Palabras de apoio aos Cinco nas manifestacións do Dia da Patria Galega

A Asociacion de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil campou un cartaz de sete metros co lema “Liberdade para Os Cinco” nas dúas manifestacións que ocuparon as rúas de Santiago durante a mañá do 25 de Xullo.

As formacións políticas que participaban nos desfiles reaxiron diante do recordatorio gráfico dos Cinco Herois Cubanos con expresións de solidariedade. “Cuba sí, Ianquis non”, “Liberdade para os Cinco”, “Raúl, amigo, o povo está contigo” e “Cuba vencerá” foron os máis coreados.

Palabras de apoio aos Cinco nas manifestacións do Dia da Patria GalegaA “Francisco Villamil” distribuiu entre os manifestantes máis de cinco mil volantinas nas que se denunciaba a tortura inflinxida polo goberno norteamericano a Antonio Guerrero, Fernando González, Gerardo Hernández, Ramón Labañino e René González, presos en celas de castigo en 1998 por térense infiltrado nos grupos terroristas de Miami que cos seus ataques causaron a morte de 3.478 cidadás cubanos dende 1959. “O Caso dos Cinco -recorda o texto difundido pola “Francisco Villamil”- é a ilustración perfecta do carácter crudel e inhumano da política dos Estados Unidos que se nega a aceptar unha Cuba soberana e independente. O ensañamento contra os cinco é unha vinganza contra Cuba por se negar a seguir as ordes da Casa Branca dende 1959″.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará