Os EUA presentan o seu pastel anual de millóns para comprar a subversión

Yisell Rodríguez Milán– Granma

A quén lle toca a prenda do roscón millonario? Rematando marzo, os EUA fachendearon dos cartos que van gastar nos paises que non dan endereitado unha oposición activa; coidan que unha suba dos subornos poderá lanzalos ao combate.  Un dos congresistas máis ferreñamente anti-cubanos dos EUA, Mario Díaz-Balart, celebra a aprobación pola Cámara de Representantes dos seis proxectos de Lei de asignacións restantes para o ano fiscal 2024:  defensa; servizos financeiros; seguridade nacional; traballo, saúde e servizos humanos; poder lexislativo; operacións estranxeiras e programas relacionados. Díaz- Balart, preside o Subcomité do Departamento de Estado, Operacións Estranxeiras e Programas Relacionados (SFOPS) e aseguróu que os orzamentos aprobados melloran “a seguridade e a defensa nacional dos EUA” ao tempo que “miran polo diñeiro dos contribuíntes estadounidenses, ao reducir gastos non procedentes”.

Publicado en Cubaminrex

Compartirá realmente o pobo estadounidense que o seu diñeiro promoova disturbios e agresións noutros países? Un comunicado publicado na Rede do Departamento de Estado, afirma que este proxecto de lei apoia aos amigos e aliados dos EUA, “á vez que contrarresta adversarios como a China Comunista, Rusia, ou os Estados terroristas de Cuba e Irán”.

Abertamente intervencionista, a lexislación SFOPS proporciona “recursos de primeira liña» non relacionados coa defensa, por un total de 58.346 millóns de dólares, o que repreenta 3.412 millóns por baixo do nivel promulgado para o ano fiscal 2023 (un 5,5 % menos) e 10. 581 millóns (15,4 %) por baixo da proposta de orzamento do presidente Joe Biden.

O pretexto de promover liberdade e democracia segue a ser a bandeira do autonomeado policía do mundo que reserva cado ano unha mención especial a Cuba.

RECEITA BÁSICA PARA COCIÑAR A CONTRARREVOLUCIÓN

Uns 25 millóns de dólares, que significan un incremento dun 25 % con respecto ao período anterior, foron destinados para promover a democracia, ou sexa, para pagar a revolta contra o Estado e o pobo cubano. Aumentan 25 millóns para as nóminas da Oficina de Radiodifusión a Cuba, nome piadoso das funerais  Radio e tv Martí, coa credibilidade polo chan.

No manual básico das práticas das forzas anticubanas pagadas polos EUA, nunca faltan estratexias para acabar coa Revolución, sen medo a fracasar máis unha vez. Neste feixe de recursos, repiten algúns dos máis usados dos últimos 15 anos: a  denegación de visas a gobernos e organismos internacionais implicados no movemento solidario de médicos cubanos polo mundo, unha estratexia de cooperación internacional a que o Goberno estadounidense insiste en cualificar de tráfico, ante os ollos asombrados de millóns de seres humanos beneficiados pola prática médica cubana, mesmo no medio da pandemia da Covid-19 ou enfermidades terribeis coma o cólera.

Engaden agora fortes restricións para impedir que a administración de Biden utilice fondos para apoiar ao sector non estatal de Cuba. Os “programas de traballo», acariñados antes, son agora espurgados.

É o sector non estatal unha fonte de crecemento laboral e profesional para a cidadanía hoxe en Cuba? Claro. Medrou o abano de oportunidades para a mocidade, porque o Estado resolveu promover a vía aberta  (contra  o que esperaban na outra beiras das 90 millas) e a cada son máis os proxectos privados.  Un camiño aberto cara á responsabilidade social compartida que os EUA combaten.

Outro elemento rechamante deste orzamento é o financiamiento adicional para o Fondo de Tecnoloxía Aberta (OTF) que fomenta “a liberdade na internet». Non nos colle de sorpresa: a

Internet é unha gran plataforma de información, desinformación e combate na que a info-educación foi vital para aprender a identificar noticias falsas e reclamos para mobilizacións que alteren a vida no país.

A OUTRA AMEAZA

Para as manobras subversivas en Nicaragua, os fondos ascenden a 15 millóns e están especialmente atribuidos ao relacionado coa relixión; no caso de Venezuela, os orzamentos aseméllanse aos de Cuba, pois destinaron non menos de 50 millóns de dólares a atizar o enfrontamento baixo a suposta bandeira dos dereitos humanos e a sociedade civil, ao tempo que subornan a todas as formacións contrarias ao  actual presidente venezolano Nicolás Maduro Moro. Non faltan cartos para encirrar Centroamérica e o Caribe, e nin Haití, agora inmerso nunha monumental crise de gobernabilidade e violencia, fica fóra.

Non faltan medidas de importancia en relación coa China: a prohibición de calquera reembolso de débedas contraídas co xigante asiático por parte doutros países; apoian Taiwan, manteñen 300 millóns de dólares en financiamento militar estranxeiro, e 400 millóns para o Fondo de Loita Contra a Influencia Chinesa.

Israel, colaborador necesario de todas as inhumanidaades dos EUA, que agora precipita manifestamente unha solución final,  de exterminio do pobo palestino, ten asegurado o apoio inquebrantábel de Washington por valor de 3.300 millóns de dólares e a garantía do voto en contra de toda investigación promovida dende a ONU en defensa dos dereitos de Palestina, mesmo a retención dos fondos para o Consello de Dereitos Humanos no caso de emprenderen o que eles chaman accións antisraelíes.

ACCIÓNS DOS EUA CONTRA CUBA EN 2024

•        Usar anécdotas relacionadas cos médicos cubanos secuestrados na Quenia, para armar unha nova ofensiva comunicacional de descrédito contra Cuba.

•        Divulgar liñas de traballo para plataformas promotoras da subversión e para divulgadores de opinións anticubanas dende Miami.

•        Aproveitar todas as circunstancias particulares dos colaboradores internacionalistas para seguir emitindo mensaxes que definan o seu traballo como escravo.

•        Información filtrada recentemente mostra unha serie de manobras realizadas para fomentar a inflación no mercado interior cubano. A estratexia ten catro etapas: desabastecemento, inflación inducida, retención de subministros e bloqueo financeiro. Fontes de Miami revelaron conspiracións para afectar a empresarios cubanos dentro e fóra da Illa. Buscan extinguir toda forma de abastecemento de bens ao pobo antillano, tanto a través do sector gobernamental como do privado.

•        Saíu á luz a Operación Streaming, unha recente creación dos servizos de intelixencia de Estados Unidos, co obxectivo de manipular acontecementos e figuras da Historia de Cuba.

O goberno e  pobo de Cuba claman por xustiza e independencia para Palestina masacrada

Axencias de Cuba e TSA

Toda Cuba saiu sábado a rúa para esixir o cese inmediato da agresión israelí contra Gaza e a Cisxordania ocupadas. A Tribuna Anti-imperialista da capital concentrou unha masiva mobilización á que asistiu o presidente e membros do goberno. Os actos a prol de Palestina reproducíronse por toda a illa.

As bandeiras de Palestina e Cuba ondearon por toda a illa. A fotografía recolle un recanto da concentración habaneira, fronte a embaixada dos EUA.

O xornalista palestino Bassel Salem, perante a masiva concentración da Habana, agradeceu a solidariedade cubana co seu país e destacou que o pobo de Palestina sabe que pode contar con Cuba. “O único presidente do mundo que participa nunha marcha xigantesca a prol de Palestina é o cubano, que se manifesta fronte á Embaixada dos Estados Unidos na Habana, de enorme significación dada a complicidade deste goberno no masacre de Gaza”.

Salem lembrou o legado internacionalista do líder histórico da Revolución así como e o seu apoio ás causas xustas do mundo. Ao cabo de  148 días de xenocidio, de destruír e matar nenos, mulleres, persoas inocentes, dixo que era ben tempo de o mundo enteiro reclamar a retirada dos ocupantes e agresores de Palestina. “Niso a voz de Cuba ten un rol, unha voz de referencia a nivel internacional”.

Cubanos e cubanas convocados pola Unión da Mocidade Comunista e outras organizacións congregáronse desde o abrente en defensa de Palestina. O estudante Motte A.M. Almashar, en representación daa mocidade palestina en Cuba, condenou o xenocidio contra a poboación civil do seu país, esixiu o fin da agresión sionista e acusou Israel de violar a  Carta da Organización de Nacións Unidas e as normas do dereito internacional, con total impunidade; trinta mil asasinados, vinteseis mil desaparecidos e máis dun millón de desprazados a forza que malviven sen teito, con sede, fame e frío; Gaza vive a peor crise de alimentos da historia, debido ás restricións e as limitacións no acceso á axuda humanitaria; é insoportabelmente elevada a cifra de nenos mortos por desnutrición.

Perante un mar de bandeiras cubanas e palestinas ao vento, Almashar  invocou os valores desertados da civilización humana e da igualdade entre os pobos e dixo que hai catro meses choraba pola súa nai, amigos e veciños que perderon a súa familia.

A Academia de Ciencias de Cuba fixo unha chamada a condenar o xenocidio en Palestina e asumiu os pronunciamientos de científicos e investigadores de todo o  mundo contra a destrucción sistemática e xeneralizada por parte das armas sionistas de edificios culturais, e instituciíons que conservan a vida e a cultura palestina.

PP, Vox e Cs queren acabar co “Acordo de Diálogo Político e Cooperación entre  a UE e Cuba” dende oParlamento Europeo

MESC – TSA

O pleno do Parlamento Europeo debateu Terza vintesete de febreiro, unha moción dos grupos de dereita e extrema dereita (onde están situados o partidos PP, Vox e Cs) prommovida polo euro-deputado restante de Cs Javier Nart, co obxectivo de conseguir unha condena contra Cuba por presunta violación dos dereitos humanos. Sen ser nova, a invocación dos DDHH contra Cuba, responde aos intereses inxerencistas dos EUA e da mafia de Miami para recruar o bloqueo e procurar un cambio político favorábel aos seus intereses privados. De feito, estes grupos europeos, buscan a suspensión do Acordo de Diálogo Político e de Cooperación entre a Unión Europea e Cuba, e convértense de facto en impulsores do xenocidio contra todo o pobo cubano.

Mais Cuba non está soa na defensa da súa soberanía nin na loita para rematar  coas medidas unilaterais e ilegais dos EUA. Máis ben todo o contrario: Cuba está integrada de pleno dereito na Comisión de DDHH da ONU, co apoio da comunidade internacional. Novembro pasado, a Asemblea Xeral da ONU condenou por aclamación o ilegal bloqueo promovido contra Cuba polos EUA. Contra 187 paises a prol de acabar co bloqueo só os votos dos EUA e Israel, partidarios de continuar, e a abstención da Ucraína. Non é a primeira vez que a Asemblea condena o bloqueo dos EUA pois trátase da votación número 31 desde 1992.

O Parlamento europeo non pode ignorar as votacións da Asemblea Xeral das Nacións Unidas en contra do bloqueo. A credibilidade da devandita institución europea quedaría en dúbida se apoia e promove políticas encamiñadas a agudizar a asfixia económica imposta ao pobo cubano, en contra do que votan, case por unanimidade, os países que conforman a ONU, incluídos os propios membros da Unión Europea.

Aliás, en novembro, na sede do Parlamento Europeo, en Bruxelas, constituiuse un Tribunal Internacional contra o Bloqueo dos EUA a Cuba, coa participación de persoas autorizadas, xuristas expertos e testemuñas, que certificaron as afectacións desta política criminal cara a todo un pobo; seis xuíces e xuízas ditaminaron unha condena por crimes contra a soberanía do pobo de Cuba e por violacións sistemáticas, durante máis de 60 anos, da legalidade internacional que constitúen crimes de lesa humanidade incursos en xenocidio.

Acabar ou suspender o Acordo de Diálogo Político e de Cooperación da Unión Europea con Cuba, val tanto como aumentar o Bloqueo contra Cuba e serve ao obxectivo de eliminar a cooperación de Europa con Cuba. Un intento de esganar de feito a economía cubana, na procura de dous obxectivos: o primeiro, que o pobo cubano deixe de apoiar ao seu goberno e Estado e que os EUA avancen no seu obxectivo histórico de anexionar Cuba; o segundo, que se poida responsabilizar ao sistema económico socialista da Illa dos problemas sen fin que provoca o bloqueo e acabar deste xeito coa alternativa anti-imperialista e anti-capitalista que representa a Revolución cubana.

Indignidade e crime desta grea da dereita e da extrema dereita, que aparentan ignorar os sufrimentos do pobo cubano. Son os mesmos políticos que apoian, dende Europa, o xenocidio que está a sufrir o pobo palestino. Non falan de suspender o Marco de Cooperación da UE con Israel por non respectar os DDHH, máis ben seguen a apoiar o suposto “dereito de Israel a defenderse”, masacrando poboación civil, a maioría nenos e nenas, e expulsando das súas terras aos seus lexítimos donos: o pobo de Palestina.

Dende o MESC esiximos respecto á soberanía de Cuba, o fin das políticas agresivas, unilaterais e ilegais dos EUA; defendemos o dereito á Paz e á Solidariedade, así como a resolución de conflitos a través da cooperación e o diálogo político.

Por todo iso, condenamos a utilización política dos DDHH e a quen trata de oprimir a Cuba, e reclamamos que se manteñan boas relacións con Cuba por parte da Unión Europea, dende o respecto mutuo.

MESC, 28 de febreiro de 2024

Asociación Almeriense solidaria con el Pueblo Cuba.

Asociación Andalucía-Cuba, puente de cooperación para el Desarrollo sostenible.

Asociación Camilo Cienfuegos Cuba-Aragón.

Asociación Cultural Cubano Andaluza La Avellaneda

Asociación Cultural de Teatro Escanpolo (Herrera, Sevilla)

Asociación de amistad Canario-Cubana José Martí.

Asociación de amistad con Cuba Camilo Cienfuegos de Dénia.

Asociación de Amistad con Cuba Miguel Hernández de Alicante.

Asociación de Amistad Hispano Cubana Bartolomé de las Casas de Madrid.

Asociación de Amistad Hispano Cubana Bartolomé de las Casas de Sevilla.

Asociación de Amistad Hispano Cubana de Málaga.

Asociación de amistad hispano-cubana Julio Antonio Mella de Madrid.

Asociación de Amistad Rioja Cuba.

Asociación de amistad y cooperación con cuba La Gran Piedra de Granada.

Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.

Asociación de Cultura Popular Estrella Roja.

Asociación de iniciativas solidarias Alhucema de Morón (Sevilla)

Asociación de Solidaridad con Cuba de Arahal Máximo Gómez Báez.

Asociación de Solidaridad con Cuba Vilma Espín San Lúcar de Barrameda (Cádiz)

Asociación de Solidaridad Toledo-Cuba “Antonio Maceo”.

Asociación de Solidaridad y Cooperación al Desarrollo Ernesto Guevara de Torrejón de Ardoz.

Asociación espacioDespacio.

Asociación Extremeña de Solidaridad con Cuba La Maza.

Asociación Hispano Cubana Paz y Amistad de Avilés.

Asociación Lázaro Cárdenas.

Asociación Maximiliano Tornet de Huelva.

Asociación Pablo de la Torriente Brau de Alcobendas-San Sebastián de los Reyes.

Asociación para la Cooperación Internacional Patrice Lumumba

Asociación Provincial de Jaén Amistad con Cuba Indio Naborí.

Asociación Valenciana de Amistad con Cuba José Martí.

Associació d’amistat amb Cuba Pep Linares d’Alcoi.

Canal Europa por Cuba.

Casa de Amistad Baleares-Cuba.

Casal Cubà de Sabadell.

Casal d’Amistat amb Cuba de Lleida

Casal d’Amistat amb Cuba de Badalona.

Casal d’Amistat amb Cuba de Barcelona.

CESC de Madrid.

Colectivo 26 de Julio de Madrid

Comité Antiimperialista de Murcia.

Comité contra el Bloqueo a Cuba de Cádiz.

Comité de Solidaridad Internacionalista de Zaragoza.

Comunistes de Catalunya.

Cosal-Murcia y Entrepueblos Murcia.

Defensem Cuba.

Euskadi Cuba.

Frente Antiimperialista Internacionalista.

Hermanamiento Nou Barris-El Cerro Cuba.

Izquierda Unida (IU)

Marx Madera.

MediCuba España.

Mollet amb Cuba.

Movimiento Democrático de Mujeres (MDM)

O N G AWON IYAAMI.

Partido Comunista de España (PCE)

Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE)

PCE (m-l)

Plataforma de Solidaridad con el Pueblo Cubano de Granada.

Red de Solidaridad Canario Cubana.

Rincón Cubano Granma de Torrelavega (Cantabria)

Sociedad Cultural Cubano Andaluza José Martí de Sevilla.

Sodepaz.

Sodepaz Andalucía.

Francia estuda suplir carencias do seu sistema de saúde mediante a contratación de brigadas médicas cubanas

Salim Lamrani – Universidade da Reunión

 Son varios os países europeos que recibiron asistencia médica de Cuba. Os profesionais da saúde de Cuba contan cun longo historial de cooperación medica en todo o mundo. Arestora, Francia, coma outros paises do subcontinente europeo, enfronta a realidade dos espazos desatendidos dentro do seu mapa sanitario e non dá solucionado o compromiso de ofrecer cobertura universal. Un informe do Senado revela o fracaso das políticas públicas para combater as desigualdades territoriais no acceso á sanidade: “A fenda sanitaria entre rexións segue a medrar”. Carencias que comprometen o pacto de solidariedade da República para garantir o finanzamento igual do modelo social francés. Isto significa que non toda a cidadanía ten acceso igual a unha asistencia de calidade.[1]

Francia non sería o primeiro pais da UE en contar co internacionalismo médico de Cuba. O Piamonte honrara o traballo das brigadas médicas cubanas contra a Covid-19. Noam Chomsky comentou daquela que Italia non conseguira a solidariedade de médicos de Alemania senón de Cuba.

Os desertos médicos non se limitan ás zonas rurais. Son realidade nas cidades medianas e as zonas suburbanas, e un de cada tres municipios está afectado por esta realidade. Entre 9 e 12% da poboación francesa vive actualmente nun deserto médico, é dicir, entre 6 e 8 millóns de persoas. Non hai profesionais sanitarios abondo, sobre todo médicos xeneralistas, para satisfacer as necesidades da poboación. O acceso aos médicos especialistas é aínda máis difícil. Por exemplo, a diferenza de densidade entre departamentos é de 1 a 24 para os pediatras. Case 10% dos asegurados maiores de 16 anos non teñen médico de cabeceira. A presenza de médicos nas zonas rurais de Francia é inferior á media da OCDE.[2]

O Senado sinala que a desigualdade na prestación sanitaria podería agravarse por causa do avellecemento da poboación, o desenvolvemento de enfermidades crónicas e a dependencia. A planificación da política sanitaria non responde as necesidades das rexións e á demanda de proximidade dos cidadáns. A distribución dos profesionais sanitarios, basease no principio de liberdade de establecemento e vai en detrimento do principio de igualdade de acceso á asistencia e do interese xeral, malia a demanda ser elevada nos desertos médicos e de todos os pacientes seren solventes grazas á protección sanitaria universal. Os autores do informe lamentan que “os sucesivos gobernos adíen as solucións proactivas” por “falta de coraxe política”.[3]

Unha destas solucións, que respectaría á vez o principio de liberdade de establecemento dos médicos franceses, e o principio de igualdade de acceso á asistencia sanitaria, podería vir de Cuba. Dende o advenimiento da Revolución en 1959, a illa fixo da sanidade unha prioridade nacional e construíu un sistema público, universal e gratuíto, situando ao paciente no centro do proxecto médico. Recoñecido polas institucións internacionais como o modelo por excelencia para os países en desenvolvemento, o sistema sanitario cubano tamén se considera unha fonte potencial de inspiración para as nacións máis ricas, grazas sobre todo ao seu modelo preventivo. Ademais de tratar aos seus propios cidadáns, Cuba leva, dende hai máis de medio século, os seus coñecementos médicos por todo o mundo, tratando a persoas de todos os continentes e facendo deste servizo a súa principal fonte de ingresos.[4]

En 1963, A Habana enviou a súa primeira brigada médica de 55 profesionais a Alxeria para axudar á nova nación independente a facer fronte a unha grave crise sanitaria. Dende aquela, Cuba estendeu a súa solidariedade ao resto do mundo, especialmente a Latinoamérica, África e Asia. A illa levou a cabo máis de 600.000 misións en case 160 países de todo o mundo, nas que participaron máis de 325.000 profesionais sanitarios. Realizaron perto de 2.000 millóns de consultas médicas, 15 millóns de intervencións cirúrxicas e 5 millóns de partos. Hoxendía, a cooperación médica internacional é a principal fonte de ingresos de Cuba, con máis de sete mil millóns de dólares anuais.[5]

Remedio cubano para a UE

 Trala pandemia de Covid-19, varios países, entre eles Italia, solicitaron asistencia médica a Cuba. Por primeira vez, médicos cubanos interviron en Europa Occidental. A Habana enviou unha brigada de 52 médicos e enfermeiras a Lombardía, moi afectada polo virus. Tras dous meses de traballo, os membros do continxente Henry Reeve regresaron a Cuba. Bruno Rodríguez Parilla, Ministro de Asuntos Exteriores de Cuba, subliñou que a axuda cubana fora “solidaria e gratuíta”, dada a crise sanitaria.[6]

Moi impresionadas polo labor dos profesionais cubanos, outras rexións de Italia solicitaron a súa axuda para atenderen as deficiencias do sistema sanitario do país. Dende 2023, a rexión de Calabria beneficiouse da presenza de médicos cubanos. Unha primeira brigada de 51 persoas chegou en xaneiro de 2023, seguida doutro grupo de 120 médicos en agosto de 2023 e outros 98 en febreiro de 2024. En total, 500 médicos cubanos interviran nesta rexión do sur de Italia. A Republica, o principal diario do país, expresou seu entusiasmo co titular: “Estes son os médicos cubanos que salvarán o sistema sanitario de Calabria”.[7] O gobernador da rexión, Roberto Occhuito, expresou a súa gratitude: “O pobo de Calabria estalles moi agradecido porque nos permitiron garantir servizos esenciais para a atención dos nosos cidadáns, evitando o peche de servizos e hospitais. Salvaron os hospitais”.[8]

O Principado de Andorra tamén recibiu asistencia dun continxente de 39 profesionais cubanos durante a pandemia de Covid-19. Washington tentou presionar ás autoridades do país para disuadilas de utilizar os servizos dos profesionais da illa. Pero María Ubach, ministra de Asuntos Exteriores, non se deixou intimidar e deu unha resposta contundente e pública: “Son consciente da posición de Estados Unidos, pero somos un país soberano e temos dereito a elixir os socios cos que queremos colaborar”. Logo dunha misión de dous meses, parte do persoal médico cubano regresou á illa, acompañado polo agradecemento do goberno e o pobo de Andorra.[9]

Francia tamén autorizara aos departamentos de ultramar de Martinica, Guadalupe, Guayana Francesa e San Pedro e Miquelón a solicitar a asistencia de médicos cubanos para facer fronte á emerxencia sanitaria provocada polo Covid-19. A pedimento de Alfred Marie-Jeanne, Presidente do Consello Executivo da Colectividade Territorial de Martinica, un equipo de quince médicos realizou unha misión de tres meses en Martinica, de xuño a setembro de 2020, para reforzar os equipos médicos de loita contra a pandemia. O profesor François Roch, Presidente do Comité Médico do Hospital Universitario de Martinica, expresou a súa satisfacción: “O balance global é positivo”.[10]

Os continxentes de médicos cubanos poderían chegar a Francia nun prazo relativamente curto. Moitas rexións son favorabeis, como a de Côtes-d’Armor, onde as autoridades locais desexan evitar o peche do hospital de Guingamp. As autoridades cubanas, a través do seu embaixador en Francia, Otto Vaillant, expresaron a súa vontade de axudar.[11] Só precisa un decreto gobernamental, que achegaría unha solución duradeira á cuestión dos desertos médicos e permitiría a cidadanía francesa acceder por igual á asistencia sanitaria. Como recoñece o informe do Senado, é un asunto de “coraxe política”.

*Salim Lamrani é Doutor en Estudos Ibéricos e Latinoamericanos pola Universidade da Sorbona, e profesor de Historia de América Latina na Universidade da Reunión; está especializado nas relacións entre Cuba e Estados Unidos.

O xulgado absolve o diretor de Cubainformación e cualifica de temeridade ou mala fe a denuncia presentada por “Prisioners Defenders”

Terra Sen Amos – Axencias

Un xulgado de Madrid ven de absolver tanto ao xornalista José Manuel Manzaneda, diretor do xornal Cubainformación  coma á Asociación Euskadi-Cuba, dos tres delitos dos que viñan sendo acusados por Javier Larrondo, axente da asociación Prisioners Defenders. Javier Larrondo, responsábel desta ONG que ten como un dos seus cometidos a crítica do goberno socialista de Cuba e do seu programa de cooperación solidaria con todo o mundo, reclamaba 6 anos de prisión para cada un dos acusados e precisaba endebén que deberían recaer sobre estes as costas do proceso. O xuiz determina que estas costas obrigan ao presidente de Prisioners Defenders pola súa temeridade e mala fe ao manter a acusación contra a Cubainformación.

Manifestación diante dos xulgados de Madrid o dia da vista pola denuncia contra o director de Cubainformación.

José Manuel Manzaneda publicara un artigo titulado “Crear unha crise sanitaria en Cuba, obxectivo da guerra contra a súa cooperación médica” que criticaba os insultos do presidente da ONG en relación á cooperación médica que o Goberno cubano leva a cabo en 60 países do mundo, considerando que lle correspondería o alcume de criminal de guerra no mesmo sentido literal que define a Donald Trump ou que se aplicara profusamente ao finado Henrique Kissinger pola súa vida consagrada a encirrar matanzas de utilidade para os intereses dos EUA, seu patrono.

Dí a sentenza que no artigo non se dan os requisitos esixidos legal e xurisprudencialmente para consideralo calumnioso ou incitador de odio e advirte que a adxetivación criminal de guerra  mal se podería considerar inxuriosa xa que está dentro do que a xurisprudencia normaliza como recurso retórico na comunicación. De feito a sentenza enténdeo coma crítica, recriminación ou censura política e parte da liberdade de expresión.

A Asociación de Amizade Galego Cubana Francisco Villamil, coeditora de Cubainformación, coida que esta querela está dirixida a unha organización e a un medio de comunicación que non existiría no caso de non poder contar co traballo voluntario e que está encaminado a defender e promover a solidariedade internacional e o socialismo. Ben ao contrario da organización Prisioners Defenders que forma parte do barroco tecido de instancias alineadas cos intereses do Departamento de Estado dos EUA e en ben de casos acredoras de pago en dólares.  

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook