Parabéns de Fidel a Maduro polo seu discurso na noite das eleccións

Terra Sen Amos – Redacción.

Fidel Castro suma seus parabéns aos que procedentes de todo o mundo honraran o discurso de Nicolás Maduro na noite das eleccións: “Únome aos que celebraran o teu brillante e valente discurso na noite do 6 de decembro, apenas coñecido o veredicto dos votos”. O Líder da Revolución sitúa no nível máis alto de gloria política dun revolucionario ao Libertador de América, Simón Bolívar “un nome que xa non pertence só a ese país irmán senón que é património de todos os povos de América”. Comprendeuno ben “Hugo Chávez, oficial venezuelano de pura estirpe e admirador e seguidor das ideas de Bolivar até o derradeiro minuto da súa vida”, recorda Fidel. “De neno, asistindo a escola primária, na patria onde os herdeiros pobres de Bolívar tiñan tamén que traballaren para axudar a manter a família, medróu nel o espírito no que se formara o Libertador de América”.

O presidente Maduro conversa con Fidel na Habana, en 2013.
O presidente Maduro conversa con Fidel na Habana, en 2013.

A carta lembra os “millóns de rapaces e mozos que asisten hoxe a máis grande e moderna rede de escolas públicas do mundo, en Venezuela, e outro tanto pódese dicer da súa rede de centros de asistencia médica e atención da saúde, dun povo valente ainda que empobrecido por séculos de ladroizo por parte da metrópoli española”.

“Os revolucionarios cubanos —segue a misiva— a poucas millas dos Estados Unidos, que sempre soñou con apoderarse de Cuba para convertirla nunha mistura de casino con prostíbulo, como modo de vida para para os fillos de José Martí, non han renunciar xamais a súa plena independéncia e ao respecto total da súa dignidade. Estou certo de que só coa paz para todo os povos da Terra e o dereito a convertir en propiedade común os recursos naturais do planeta, así como as ciencias e tecnoloxías criadas polo ser humano para beneficio de todos, poderáse preservar a vida humana na Terra”.

No entanto, o diário El Pais de Madrid, propiedade da empresa norteamericana “Liberty Acquisitions”, anticipando tanto a realización coma o resultado dun referendo revocatório (incorporado por proposta de Hugo Chávez na Constitución Bolivariana) que sancione a presidencia de Nicolás Maduro, anuncia a probabilidade de repatriación de 30.000 traballadores cubanos da saúde e do ensino, exercentes en Venezuela mediante acordo bilateral.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *