A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” naceu en Vigo no ano 1981, onde ten hoxe a súa sede central. Na actualidade ten grupos activos nas comarcas de Compostela, O Morrazo e Baixo Miño. O seu ámbito de actuación é Galiza.
A nosa asociación leva o nome do Xeneral galego-mambí Francisco Villamil, morto en Cuba no ano 1872, en plena loita pola independencia do país contra as tropas españolas.
Os obxectivos da Asociación son entre outros:
- Propicia-la aproximación entre os pobos cubano e galego, a medio do coñecemento e o estudio da actualidade e a historia común.
- Contribuír ó mutuo coñecemento mediante embaixadas culturais que estimulen entre ambos pobos o florecemento das súas relacións.
- Denunciar, mentres se manteña, o criminal bloqueo económico, comercial, financeiro e cultural ó que está sometida a República de Cuba por parte do réxime dos Estados Unidos de América, e avogar pola derrogación das leis nas que se sustenta.
- Colaborar en definitiva á solidariedade entre os pobos galego e cubano e en xeral entre todos os pobos do mundo.
Para elo desenvolve actividades como as seguintes:
-
Organización de actos socioculturais e políticos como seminarios, conferencias e ciclos de cine.
-
Elaboración e edición de materiais formativos, revistas, folletos e publicacións para a difusión das ideas da Asociación.
-
En xeral, colaborar solidariamente co goberno e o pobo de Cuba co ánimo de difundir a realidade cubana, e contribuír a amortecer no posible os efectos do bloqueo estadounidense contra a illa.
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”.
Estamos en: Rúa Policarpo Sanz 22, 2º
36202 Vigo
Tfno. 986432892
Horario de atención: Xoves de 18,00 a 20,00
|