñen casos de violacións deses dereitos tanto ou máis graves que os que lle imputan a aquel país. Tamén comenta o autor que os medios de comunicación son cómplices desta campaña, ao destacar de forma desproporcionada como noticia asuntos que de sucederen en calquera outro país nin se mencionarían, coa única intención de estigmatizar e condenar a Cuba. Seguir lendo Cuba e a retórica dos dereitos humanos

A liberación de presos: unha vitoria silenciosa da Revolución cubana

Enrique Ubieta (“La Isla Desconocida”)

O Arcebispado da Habana ven de facer pública a decisión do Goberno cubano de liberar a medio prazo 52 contrarrevolucionarios detidos e xulgados en 2003, coa precisión de que cinco deles serán excarcerados decontado. Como resultado dos contactos entre o Goberno e o Cardeal Jaime Ortega, Arcebispo de La Habana e Monseñor Dionisio García Ibáñez, presidente da Conferencia de Bispos Católicos de Cuba, fora liberado xa, por motivos de saúde, outro dos sancionados.

O sistema de prisións de Cuba contempla a licenza extrapenal para os sancionados que -con independencia do motivo do seu delito–, presenten problemas de saúde incompatibeis co rexime carcerario. Dende o ano 2004, beneficiáranse desa política outros 21 contrarrevolucionarios da mesma causa xudicial; catro deles viaxaron a España coas súas familias, como parte dun acordo co Goberno español. Seguir lendo A liberación de presos: unha vitoria silenciosa da Revolución cubana

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook