A vixencia do pensamento do Che, recoñecida na homenaxe celebrada en Madrid no seu 50 aniversario

Terra Sen Amos – Redacción

Revolución, Imperialismo e Ser Humano son os tres motivos plenamente vixentes na obra e o pensamento do Che que salientan as organizacións participantes na Homenaxe ao guerrilleiro no 50 aniversario do seu asasinato, celebrado en Madrid os días 7 e 8 de outubro. A seguinte declaración foi o resultado dos obradoiros e debates convocados en recordo de Guevara.

Os obradoiros e debates celebrados en Madrid en lembraza do Che, salientan a vixencia do seu pensamento.

Seguir lendo A vixencia do pensamento do Che, recoñecida na homenaxe celebrada en Madrid no seu 50 aniversario

Até sempre, comandante Che Guevara!

“Por que será que o Che ten este perigoso costume de seguir nacendo –pregunta Eduardo Galeano- Máis o aldraxan, máis o traizoan, e máis nace”.

Terra Sen Amos – Redacción

Raúl Castro foi a Santa Clara para lembrar ao Che no 50 aniversario da caída en combate do guerrilleiro e os seus compañeiros, e o vicepresidente, Miguel Díaz-Canel, dixo que a histórica praza e memorial era coma un espello para todas as persoas que cren, aspiran e loitan por un mundo mellor e que a figura de Guevara ten o poder de multiplicar vontades para un futuro que é da esquerda. No seu discurso, dixo que Guevara morrera en combate, sen se render, depois dunha resistencia heroica, ferido e desarmado. “Os que o prenderam non consideraran o decoro da súa biografia revolucionária e asasinárono con vileza, mais daqueles asasino a historia só lembra a súa cobardia e pola contra, o exemplo colosal do Che perdura e multiplícase a diario”.
Seguir lendo Até sempre, comandante Che Guevara!

Cuba precisa da nosa solidariedade tralo paso do furacán Irma

Cuba, o país máis solidario do mundo, o que axudou a liberar pobos, o que chega primeiro ante desastres naturais, o que despraza brigadas médicas e de ensino, o que devolve a vista a millóns de persoas operándolle os ollos no seu propio país, o que alfabetiza persoas adultas por todo o mundo grazas ao seu método Yo si puedo, o que investiga para descubrir vacinas… Ese país, ese pobo, precisa hoxe da nosa axuda tralo paso do furacán Irma, que deixou un regueiro de destrución de infraestruturas e vivendas, especialmente na costa norte da illa. Cuba ten arestora carencia de maquinaria, ferramentas e materiais para a reconstrución.

Axuda ingresando a túa contribución na conta aberta pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil

IBAN ES37 2080 0343 0930 4001 0605
Cuba bloqueada polos EUA, ten por diante un caro, complexo, e traballoso plano de reconstrucción, depois do Irma.

Homenaxe ao Che na Libraria Pedreira de Compostela

Terra Sen Amos

Celebrouse venres 6 na Libraria Pedreira (rúa do Home Santo 55, en Compostela) a primeira palestra en homenaxe ao Ché, ao se cumpriren 50 anos do seu asasinato en Vallegrande (Bolivia) Susana Méndez Rodriguez da CIG, en representación do Comité Nacional Galego de Homenaxe ao Che Guevara, referiuse ao valor actual da biografia e textos do guerrilleiro e presentou a  Valentin Alvite, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil. 

A Libraria Pedraira nun momento da homenaxeao Che.

Seguir lendo Homenaxe ao Che na Libraria Pedreira de Compostela

América Latina relanza dende Bolivia o desafio dunha nova Orde Informativa Internacional

Terra Sen Amos – Cubadebate

Dende a Bolivia da ALBA, xornalistas latinoamericanos recuperan a proposta dunha Nova Orde Mundial da Información que recolla a vontade anti-imperialista do continente e permita contrarrestar a diaria manipulación dos medios do capital. A proposta recorda outra de 1980, na que colaboraran partidos de esquerda de todo o mundo e intelectuais coma Armand Matterlart, Herbert Schiller ou Ignacio Ramonet, para fundar unha Nova Orde Mundial da Información e a Comunicación, a NOMIC. A cuestión se debatírase na UNESCO, onde o premio Nobel da Paz Sean McBride elaboróu un célebre informe ainda vixente, combatido e postergado polos intereses do capital. É significativo que a iniciativa  nomeadamente francesa de 1980, reapareza nesta hora en A Paz e Santa Cruz, entre o silenzo de todos os que no hemisferio norte viviran afervoadamente o primeiro nacimento da OMIC.

Chamada a unha renovada NOMIC dende A Paz e Santa Cruz.


Seguir lendo América Latina relanza dende Bolivia o desafio dunha nova Orde Informativa Internacional

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook