|
Unha das batallas políticas que no plano internacional máis ocupa as autoridades cubanas e as asociacións de solidariedade con Cuba, é a campaña pola liberación dos Cinco Heroes cubanos presos nas cadeas dos Estados Unidos.
Neste artigo, José Pertierra aborda unha posible solución a esta cuestión, baseándose no precedente histórico dun caso similar acaecido ao final do mandato do Presidente Carter, coa liberación de varios patriotas portorriqueños presos nos Estados Unidos e a posterior saída de cidadáns estadounidenses presos en Cuba. |