A Asemblea da ONU aplaude a Cuba nunha nova sesión de crítica mundial ao bloqueo

Información de Granma e axencias

O ministro de Estado de Cuba, Bruno Rodríguez Parrilla, recordou perante a Asemblea Xeral da ONU a irrenunciabel vocación soberana de Cuba, e recusou con enerxía a soberbia imperialista empregada no foro por Nicky Haley, embaixadora de EUA nas Nacións Unidas, para se referir ao Estado Cubano e ao seu Goberno. O ministro denunciou o proceder inmoral de Trump ao defender un bloqueo, que non nacera no 62 pois non deixa de ser unha manifestación contemporánea da cobiza histórica dos EUA sobre Cuba. Só EUA e e o Estado de Israel defenderon co seu voto o cerco ilegal a Cuba.

Caricatura de Martirena (diario Granma)

Seguir lendo A Asemblea da ONU aplaude a Cuba nunha nova sesión de crítica mundial ao bloqueo

Os mesmos que acusan a Cuba e Venezuela de censurar, celebran a incautación de TV3 e Catalunya Radio

Ivana Belén Ruiz – José Manzaneda, Cubainformación TV.

Os grupos mediáticos do capital no Estado Español celebran a intervención policial de TV3 e Catalunya Radio, medios públicos cataláns. Os media gobernados polos grupos económicos dominantes, incluidas as emisoras públicas de base radial en Madrid, denuncian ao mesmo tempo que a información en Cuba e Venezuela carece de liberdade, mais eses mesmos medios aseguran que o embargo dos medios públicos cataláns polo goberno de Madrid ten por obxectivo asegurar a pluralidade informativa.

Traballadoras de TV3 analisan en asemblea a intervención da emisora polo goberno español.

Seguir lendo Os mesmos que acusan a Cuba e Venezuela de censurar, celebran a incautación de TV3 e Catalunya Radio

A vixencia do pensamento do Che, recoñecida na homenaxe celebrada en Madrid no seu 50 aniversario

Terra Sen Amos – Redacción

Revolución, Imperialismo e Ser Humano son os tres motivos plenamente vixentes na obra e o pensamento do Che que salientan as organizacións participantes na Homenaxe ao guerrilleiro no 50 aniversario do seu asasinato, celebrado en Madrid os días 7 e 8 de outubro. A seguinte declaración foi o resultado dos obradoiros e debates convocados en recordo de Guevara.

Os obradoiros e debates celebrados en Madrid en lembraza do Che, salientan a vixencia do seu pensamento.

Seguir lendo A vixencia do pensamento do Che, recoñecida na homenaxe celebrada en Madrid no seu 50 aniversario

Até sempre, comandante Che Guevara!

“Por que será que o Che ten este perigoso costume de seguir nacendo –pregunta Eduardo Galeano- Máis o aldraxan, máis o traizoan, e máis nace”.

Terra Sen Amos – Redacción

Raúl Castro foi a Santa Clara para lembrar ao Che no 50 aniversario da caída en combate do guerrilleiro e os seus compañeiros, e o vicepresidente, Miguel Díaz-Canel, dixo que a histórica praza e memorial era coma un espello para todas as persoas que cren, aspiran e loitan por un mundo mellor e que a figura de Guevara ten o poder de multiplicar vontades para un futuro que é da esquerda. No seu discurso, dixo que Guevara morrera en combate, sen se render, depois dunha resistencia heroica, ferido e desarmado. “Os que o prenderam non consideraran o decoro da súa biografia revolucionária e asasinárono con vileza, mais daqueles asasino a historia só lembra a súa cobardia e pola contra, o exemplo colosal do Che perdura e multiplícase a diario”.
Seguir lendo Até sempre, comandante Che Guevara!

Cuba precisa da nosa solidariedade tralo paso do furacán Irma

Cuba, o país máis solidario do mundo, o que axudou a liberar pobos, o que chega primeiro ante desastres naturais, o que despraza brigadas médicas e de ensino, o que devolve a vista a millóns de persoas operándolle os ollos no seu propio país, o que alfabetiza persoas adultas por todo o mundo grazas ao seu método Yo si puedo, o que investiga para descubrir vacinas… Ese país, ese pobo, precisa hoxe da nosa axuda tralo paso do furacán Irma, que deixou un regueiro de destrución de infraestruturas e vivendas, especialmente na costa norte da illa. Cuba ten arestora carencia de maquinaria, ferramentas e materiais para a reconstrución.

Axuda ingresando a túa contribución na conta aberta pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil

IBAN ES37 2080 0343 0930 4001 0605
Cuba bloqueada polos EUA, ten por diante un caro, complexo, e traballoso plano de reconstrucción, depois do Irma.

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook