Perden as aves de mal agoiro sobre a pandemia en Cuba

Mentres EUA arrecia o bloqueo e a campaña de calumnias contra Cuba, sábado 18, o goberno informóu dun só novo caso de Covid-19, para un total de 2.446 dende marzo pasado; catro altas médicas e ningún falecimento por séptimo día consecutivo.

Teresa Melo – Cubadebate

Arestora que Cuba andianta medidas (pensadas, estudadas, debatidas, fundamentadas) para volvermos a vida cotián (que non vai ser para nada semellante a denanterior) teremos que separar  a fariña preciosa da experiencia do farelo baldío.

Dende 11 de marzo, día no que confirmaran os tres casos primeiros da COVID-19 en Cuba, millentas mentes, corazóns e mans bourearon no traballo por conter a pandemia; rosmaron (ou seguiron) os mixiricas, as aves de mal agoiro, os repugnantes e os que gabean polo seu ego; académicos de choupana, miñasxoias de nicho alleo, resentidos e queimados; profetas da desgraza, mercenarios da palabra, capadores da honra allea, economistas de penico sen librar; remediadores ignorantes e vendidos; os que, aberta ou taimadamente, non queren a illa dona de seu, senón de estrela en bandeira allea. E por riba,  todos eles, sen molestaren o dedo meniño para calquera traballo que non for o de bater teclas e para vender seu veleno baixo capa de mediciña.

Mal traballarían, nin por veren cumpridos seus consellos. Querian vernos arrasados polo andácio, mais é ben hora de asumiren que o tempo non lles deu razón. E desta andan a procura de misérias novas (ou recicladas) e xa pregoan que ha ser a fame a que nos derrube en mans da pandemia que azouta e azoutará o mundo inteiro.

No corazón desta ousadía está a faltar (pecado dos egos virtuais) a Alma Cubana, solidaria, inesgotábel. Iso non se dará nunca aprendido en chío nin gústame. Iso ensínao a vida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *