A consulta popular da nova constitución de Cuba comezará 13 de agosto

Prensa Latina – Terra Sen Amos

 A Asemblea do Poder Popular de Cuba aprobou o texto da nova constitución que será sometido a consulta popular a partir do 13 de agosto e até o 15 de novembro do presente ano. O borrador da nova Constitución acrecenta aspectos referentes aos dereitos civis e ás legalizacións instituidas de feito pola Reforma Económica que xa foi sancionada en todas as instancias do pais, nun exercicio de dereito civil sen precedentes en todo o mundo pola integralidade do debate. A proposta de nova carta magna, foi refrendada pola Asemblea depois do debatir o extenso indice no primeiro periodo de sesións da IX Lexislatura. O presidente Diaz-Canel dixo que se trataba dunha abenzoada oportunidade para debatir os intereses nacionais de Cuba, precisamente no150 aniversario das Guerras de Independencia da illa.

O presidente Diaz-Canel recoñeceu o labor da comisión encargada de redixir a nova constitución, que foi presidida por Raúl Castro. Vista da Asemblea durante o debate, con Raúl Castro na banca da esquerda.

Seguir lendo A consulta popular da nova constitución de Cuba comezará 13 de agosto

O dominio capitalista da información ocupa os debates do XXIV Foro de São Paulo

Cubadebate – Habana

O dominio do capital privado sobre os medios, a mediatización da política por mor dos grupos de presión, as políticas de comunicación como sistema de censura e a importancia da dereita nas redes de Internet, ocuparon os primeiros debates do XXIV Foro de São Paulo reunido na Habana. No obradoiro de Medios de Comunicación, Raúl Garcés, profesor de comunicación da universidade da Habana, dixo que o poder non se pode criticar só en termos económicos e políticos senón tamén, polo protagonismo do poder simbólico que está a determinar a configuración dos gobernos e dos sistemas políticos nas sociedades contemporáneas.

O Foro pediu a liberdade para Lula, secuestrado por orde do FMI.

Seguir lendo O dominio capitalista da información ocupa os debates do XXIV Foro de São Paulo

“Con criatividade revolucionária, o xornalismo cubano pode vencer nos novos media” (Diaz-Canel no congreso da Unión de Periodistas)

Cubadebate – (Resumo e edición de Terra Sen Amos)

O xornalismo cubano pode vencer nos novos espazos mediáticos, traballando sen temores, creativamente, á ofensiva, con talento e criatividade revolucionária para superar as vantaxes tecnolóxicas das plataformas colonizadoras, propuxo Diaz-Canel na clausura do X Congreso da Unión de Periodistas de Cuba. O presidente de Cuba veu dicer que con máis de medio século de experiéncia anti-imperialista, o socialismo pode contestar a ofensiva privatizadora e denunciar a falsidade dun xornalismo invasivo que se presenta coma opción de esquerda mália estar pagado polo capital.

Ricardo Ronquillo, novo presidente da UPEC, a beira de compañeiros e compañeiras da directiva recén electa: Rosa Miriam Elizalde, Raúl Garcés, Ariel Terrero e Jorge Legañoa (Foto de Ladyirene Pérez/Cubadebate)

Seguir lendo “Con criatividade revolucionária, o xornalismo cubano pode vencer nos novos media” (Diaz-Canel no congreso da Unión de Periodistas)

A Fundación Konrad Adenauer conspira contra Cuba con cartos dos EUA

Albino Presedo – Mexico DF

A Fundación Konrad Adenauer ( Konrad Adenauer Stiftung, ou KAS) quere intervir no goberno de Cuba, sen que lle preocupe contar coa opinión do pobo cubano. Non se sabe quen lle conferiu autoridade e esta fundación rexistrada en Alemaña e colaboradora da National Endowment of Democracy (NED), instituida por Ronald Reagan para operaciones ocultas da CIA. A KAS identifícase como “fundación política independiente”, mália recoñecer o seu compromiso coa Democracia Cristiana, e asegura ser “non gobernamental“ o que non se corresponde cun orzamento anual de máis de 100 millóns de Euros que proceden do goberno federal, ao que rende contas.

A Fundación Konrad Adenauer recibe cartos dos que bloquean Cuba e assegura que o seu obxectivo é mellorar a vida da illa.

Seguir lendo A Fundación Konrad Adenauer conspira contra Cuba con cartos dos EUA

A familia Castro de Láncara, cede a casa do pai de Fidel e Raul a asociación local de Solidariedade con Cuba

Silvia Ramón – Terra Sen Amos (Lugo)

A familia Castro de Láncara, cedeu a casa na que nacera Ánxo Castro Arxiz, pai de Fidel e Raúl, na parroquia de Armea, á asociación local de Amizade e Solidariedade con Cuba, que ten o proxecto de constituir no solar dos Castro unha casa-museo que honre o herdo da Revolución Cubana,  serva de canle para informar sobre o invaluábel património cultural e político da Cuba actual e ao mesmo tempo cumpra unha función de arquivo da grande emigración americana de Galiza e en particular das biografias de nacidos en Láncara e da súa descendencia que fixeran historia en todo o Caribe e especialmente en Cuba.

Familiares de Anxo Castro cederon ante notario a casa de Armea a Asociaciacion de Solidariedade con Cuba

Seguir lendo A familia Castro de Láncara, cede a casa do pai de Fidel e Raul a asociación local de Solidariedade con Cuba

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook