América Latina relanza dende Bolivia o desafio dunha nova Orde Informativa Internacional

Terra Sen Amos – Cubadebate

Dende a Bolivia da ALBA, xornalistas latinoamericanos recuperan a proposta dunha Nova Orde Mundial da Información que recolla a vontade anti-imperialista do continente e permita contrarrestar a diaria manipulación dos medios do capital. A proposta recorda outra de 1980, na que colaboraran partidos de esquerda de todo o mundo e intelectuais coma Armand Matterlart, Herbert Schiller ou Ignacio Ramonet, para fundar unha Nova Orde Mundial da Información e a Comunicación, a NOMIC. A cuestión se debatírase na UNESCO, onde o premio Nobel da Paz Sean McBride elaboróu un célebre informe ainda vixente, combatido e postergado polos intereses do capital. É significativo que a iniciativa  nomeadamente francesa de 1980, reapareza nesta hora en A Paz e Santa Cruz, entre o silenzo de todos os que no hemisferio norte viviran afervoadamente o primeiro nacimento da OMIC.

Chamada a unha renovada NOMIC dende A Paz e Santa Cruz.


Seguir lendo América Latina relanza dende Bolivia o desafio dunha nova Orde Informativa Internacional

O banco holandés ING négase, en nome do Bloqueo, a facer unha transferencia a Cuba de 60.000€

Rebelión.org – Terra Sen Amos

Invocando o Bloqueo, o banco holandés ING négase a facer unha transferencia a Cuba de 60.000€. O diñeiro procede da solidariedade alemana para socorro dos prexudicados polo  furacán Irma. A Asociación de Amizade RFA-Cuba, denuncia dende Colonia o oportunista sometemento da institución financeira neerlandesa ás normas ilegais dos EUA, dirixidas a aillar e empobrecer Cuba, mesmo en circunstancias de emerxéncia humanitária.

Cedendo ás ameazas de EUA, a firma Phillips negárase en 2014 a fornecer repostos das máquinas de diagnóstico axial vendidas a Cuba.

Seguir lendo O banco holandés ING négase, en nome do Bloqueo, a facer unha transferencia a Cuba de 60.000€

Irma en España

Xurxo Martiz Crespo – Sermos Galiza

Hai dous cadriños de Castelao que, de cando, en vez desembarcan na miña memoria: o do velorio da única vaca da familia labrega e o da familia burguesa chorando a morte do seu caniche Fifi. A imaxe de ambos os velorios, contrapostas, resúmoa coma aquelas viñetas que dicían «sen palabras»… tire vostede as súas conclusións. Este día á noite vía nas noticias as imaxes da poboación habaneira, despois do paso do furacán Irma, bailando nas rúas anegadas da Habana vieja. Un gordo e unha gorda, un travesti, outro gordo cun puro na boca, todos coa auga polo van, bailando, saudando, facendo acenos coa man para uniren outros  á pachanga.

Imaxe do Malecón da Habana tralo paso do Irma.

Seguir lendo Irma en España

As sancións de EUA contra Cuba: outro furacán

Iroel Sánchez – Cubadebate *

O furacán Irma golpeou Cuba arreo. O carácter simultáneo dos danos en case todo o país vai facer ainda máis dificil a recuperación e requirirá da cidadanía e das autoridades un esforzo superior aos de ocasións denanteriores. As imaxes dos danos percorreron o mundo enteiro e até gobernos nas antípodas ideolóxicas da Revolución cubana, coma os de México, Arxentina ou Colombia, expresaron a súa solidariedade e disposición a colaborar. Da parte de Washington non houbo silencio, mais as palabras non foron de axuda senón de ameaza. Mentres os ventos de Irma zoaban sobre Cuba, o goberno de Donald Trump reafirmou a aplicación á Illa da Lei de Comercio co Inimigo de 2017 (Trading with the Enemy Act) na que se sustenta o Bloqueo económico e político aplicado dende hai case sesenta anos. Pode a Oficina de Control de Activos Estranxeiros (OFAC) dos EUA anunciar no mes que andamos a aplicación de sancións contra a economía cubana que Trump prometera en Miami o pasado 16 de xuño, diante dun público conformado polo cúmio da contra-revolución acubillada nesa cidade.

As vagas entraron 250 metros na beiramar norte da Habana. A imaxe dá conta do castigo das ondas no Malecón. (Cubadebate)

Seguir lendo As sancións de EUA contra Cuba: outro furacán

O Banco Financiero Internacional cubano abre unha conta para doazóns solidarias tralo paso do Irma

Terra Sen Amos

Ofertas de axuda de todo o mundo para colaborar no labor de reparación dos danos causados polo furacán Irma, decidiron ao goberno da Habana a abrir unha conta específica para doazóns en moeda convertibel. A conta está identificada co título HURACAN-DONACIONES, na sucursal do Banco Financiero Internacional situada no enderezo Calle 18 entre 1ra y 3ra, no municipio Playa da Habana. O número da conta é 0300000004978829. No entanto, dos catro recantos do mundo, chegan a Cuba ofrerecimentos solidarios, dende a primeira declaración de Rusia, interesada en aumentar os seus investimentos en Cuba, até o envio de material de emerxencia para reconstruir vivendas arrasadas polo temporal, da República Bolivariana de Venezuela e de Nicaragua. No resto de Latinoamérica, a reacción solidaria foi xeral, con declaracións que ultrapasan os oferecimentos materiais, coma a do presidente Varela de Panamá que fala da débeda moral do seu pais e de toda América con Cuba. En Asia sobrancea un importante envio  urxente da Corporación de Comercio e Investimentos do Vietnam e en Sudáfrica, a intensa campaña da Asociación de Amigos de Cuba. O paso letal do Irma renova a aclamación da Asemblea Xeral da Onu a prol de Cuba e contra o abuso e a inxerencia, coma a que nun mal paso ven de renovar o presidente Trump, horas antes de o furacán desbaldar Cuba e a seguir A Florida.  

Cartaz difundido polo goberno de Cuba para anunciar a apertura da conta solidaria.

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook