Novos fondos da embaixada dos EUA na Habana para agravar con protestas os efectos do bloqueo

Razones de Cuba – TSA

A páxina web da Embaixada dos EUA en Cuba ven de lanzar o que cualifica de novo e nobre propósito e que aparece identificado como Fondo de Emerxencia para Medios e Creadores de Contidos Independentes. Como en circunstancias previas, os contidos independentes identifícaranse en todo caso non pola súa ecuanimidade e precisión senón por seren claramente contrarios ao goberno lexítimo de Cuba e estritamente comprometidos co bloqueo que pratica dende hai 62 anos o goberno dos EUA contra a illa. A Embaixada do goberno Biden explica que o seu plano é novo e nobre, mália consistir nun reparto de 68.800 dólares procedentes dos orzamentos de contaminación política exercitados contra Cuba dende 1960. Os dólares desta partida serán entregados a cambio de imaxes e escrita que expliquen os problemas actuais de abastecimento en Cuba coa condición de non citaren nunca que son diretamente provocados polo cerco económico e político dos EUA e polo feito de ter o goberno de Washington incluido Cuba nunha arbitraria e difamante  lista de paises promotores do terrorismo,  publicamente desautorizada pola ONU.

As redes dixitais pagadas polos EUA en Cuba atribúen as carencias ao malgoberno e non ao bloqueo.

Un plano de intoxicación informativa ideado polo goberno de Biden para sobornar medios independentes e producir textos que cheguen a persoas con con discapacidades, de xeito que poidan aumentar a súa participación na oposición.  O fondo pagará telefones celulares e a consolidación de redes para promover valores democráticos e producir información estatística  dos resultados desta campaña que asignan o obxectivo de difundir a opinión de que o Goberno de Cuba carece de recursos para resolver os problemas da illa un método que se ten repetido en todas as chamadas revolucións laranxa.

Fin preferente deste que chaman nobre propósito, son as mulleres, afrocubanos, creadores LGBTQI+ e outros sectores de poboación que o goberno da beira N da canle da Bahama cualifica de tradicionalmente desatendidos. Non negan o seu interese en penetrar en sectores poboacionais supostamente vulnerabeis co obxectivo de produciren fragmentación social. Mália recoñecer que con este plano a embaixada procura promover os obxectivos da política exterior dos EUA en Cuba, o fondo especifica cinicamente que non poderá ser empregado para financiar actividades políticas.

Cuba,  os que fican

Rosa Miren Elizalde – La Jornada

Os noticiarios abren con noticias de cubanos e cubanas que deixan a illa mais non contan ren dos que non renuncian ás súas casas familiares nin a súa terra e desprezan a promesa de non aturaren máis colas nin cortes de luz a cambio de se mudaren a calqueroutra beira do Atlántico.

Un barco con emigrantes haitianos para A Florida, perde a estabilidade a causa dun temporal e recala en Cuba coa axuda da Garda Costeira.

En calquera bairro da illa notaremos que algunha casa está en venda, que alugan outra e que a filla e os netos da veciña “cruzaron o charco” e deixaron aos maiores a esperar polas transferencias. Case 425.000 migrantes cubanos chegaron aos EUA nos anos fiscais 2022 e 2023, a maioría mocidade con estudos universitarios, atraidos polos salarios e a contratación de man de obra de alta cualificación que nese país escasea debido aos altos custos da educación privada.

A privatización do sistema educativo, o darwinismo pedagóxico e a depredación do talento alleo non son exclusivos dos EUA. Dous exemplos recentes: o Reino Unido lanzou unha agresiva política de captación de licenciados e profesionais da saúde de España; hai menos dunha semana o goberno de Nayib Bukele ofreceu 5 mil pasaportes e múltiples vantaxes migratorias a profesionais estranxeiros que decidan instalarse no Salvador.

Temos que recoñecer que a cifra de emigrados cubanos non converten a illa no país emisor por excelencia aos EUA. Isto por riba das tendencias actuais –reparemos os datos de México, por exemplo– e de circunstancias que teñen un fundamento histórico. O grao de atracción do Imperio do Norte é enorme e estamos diante unha nación multiétnica en grao superlativo: entre 1825 e 1920 recibira máis de 35 millóns de emigrantes de todo o mundo.  “Malia negaren seus poboadores o vínculo dunha paternidade común aparece ás claras nos pais fundadores brancos, ingleses e protestantes”, como notou o investigador estadunidense Arthur Mann.

No caso de Cuba compre considerar, antes máis, o anterior: que nos últimos 65 anos a emigración foi un recursso político principal da estratexia de cerco e aniquilación da Revolución de 1959. Miami é só a cola do monstro. Foi e segue a ser a Casa Branca e non Florida a que favorece un grupo migratorio que nin sequera recoñecen como latino porque ten efectivamente outro status, e conta cun programa de axuda federal e un tratamento xurídico especial, a Lei de Axuste Cubano de 1966. Mesmo así, cando as condicións económicas na illa foron máis propicias para atenuar os efectos devastadores do maior bloqueo aplicado contra un pobo na historia da humanidade, a emigración permaneceu en mínimos.

Algún día os especialistas terán que abordar, no ámbito da socioloxía da emigración, a chamada diáspora cubana e o seu custo social, non só para os habitantes da illa caribeña. Haberá que engadir a perversidade política e o seu impacto noutras comunidades emigradas, ás tensións que causa calquera partida, cando se deixan atrás fogar, amigos, traballo, ámbitos afectivos e memoria para mergullar de forma súbita noutros costumes, outra contorna, outro clima, outro idioma.

Teremos que estudar tamén canto afecta á nación estadunidense a cultura política de intransixencia, establecida por décadas e sostida mediante institucións e relacións con operadores de orixe cubana no sur de Florida, que nos últimos anos asumiu como propia a ideoloxía ultradereitista do sector máis impresentábel do Partido Republicano. Para este grupo, a cultura é subversión e non por outra razón o seu proxecto inclúe o xenocidio cultural e o soño dunha solución palestina  para aqueles que quedan na illa. Estas ideas circulan alegremente e fanse banais nas plataformas sociais.

Porén, Cuba segue vivindo nas súas casas familiares e na súa terra, e ten fortes vínculos afectivos cos seus fillos, irmáns e amigos repartidos noutras beiras do Atlántico. O pobo que non se foi, os millóns que padecen as consecuencias disa elección e que coñecen o sabor do desarraigo, tomou unha decisión comparábel a da poeta cubana Carilda Oliver Labra: “A miña avóa chegara cunha migalla de terra galega na man/ e a miña nai, ao marchar / levou unha presada de terra cubana/ Eu non penso gardar nin un anaco de Patria / quéroa toda / sobre a miña tumba”.

Versión en Galego de Sol Melide, para TSA

“Echar mis versos del alma”: crónica galega de José Martí

Cipriano Luis Jiménez Casas – Faro Cultura

Certamente, José Martí (A Habana 1853-Dos Rios 1985) intelectual, políglota, profesor e diplomático, cubano de ascendencia española, foi un dos ecritores e políticos máis destacados e uniiversasi do seu tempo. Poeta finísimo, reformador de estilos, ven conformarse coma precursor do Modernismo, pondo enxogo a relación problemática entre a liiteratura en lingua castelá e a modernidade. Aparece así coma un poeta novo, dos máis importantes do século XIX espaol, recoñecido por Rubén Darío, Gabriela Mistras ou uan Ramón Jiménez que o describe coma “Un Quijote cubano”.  As reflexións sobre o ser humano,  a poesía ou a sociedade, abrollan nas súas obras coma obxectivos de mellora da humanidade e de liberación de Cuba. Dende a infancia foi un radical opositor das violacións da dignidade humana e un defensor da liberdade inddividual e colectiva, da xustiza e dos valores sociais e morais.

A identificación de Martí coa súa patria, non só no axeitamento do ideario cubano senón no modo de percepción dese mesmo imaxinario noutras zonas do campo cultural,  constitúen un apaixonante debate no seu da cultura latino-americana sintetizando coa súa vida, obra e loita revolucionaria o meelllor do XIX en terras do Caribe. En dúas ocasións foi deportado a España onde sse graduóu en Dereito e Filosofía e Letras polas universidades de Madrid e Zaragoza 1871-1874. Volveu a Cuba e nen1878, depois de pasar por Nova York, México e Guatemala,  foi acusado de apostasía e deportado novamente.

En 1884 foise reunir cos xenerais Máximo Gómez e Antonio Maceo, cos que organizou o proceso revolucionario en Cuba que daría na definitiva Guerra da Independencia (1985-1989) Dende Nova York envía crónicas e artigos aos periodicos La Opinión Nova  publica na Opinión Nacional de Caracas e nas páxina de opinión de La Nación de Bós Aires e o Partido Liberal de Mexico.

Con Antonio  Maceo e Máximo Gómez, reune medios e encende vontades para a que vai ser definitiva Guerra de Independencia de Cuba (1894-1898)  Dende Nova York (1880-1890) publica na Opinión Nacional de Caracas e nas páxina de opinión de La Nación de Bós Aires,  textos fundamentais do ideario da liberación americana.  En Caracas editou asemade a Revista Venezolana e en 1892 fundou o Partido Revolucionario Cubano e a revista Patria. Martí moorreu noo campo de batalla en 1895, aos corenta e dous anos.  Xunto a Simón Bolíbar e XXosé de San Martín é considerado un dos principais protagonistas do proceso emancipatorio latinooamericano. Velai unha moostra da súa extensisima obra literaria: os poemarios Ismaelillo (1882) Versos Libres (1882) Versos Sinxelos (1891) Idade  de Ouro (1878-18829) Flores do Desterro (1878-1895) Eo os ensaios Marido para a miña irmanciña; O presidio político en Cuba (1871) ou A Nosa América (1891) e maila novela Amizade Funesta (1885)

“Pola liberdade foi que se combateu en Cuba, e moitos galegos amaron a liberdade; a estes galegos atacáronnos outros; semppre os amparei, poprque aos que non saben que eses galegos son outros tantos cubanos, dicímoslles: Menten! deixou escrito.

Galicia está representada polo xornal Patria no que Martí est´´a representado ppor dous galegos bós e xenerosos: osé Martinez O Galego “que contribuiu a causa da liberación de Cuba na mesma medida en que representaba os ideais maiores e mais as virtudes e as nobrezas mais extraordinarias do Pobo Galego”. E Pablo Ínsua “que foi o heroe modesto e eficáz da tentativa dos cubanos pola independencia despois do Zanón; o heroe en Nova York”.

Martí é un exemplo ético que a niinguén pode resultar alleo e ainda menos aos galegos que nos sentimos completamente identificados con Cuba. A Cuba marcharon cruzando o Atlántico  e foron, como debuxara Castelao, un ronsel de esqueletes polo fondo do mar. Os máis non regresaron e deron a illa o mellor do seu esforzo; alí morreron vellos, cansos e pobres. Outros prosperaron e foron xenerosos fundando escolas e asociacións agrarias na súa terra.

Foi tamén a emigración a Cuba a que auspiciou o primeiro libro de Rosalía de Castro; a que fundou a Academia Galego e quen puxo en vigor a nosa bandeira azul e branca.

MARTÍ EN VIGO        

O programa das Xornadas galego cubanas en homenaxe a José Martí , do 7 ao 17 de abril de 1989, deixou en Vigo unha estatua lanzal do Apostol de Cuba, que realizara René Negrín. As xornadas organizadas pola  Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil , contaran coa participción do Concello de Vigo que presidia daquela Manuel Soto.  A escultura foi agasallo da Unión de Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC) chegara nun barco da Flota Cubana construido nos estaleiros de Vigo, e ficou nos xardíns de Montero Ríos.

Nas xornadas tomaran parte os escritores LuisToledo Sande, R.Fernandez Retamar, Norberto Codina e Emilio Comas Paret, Fernández Retamar, R. Rodríguez , M. Fernández , Luis Carbonell e F. Conde entre outras coñecidas figuras da plástica, a danza e o teatro. Con eles interviron Méndez Ferrín, Herminio Barreiro, Carlos Sixirei e Luis Tosar entre outros.

Anos despois do que ficara coma o programa de referencia para  amizade histórica entre Cuba e Galiza, Fidel Castro visitou a terra do seu pai nunha visita institucional organizada polo Terceiro Goberno da Autonomía.

Os EUA presentan o seu pastel anual de millóns para comprar a subversión

Yisell Rodríguez Milán– Granma

A quén lle toca a prenda do roscón millonario? Rematando marzo, os EUA fachendearon dos cartos que van gastar nos paises que non dan endereitado unha oposición activa; coidan que unha suba dos subornos poderá lanzalos ao combate.  Un dos congresistas máis ferreñamente anti-cubanos dos EUA, Mario Díaz-Balart, celebra a aprobación pola Cámara de Representantes dos seis proxectos de Lei de asignacións restantes para o ano fiscal 2024:  defensa; servizos financeiros; seguridade nacional; traballo, saúde e servizos humanos; poder lexislativo; operacións estranxeiras e programas relacionados. Díaz- Balart, preside o Subcomité do Departamento de Estado, Operacións Estranxeiras e Programas Relacionados (SFOPS) e aseguróu que os orzamentos aprobados melloran “a seguridade e a defensa nacional dos EUA” ao tempo que “miran polo diñeiro dos contribuíntes estadounidenses, ao reducir gastos non procedentes”.

Compartirá realmente o pobo estadounidense que o seu diñeiro promoova disturbios e agresións noutros países? Un comunicado publicado na Rede do Departamento de Estado, afirma que este proxecto de lei apoia aos amigos e aliados dos EUA, “á vez que contrarresta adversarios como a China Comunista, Rusia, ou os Estados terroristas de Cuba e Irán”.

Abertamente intervencionista, a lexislación SFOPS proporciona “recursos de primeira liña» non relacionados coa defensa, por un total de 58.346 millóns de dólares, o que repreenta 3.412 millóns por baixo do nivel promulgado para o ano fiscal 2023 (un 5,5 % menos) e 10. 581 millóns (15,4 %) por baixo da proposta de orzamento do presidente Joe Biden.

O pretexto de promover liberdade e democracia segue a ser a bandeira do autonomeado policía do mundo que reserva cado ano unha mención especial a Cuba.

RECEITA BÁSICA PARA COCIÑAR A CONTRARREVOLUCIÓN

Uns 25 millóns de dólares, que significan un incremento dun 25 % con respecto ao período anterior, foron destinados para promover a democracia, ou sexa, para pagar a revolta contra o Estado e o pobo cubano. Aumentan 25 millóns para as nóminas da Oficina de Radiodifusión a Cuba, nome piadoso das funerais  Radio e tv Martí, coa credibilidade polo chan.

No manual básico das práticas das forzas anticubanas pagadas polos EUA, nunca faltan estratexias para acabar coa Revolución, sen medo a fracasar máis unha vez. Neste feixe de recursos, repiten algúns dos máis usados dos últimos 15 anos: a  denegación de visas a gobernos e organismos internacionais implicados no movemento solidario de médicos cubanos polo mundo, unha estratexia de cooperación internacional a que o Goberno estadounidense insiste en cualificar de tráfico, ante os ollos asombrados de millóns de seres humanos beneficiados pola prática médica cubana, mesmo no medio da pandemia da Covid-19 ou enfermidades terribeis coma o cólera.

Engaden agora fortes restricións para impedir que a administración de Biden utilice fondos para apoiar ao sector non estatal de Cuba. Os “programas de traballo», acariñados antes, son agora espurgados.

É o sector non estatal unha fonte de crecemento laboral e profesional para a cidadanía hoxe en Cuba? Claro. Medrou o abano de oportunidades para a mocidade, porque o Estado resolveu promover a vía aberta  (contra  o que esperaban na outra beiras das 90 millas) e a cada son máis os proxectos privados.  Un camiño aberto cara á responsabilidade social compartida que os EUA combaten.

Outro elemento rechamante deste orzamento é o financiamiento adicional para o Fondo de Tecnoloxía Aberta (OTF) que fomenta “a liberdade na internet». Non nos colle de sorpresa: a

Internet é unha gran plataforma de información, desinformación e combate na que a info-educación foi vital para aprender a identificar noticias falsas e reclamos para mobilizacións que alteren a vida no país.

A OUTRA AMEAZA

Para as manobras subversivas en Nicaragua, os fondos ascenden a 15 millóns e están especialmente atribuidos ao relacionado coa relixión; no caso de Venezuela, os orzamentos aseméllanse aos de Cuba, pois destinaron non menos de 50 millóns de dólares a atizar o enfrontamento baixo a suposta bandeira dos dereitos humanos e a sociedade civil, ao tempo que subornan a todas as formacións contrarias ao  actual presidente venezolano Nicolás Maduro Moro. Non faltan cartos para encirrar Centroamérica e o Caribe, e nin Haití, agora inmerso nunha monumental crise de gobernabilidade e violencia, fica fóra.

Non faltan medidas de importancia en relación coa China: a prohibición de calquera reembolso de débedas contraídas co xigante asiático por parte doutros países; apoian Taiwan, manteñen 300 millóns de dólares en financiamento militar estranxeiro, e 400 millóns para o Fondo de Loita Contra a Influencia Chinesa.

Israel, colaborador necesario de todas as inhumanidaades dos EUA, que agora precipita manifestamente unha solución final,  de exterminio do pobo palestino, ten asegurado o apoio inquebrantábel de Washington por valor de 3.300 millóns de dólares e a garantía do voto en contra de toda investigación promovida dende a ONU en defensa dos dereitos de Palestina, mesmo a retención dos fondos para o Consello de Dereitos Humanos no caso de emprenderen o que eles chaman accións antisraelíes.

ACCIÓNS DOS EUA CONTRA CUBA EN 2024

•        Usar anécdotas relacionadas cos médicos cubanos secuestrados na Quenia, para armar unha nova ofensiva comunicacional de descrédito contra Cuba.

•        Divulgar liñas de traballo para plataformas promotoras da subversión e para divulgadores de opinións anticubanas dende Miami.

•        Aproveitar todas as circunstancias particulares dos colaboradores internacionalistas para seguir emitindo mensaxes que definan o seu traballo como escravo.

•        Información filtrada recentemente mostra unha serie de manobras realizadas para fomentar a inflación no mercado interior cubano. A estratexia ten catro etapas: desabastecemento, inflación inducida, retención de subministros e bloqueo financeiro. Fontes de Miami revelaron conspiracións para afectar a empresarios cubanos dentro e fóra da Illa. Buscan extinguir toda forma de abastecemento de bens ao pobo antillano, tanto a través do sector gobernamental como do privado.

•        Saíu á luz a Operación Streaming, unha recente creación dos servizos de intelixencia de Estados Unidos, co obxectivo de manipular acontecementos e figuras da Historia de Cuba.

Tradución ao Galego por Mila Portas, para Terra Sen Amos

O goberno e  pobo de Cuba claman por xustiza e independencia para Palestina masacrada

Axencias de Cuba e TSA

Toda Cuba saiu sábado a rúa para esixir o cese inmediato da agresión israelí contra Gaza e a Cisxordania ocupadas. A Tribuna Anti-imperialista da capital concentrou unha masiva mobilización á que asistiu o presidente e membros do goberno. Os actos a prol de Palestina reproducíronse por toda a illa.

As bandeiras de Palestina e Cuba ondearon por toda a illa. A fotografía recolle un recanto da concentración habaneira, fronte a embaixada dos EUA.

O xornalista palestino Bassel Salem, perante a masiva concentración da Habana, agradeceu a solidariedade cubana co seu país e destacou que o pobo de Palestina sabe que pode contar con Cuba. “O único presidente do mundo que participa nunha marcha xigantesca a prol de Palestina é o cubano, que se manifesta fronte á Embaixada dos Estados Unidos na Habana, de enorme significación dada a complicidade deste goberno no masacre de Gaza”.

Salem lembrou o legado internacionalista do líder histórico da Revolución así como e o seu apoio ás causas xustas do mundo. Ao cabo de  148 días de xenocidio, de destruír e matar nenos, mulleres, persoas inocentes, dixo que era ben tempo de o mundo enteiro reclamar a retirada dos ocupantes e agresores de Palestina. “Niso a voz de Cuba ten un rol, unha voz de referencia a nivel internacional”.

Cubanos e cubanas convocados pola Unión da Mocidade Comunista e outras organizacións congregáronse desde o abrente en defensa de Palestina. O estudante Motte A.M. Almashar, en representación daa mocidade palestina en Cuba, condenou o xenocidio contra a poboación civil do seu país, esixiu o fin da agresión sionista e acusou Israel de violar a  Carta da Organización de Nacións Unidas e as normas do dereito internacional, con total impunidade; trinta mil asasinados, vinteseis mil desaparecidos e máis dun millón de desprazados a forza que malviven sen teito, con sede, fame e frío; Gaza vive a peor crise de alimentos da historia, debido ás restricións e as limitacións no acceso á axuda humanitaria; é insoportabelmente elevada a cifra de nenos mortos por desnutrición.

Perante un mar de bandeiras cubanas e palestinas ao vento, Almashar  invocou os valores desertados da civilización humana e da igualdade entre os pobos e dixo que hai catro meses choraba pola súa nai, amigos e veciños que perderon a súa familia.

A Academia de Ciencias de Cuba fixo unha chamada a condenar o xenocidio en Palestina e asumiu os pronunciamientos de científicos e investigadores de todo o  mundo contra a destrucción sistemática e xeneralizada por parte das armas sionistas de edificios culturais, e instituciíons que conservan a vida e a cultura palestina.

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook