Personalidades de todo o mundo piden a Obama a liberación dos Cinco

Intelectuais pertencentes ao Capítulo Peruano da Rede de Redes En Defensa de la Humanidade redactaron a carta que recibiu o apoio do Premio Nobel de Literatura, Wole Soyinka, a do filósofo, linguista e critico norteamericano Noam Chomsky, e do teólogo brasileiro Frei Beto.

Tamén asinaron Fatima Cleide, senadora brasileira, Cesar Brito, presidente da Orde de Avogados de Brasil, Danny Rivera, afamado artista portorriqueño, e o coñecido dramaturgo francés Jean Marie Binoche, entre outros.

Personalidades de todo o mundo piden a Obama a liberación dos Cinco
Personalidades de todo o mundo piden a Obama a liberación dos Cinco

A misiva confirma que os cinco cubanos encarcerados dende hai 10 anos nesa nación son persoas inocentes, que procuraban recoller información destinada a previr e evitar accións terroristas en contra da súa patria, preservando tamén a vida de cidadáns de Estados Unidos.

O texto completo do documento que esixe a posta en liberdade de René González, Gerardo Hernández, Ramón Labañino, Antonio Guerrero e Fernando González di así:

Sr. presidente dos Estados Unidos.
Trinta de outubro pasado, antes de as eleccións nos Estados Unidos de Norteamérica remataren, intelectuais peruanos enviámoslle unha mensaxe que hoxe queremos ratificar.

No escenario internacional preocúpanos especialmente o despiadado bloqueo a Cuba e o caso dos cidadáns René González, Gerardo Hernández, Ramón Labañino, Antonio Guerrero e Fernando González, na cadea dende hai dez anos nos Estados Unidos, vítimas dunha sentenza crudelísima que inclúe ata dúas cadeas perpetuas, por delitos que non cometeron.

Os asinantes da presente misiva, señor Presidente, renovan hoxe aquela solicitude, conscientes do escenario internacional agudizado hoxendía por fondas crises económicas e sociais, de pór fin ao bloqueo inxustificado contra Cuba, así como tamén de ordear a inmediata liberdade dos cinco patriotas cubanos, encarcerados dende hai dez anos, vítimas dun proceso xudicial viciado e unha sentenza inhumana.

Como sinaláramos na mensaxe do 30 de outubro, trátase de persoas inocentes, que estaban nese país procurando recoller información destinada a previr e evitar accións terroristas en contra da súa patria, e preservando tamén a vida de cidadáns dos Estados Unidos e doutras nacionalidades, que cairon en distintas circunstancias vítimas de accións que son obxecto de reprobación en todo o planeta.
Facemos votos porque a súa Administración retome o camiño xusto en ben dos máis necesitados e se inscríba nunha corrente pacifista a prol da condición humana.

Reciba un atento saúdo.

Lima, 20 de xaneiro do 2009.

CONTACTO:
< liberenlos5@cubarte.cult.cu >

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará