“Para entender Cuba, compre identificar o mal que nos fai o inxusto bloqueo” (Diaz Canel a Felipe VI)

Rosa Lemos- Terra Sen Amos- Habana

Sen valorarmos a a terribel condena do bloqueo, mal se entenderán  as dificultades e as arelas de Cuba, recordou Diaz Canel a Felipe VI na primeira visita dun xefe de Estado español á que fóra a máis prezada provincia colonial que só na agonia da derradeira da guerra houbera de atinxir un estatuto de autonomia frustrado. Nunha réplica cortés dominada por referencias ao común acervo, Felipe VI só excitou a atención dos comensais cando, facendo un silenzo dramático e erguendo a voz, recordóu que só mediante o contraste democrático é posibel atopar solución aos problemas sociais, proposta notábel para un pais que elixe por votación popular o seu sistema de goberno e cargos locais e que ven de refrendar a súa nova constitución por maioria. A sanción provén dun xefe do Estado que nunca foi votado, reproba o dereito universal do referendo e nin admite que o CIS compulse o degrao de aceptación da institución monárquica.

Mentres os reis visitaban Habana, o presidente de Cuba, viaxaba a província de Guantánamo (a máis oriental da illa) para reunións de traballo que comezaron no concello de Caimanera (foto de Granma).

Tendo en conta que o obxectivo principal  da visita do Rei é a defensa de empresas procedentes do Levante español na industria hoteleira estatal cubana, de a pouco ameazadas pola aplicación do título III da Lei Helms-Burton (que desafia as nacionalizacións regularizadas do Estado de Cuba) o moralismo democrático de Felipe VI parece máis ben dirixido a súa propria parroquia mar por medio. De feito, poucas horas depois, o ministro Borrell cualificou perante a prensa de abuso de poder a lei Helms-Burton contra emprendimentos en Cuba.

Cuba goberna as súas relacións internacionais dende principios de solidariedade, independencia e respecto mutuo, como ben se pode seguir na discreción do seu ministerio de Estado a conta dos problemas da administración de xustiza da vella metrópole ao tratar coa UE. A activa axenda do presidente de Cuba levábao a unha asemblea local a Guantánamo só dúas horas depois da  intervención de Felipe VI.De feito, na véspera  da visita real, Diaz Canel, Raul Castro, Nicolás Maduro e outros xefes de goberno celebraban en Habana o Encontro Antiimperialista de Solidariedade, pela Democracia e contra o Neoliberalismo na que o presidente cubano salientaba o éxito do presidente democrático de Venezuela no cumio dos Paises non Alinhados no Azerbaixán. “Onde estava a censura da comunidade internacional à Venezuela? –preguntou Diaz Canel- Por que non puidemos ver, nos gobernos que representam a maioria absoluta das Nacións Unidas, nin un aceno de crítica ao goberno bolivariano? Porén, como parte da guerra de símbolos e de linchamento lanzado contra Maduro, os medios da metade do planeta proclaman que o presidente de Venezuela é recusado en todo o mundo”.

Recordando o regreso do ministro de Estado de Rajoy en taxi ao aeroporto da Habana, na fúnebre visita oficial de novembro de 2014, depois de García Margallo cair na tentación inxenua de recomendar a Cuba unha transición pacífica á democracia, a Casa Real tivo finalmente o raro privilexio dunha entrevista derradeira co secretario do Partido Comunista e heroe da Revolución, Raúl Castro. Breve encontro que mereceu titulares durísmos contra o monarca na prensa do Sindicato del Crimen.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *