Perdida a conta da pandemia na casa, Pompeo arremete contra o internacionalismo médico cubano

Raúl Antonio Capote – Granma

Como quen ten bula para facer o ridículo, Mike Pompeo, ministro de Relacións Exteriores (secretario de Estado) do goberno de Trump, atacou á Organización Panamericana da Saúde (OPS) por facer de intermediaria na axuda que Cuba prestou a Brasil, mediante o coñecido programa Máis Médicos. Cegado pola arrogancia, coida que ten dereito a pedir contas a calquera que non se acomode aos seus intereses, polo que foi a OPS e preguntoulle por que razón participara no envío a terras brasileiras dos doutores cubanos, aos que o ministro insulta co cualificativo de man de obra escrava.

Michael Pompeo gábase de ser primeiro confidente e apuntador de Trump, tamén en materia de saùde.

A súa teimosa fabricación de mentiras non engana a ninguén: precisa atopar titulares que distraian a atención da pésima xestión da pandemia pola Casa Branca e a marea de protestas que inzou o pais contra o racismo e a violencia que promove o goberno.

Trump ensaiara antes a descualificación da Organización Mundial da Saúde (OMS), acusándoa de seguir ordes de China, un esquema demagóxico que agora aplica a OPS para acusala de servir intereses de Cuba. Na realidade, o chanceler de Trump combate coa mentira o internacionalismo xeneroso de Cuba, proposto dende varias nacións para o Nobel da Paz. Pompeo ven de comprar unha empresa suiza de ventiladores pulmonares para impedir que Cuba poda usalos contra a pandemia. É o que el mesmo chama defensa dos dereitos humanos.

A intervención internacional das brigadas médicas cubanas recibe arestora parabéns en todo o mundo. A colaboración médica de Cuba con Brasil, en concreto, e modélica. En agosto de 2013 o programa Máis Médicos  levara mediante un acordo da OPS co goberno de Brasilia 20.000 profesionais que, en cinco anos, atenderon máis de 113 millóns de pacientes, nuns 3. 600 concellos, até que Jair Bolsonaro, seguindo ordes de Trump, aplicou o celo do ben mandado para bloquear a operación solidaria. No entanto, 2.500 profesionais da Saúde viaxaron a 26 nacións para prestaren axuda contra a Covid-19, amais dos 28.000 que xa estaban en 59 países.

No entanto, en Cuba salva o 80 % dos pacientes en estado crítico e grave, a mesma proporción que no mundo, pésia todo, morre; a Illa rexistra 84 finados, mentres só Miami Dade ten 784, por non falar dos EUA que levan nas costas a tráxica carga de 112.000 mortos.

Médicos escravos? Vaia, don Pompeo, pescudar en Perú, Italia ou Andorra, baixo que fustas traballaba o persoal médico de Cuba e compare, despois, como lles ha ir sen eles aos amigos de Ecuador, Bolivia e Brasil. Vaia preguntar vostede, que destila humanidade nas súas palabras, como aquelas coas que celebrara entre risos a etapa máis benéfica da súa vida, como director da CIA: «Mentimos, enganamos e roubamos».

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *