DEFENDENDO A CUBA DEFENDÉMONOS

A manipulación informativa sobre Cuba

Belén Gopegui

Non hai razón nin principio nin argumento posible con que defender o bloqueo a Cuba dos Estados Unidos e de todas as empresas, situadas en distintos países do mundo, vinculadas economicamente a empresas dos Estados Unidos.

O bloqueo non é unha mera sanción económica abstracta senón que detrás do bloqueo, como sempre ocorre na Seguir lendo DEFENDENDO A CUBA DEFENDÉMONOS

UN DOCUMENTO INSULTANTE

Néstor García Iturbe

No mes de Maio do ano actual, o grupo de traballo estadounidense “Council on Foreign Relations” publicou un documento titulado “Relacións Estados Unidos-América Latina. Unha nova dirección para unha nova realidade.”

Este documento pretende ser unha guía de como debe conducir a política exterior cara a América Latina a nova administración que asuma o goberno de Estados Unidos como resultado das eleccións presidenciais. Seguir lendo UN DOCUMENTO INSULTANTE

RELACIÓNS CIENTÍFICAS CUBA-EE.UU.

 Michael T. Clegg e Sergio Jorge Pastrana

Nuns poucos anos, as dúas academias nacionais de ciencias máis antigas do mundo fóra de Europa- as dos Estados Unidos e Cuba- celebrarán o seu aniversario 150. No entanto, malia a proximidade de ambas nacións e de moitos intereses científicos comúns, o embargo estadounidense sobre os intercambios con Cuba, que comezou desde 1961 e actualmente baséase na lei Helms-Burton de 1996 e regulacións subseguintes, bloqueou en gran medida os intercambios científicos. Seguir lendo RELACIÓNS CIENTÍFICAS CUBA-EE.UU.

MÁIS DATOS DA EDUCACIÓN CUBANA

Comparación entre datos da infancia no mundo e en Cuba.

CUBA, UN CASO MOI RARO. (II E FINAL)

En Cuba reciben educación especializada e gratuíta, máis de 170 000 persoas discapacitadas.

Na 48 Conferencia Mundial de Educación auspiciada pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), que acaba de concluír en Xenebra,Cuba mostrou máis dunha das súas rarezas antes os máis de 1 400 participantes de todo o mundo. O lema central deste evento foi: “Educación inclusiva: o camiño cara ao futuro”. Seguir lendo MÁIS DATOS DA EDUCACIÓN CUBANA

A INFANCIA EN CUBA

Datos da infancia no mundo que contrastan coas cifras da realidade cubana.

CUBA, UN CASO MOI RARO (I) por Roberto do Val Menéndez

No mundo máis de 300 000 nenos e nenas participan de conflitos armados, mentres millóns non teñen nin mestres, nin escolas.

Cando este venres as axencias internacionais de prensa reportaban o fin da 48 Conferencia Mundial de Educación auspiciada pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), efectuada en Xenebra, pensei no raro que debe ser para Cuba promesas e proxeccións que aquí xa son realidades.

Os máis de 1 400 delegados gobernamentais, de organizacións e institucións internacionais, así como expertos de 153 países, coincidiron en sinalar que a actual crise financeira internacional, globalizada desde os Estados Unidos, non pode ser causa para afectar os fondos económicos destinados á Educación, e menos para as nacións pobres, “os menos responsables da situación”.

Non faltou nas sesións de traballo o interese porque os discapacitados nos países pobres teñan fácil acceso á educación, así como os millóns de nenos e nenas máis humildes do mundo.

Tamén no evento houbo esixencia por facer realidade o que se coincidiu en chamar “educación inclusiva”, é dicir, a posibilidade de toda persoa, sen importar filiación política, relixiosa, filosófica, étnica, de raza ou sexo non sexa rexeitada para recibir educación desde a infancia ata poder desenvolver todas as súas potencialidades, sen excluír “nenos con minusvalías físicas ou mentais, emigrantes, nenos da rúa e vítimas da violencia”.

A UNESCO recoñeceu que actualmente uns 75 millóns de nenos non asisten ás escolas, dos cales máis da metade son criaturas, un terzo sofre de minusvalía, viven en estado de marxinación ou forman parte dos 300 000 que participan activamente de conflitos armados.

Caso raro o de Cuba, pois ningún deles, absolutamente ningún deses casos, é unha nena ou neno cubano.

(Continuará…)

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook