EUA volve pintar Cuba e Venezuela de ameaza para os direitos humanos, no Cume das Américas

Terrasenamos – Cubadebate

O vicepresidente dos EUA entrou dacabalo no Cume das Américas e deitou contra Cuba e Venezuela un pesado volume de reclamacións e insultos tan vellos coma a doutrina Monroe (1823) O ministro de Estado de Cuba, recordou ao representante dos EUA que mal podia falar de legalidade nun continente que resiste armas e mercenários chegados do norte do Estreito da Florida até onde chega a memoria. Bruno Rodríguez Parrilla concretou os agravios recibidos  por Cuba nos últimos 100 anos do goberno dos EUA: crimes, violación dos dereitos humanos e a dignidade, promoción do despotismo e a ditadura. Unha lista na que salientan o Bloqueo, a sabotaxe e a agresión armada contra Cuba; o cerco contra Venezuela, a promoción de gobernos reaccionarios en todo o continente, a Operación Cóndor ou o criminal golpe de Estado en Chile. A seguir reproducimos integramente a intervención do representante de Cuba.

A axuda dos EUA promoveu arreo o terrorismo en Latinoamérica, o que non lle pesa ao vicepresidente Pence para acusar a Cuba e Venezula de inimigos públicos dos dereitos humanos.

Seguir lendo EUA volve pintar Cuba e Venezuela de ameaza para os direitos humanos, no Cume das Américas

Censura na prensa privada e delincuéncia pública no Estado de Dereito

Iroel Sánchez – Al Mayadeen (Edición de Terra Sen Amos)

O xornalista cubano Iroel Sánchez, trata no medio Al Mayadeen da situación das liberdades naqueles Estados que se conforman seguindo os consellos dos paises colonialistas non arrependidos, e atopa unha realidade que non se parece a descrita na propaganda global dominante. O responsábel do medio La Pupila Insomne, o criterio dixital cubano máis prezado dentro e fóra da illa, denuncia medios privados que falsean situacións obxectivas non comparábeis co propósito de salientar problemas en Cuba e refírese en concreto ás diferenzas entre a economia do Viet Nam actual e a cubana, a conta da teimosa recomendación da dereita de os cubanos seguiren  o rego do pais asiático.

A prensa privada silencia a farta reserva de gas e petróleo de Viet Nam, e a súa deficiente asistencia social cando se trata de comparar a súa economia rebordante coa de Cuba sen recursos.

Seguir lendo Censura na prensa privada e delincuéncia pública no Estado de Dereito

“Latinoamérica é un continente en loita e o futuro é dos pobos” (Farruco Sesto Novás)

Poeta galego e ministro en varios gobernos de Hugo Chávez, Farruco Sesto fala de Venezuela e Cuba nunha entrevista con X.M. Piñeiro para o diario dixital Sermos Galiza, publicada 1 de abril. Nun mundo que desafia a verdade e reverencia a acumulación a calquer prezo, Sesto é fiel ao soño da igualdade, a xustiza e o amor representados polas revolucións cubana e bolivariana e comentando a recente homenaxe ao Che en Compostela, recorda a figura do Guerrilleiro como exponente máximo de xenerosidade e entrega, exemplo vivo para un continente no que a división de clase é a cada máis evidente. A seguir, reproducimos integramente a conversa.

Foto de C.L., Sermos Galiza

Seguir lendo “Latinoamérica é un continente en loita e o futuro é dos pobos” (Farruco Sesto Novás)

O Encontro de Solidariedade Continental coincidirá en Lima co Cume dos Pobos, do 10 ao 14 de abril

O Comando Nacional Unitario de Lucha (CNUL-CGTP), o movemento popular, sindical, redes e plataformas civís, pobos indíxenas, o movemento feminista, a mocidade organizada, partidos políticos e movementos sociais peruanos reunidos como Comité Organizador, convocan a todas as organizacións irmás á celebración do Cume dos Pobos e ao Encontro de Solidariedade Continental pola Unidade Latinoamericana e Caribeña, os días 10, 11, 12, 13 e 14 de abril de 2018 en Lima, Perú, baixo o lema: Pola articulación social da nosa América.

Seguir lendo O Encontro de Solidariedade Continental coincidirá en Lima co Cume dos Pobos, do 10 ao 14 de abril

A Homenaxe Nacional ao Che, dá cabo a cinco meses de difusión e honra do seu legado

Rosalia Naveira – Compostela

 Lóstregos dun noticiario en branco en negro de hai 50 anos sobre o foro esquerdo do Teatro Principal de Santiago: o sorriso do Che, de faciana pálida, mirada intensa, camisa aberta, tan diferentes da imaxe dixital. Sobre a figura de Guevara ven a música, a poesia e os discursos da Homenaxe Nacional ao guerrilleiro en Compostela ao se cumprir medio século da súa caida en combate. O Comité Galego de Homenaxe ao Che Guevara, constituido fins de xullo pasado (entre BNG, UPG, MGS, FOGA, PCPG, CIG, Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez (AGABO) e Asociación de Solidariedade Galego-Cubana Francisco Villamil) asumia a proposta internacional de lembranza do heroe, lanzada por Evo Morales. Un programa de cinco meses de debates abertos, proxeccións e faladoiros, remata no encontro de Compostela.

Na mesa de son e luces da Homenaxe, dous voluntarios da “Francisco Villamil”: Alberto López Martinez e Xosé Manuel Viqueira Sende. (Foto cedida por Merchi Santiago)

Seguir lendo A Homenaxe Nacional ao Che, dá cabo a cinco meses de difusión e honra do seu legado

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook