Programa de accións a prol de Cuba aprobado no VIII Encontro Continental de Solidariedade

ICAP – Cubadebate – Terra Sen Amos

Convocados polos nobres ideais da amizade e a solidariedade que unen aos pobos da Nosa América, desenvolveuse os días 28 ao 30 de xullo de 2016 na cidade de Santo Domingo, República Dominicana, o VIII Encontro Continental de Solidariedade con Cuba, coa presenza de 370 delegados e delegadas de 25 países e a participación de representantes de organizacións políticas, sociais, xuvenís, relixiosas, sindicais, entre outras. A asemblea foi dedicada ao 90 aniversario do líder histórico da Revolución Cubana, Comandante en Xefe Fidel Castro Ruz e á memoria imperecedera do Comandante Supremo da Revolución Bolivariana, Hugo Rafael Chávez Frías, no 62 aniversario do seu natalicio. Nun contexto no que a contraofensiva imperialista arremete con forza para desmontar os procesos progresistas, revolucionarios e integracionistas da rexión, os pobos do continente reunidos nesta histórica cita, declaran o ferviente saúdo aos Cinco Heroes Cubanos, exemplos de dignidade, patriotismo e firmeza, agora libres na súa patria logo de cumpriren longas e inxustas condenas en cárceres do imperio. Tras esta primeira proclamación, a Declaración de Santo Domingo aborda os seguintes postulados:

O VIII Encontro Continental de Solidariedade con Cuba, congregou en Santo Domingo 370 delegados e delegadas de 25 países e representantes de organizacións de apoio.
O VIII Encontro Continental de Solidariedade con Cuba, congregou en Santo Domingo 370 delegados e delegadas de 25 países e representantes de organizacións de apoio.

2) Hai 19 meses, 17 de decembro de 2014, iniciouse unha nova etapa de relacións entre os gobernos de Cuba e os EE.UU logo de máis 55 anos de confrontación e agresións por parte de diferentes administracións estadounidenses que non se deron conformado nunca co feito de ter unha Revolución Socialista a menos de 90 millas das súas costas. Apoiamos o proceso de restablecimiento de relacións diplomáticas, e asemade ratificamos a nosa confianza na illa da dignidade, convencidos de ela manter, no tempo a vir, integramente seus principios e valores éticos que son paradigma para os pobos do mundo.

3) Esixir o levantamiento inmediato do bloqueo económico, comercial e financeiro imposto a Cuba polos Estados Unidos, principal obstáculo para o desenvolvemento pleno da nación caribeña. Estados Unidos debe cumprir a esixencia da comunidade internacional, ratificada en 24 ocasións, do cese desta política e escoitar a maioría crecente favorábel en todo o mundo ao levantamiento do bloqueo e ao remate das restricciones de viaxes.
4) Demandar a devolución inmediata a Cuba do territorio ilegalmente ocupado pola Base Naval en Guantánamo, arrogada como súa polo governo estadounidense dende hai máis de cen anos, en contra da vontade do governo e o pobo de Cuba. Espazo utilizado como prisión e centro de tortura no que someten a tratos degradantes e crueis a detidos, en franca violación do Dereito Internacional Humanitario.

5) Reclamar o fin das transmisións ilegais de radio e televisión que falsean e menten sobre a realidade cubana e violan as normas da Unión Internacional de Telecomunicacións.

6) Esixir o cese dos programas de subversión e desestabilización contra a Illa e o respecto a súa soberania, autodeterminación e independencia.

7) Rexeitar a política migratoria exclusiva para os cubanos que alenta a emigración desordenada e perigosa. Pór fin aos programas de roubo de cerebros que estimulan a deserción de profesionais cubanos que cumpren misións noutros países.

8) Demandar ao goberno dos Estados Unidos o pago das compensacións ao pobo cubano polos danos económicos e humanos ocasionados pola práctica criminal do bloqueo e as agresións contra Cuba.

9) Ratificar o noso apoio irrestricto ao Proceso de Actualización do Modelo Económico Cubano que ineludibelmente conducirá a afortalar o seu sistema socialista.

10) Reiterar o noso apoio permanente e incondicional á Revolución Bolivariana iniciada polo Comandante Supremo, Hugo Rafael Chávez Frías, encabezada hoxe polo Presidente Nicolás Maduro, ante as continuas agresións da dereita servil aliada do imperialismo. Esixir ao goberno norteamericano a derrogación inmediata do seu decreto inxerencista e intervencionista; de igual xeito solidarizámonos cos procesos progresistas de Ecuador, Bolivia, Nicaragua, O Salvador; así como cos movementos populares que en Brasil enfrontan o golpe de estado parlamentario xudicial contra a Presidenta Dilma Rouseff e que en Arxentina están mobilizados contra o regreso do máis aleve neoliberalismo.

11) Apoiar de vez o dereito do pobo de Porto Rico na súa loita pola independencia e a autodeterminación, a devolución a Arxentina das illas Malvinas; así como recoñecer o dereito dos territorios de ultramar á súa soberanía e independencia.

12) Esixir a liberdade de Oscar López Rivera, quen leva máis de 35 anos nas cadeas dos Estados Unidos, e de todos os presos políticos que cumpren inxustas condenas en diferentes países do mundo.

13) Apoiar as loitas dos movementos sociais nos Estados Unidos, ante a crecente brutalidad policial contra a comunidade afro-norteamericana, contra as minorías, inmigrantes, comunidades LGTB e todo xénero de discriminación relixiosa.

14) Apoiar o dereito do pobo haitiano na súa loita pola saída da Misión de Estabilización das Nacións Unidas do seu territorio.

15) Esixir o cese da política de exterminio contra o pobo Palestino que leva a cabo o estado de Israel. Apoiar o dereito de Palestina a edificar o seu estado soberano coa capital en Xerusalen.

16) Respectar o dereito reproductivo da muller nun ambiente de equidad e igualdade e o acceso dos mozos á educación gratuita e de calidade, á formación política, oportunidades de empregos dignos ben remunerados e a súa plena participación en tomada de decisións como futuros líderes das súas respectivas sociedades.

17) Recoñecer e defender os dereitos dos pobos orixinarios, respectando a súa cultura, tradicións e costumes ancestrais.

18) Saudar con profundo agradecimiento a incondicional solidariedade do goberno e povo de Cuba por toda a súa contribución, apoio e compromiso na procura da paz para Colombia, anceio histórico do seu povo e de todos os povos amantes da paz.

No VIII Encontro Continental de Solidariedade con Cuba, a Asemblea sancionou tamén un detallado programa de intervencións públicas contra o bloqueo económico, comercial e financeiro dos Estados Unidos asi coma outras accións encamiñadas a esixir a devolución a Cuba do territorio que ocupa ilegalmente a Base Naval dos Estados Unidos en Guantánamo. No mesmo programa especificáronse tamén iniciativas para estimular a participación nos eventos que o ICAP organice en Cuba e apoiar con accións simultáneas a terceira xornada contra o bloqueo que vai realizarse en Washington DC, no mes de agosto de 2017. Finalmente, fíxose un chamado a desenvolver proxeccións de documentales e exposición de fotos sobre Fidel en ocasión do seu 90 aniversario; para fortalecer a estrutura e unidade do Movemento Continental de Solidariedade con Cuba,  coa participación ampla e representativa de todos os actores sociais e fixáronse outros obxectivos de solidariedade con Venezuela, Ecuador, Bolivia, Nicaragua, O Salvador, así como o de apoiar os movementos populares que teñen lugar en Brasil e Arxentina.

1)Multiplicar as accións contra o Bloqueo

a) Realizar accións simultaneas en cada país os días 17 de cada mes que teñan maior impacto mediático, como acordado no Cume dos Povos de Panamá.

b) Incentivar a realización de protestas fronte ás representacións diplomáticas e consulares de EEUU nos nosos países.

c) Contactar a parlamentarios para que intercedan ante os seus homólogos estadounidenses.

d) Enviar mensaxes, cartas e realizar chamadas telefónicas á Casa Branca e o Congreso, esixindo o fin desta política cruel e genocida.

e) Multiplicar o uso as redes sociais, páxinas electrónicas, programas de radio, televisión e prensa comunitarias para denunciar os efectos do bloqueo, a ocupación ilegal da base naval en Guantánamo e a subversión política contra na illa.

2. Esixir a devolución a Cuba do territorio que ocupa ilegalmente a Base Naval dos Estados Unidos en Guantánamo.

a) Organizar nos nosos países proxeccións do documental “Todo Guantánamo é Noso”, aproveitando que está subtitulado a diversos idiomas.

b) Divulgar e participar no Seminario Internacional pola abolición das bases militares e pola paz que se realizará en Cuba a inicio do mes de maio de 2017.

3. Apoiar con accións simultáneas a terceira xornada contra o bloqueo a realizarse en Washington DC, no mes de agosto de 2017.

4. Promover e estimular a participación nos eventos convocados polo ICAP en Cuba:

a) Brigada Suramericana de traballo voluntario e solidariedade con Cuba/xaneiro 2017.

b) Brigada Internacional Primeiro de Maio de 2017.

c) Brigada Juan Rius Rivera de Porto Rico/xullo de 2017.

d) Brigada Venceremos de Estados Unidos/xullo de 2017.

e) Brigada Latinoamericana e Caribeña/agosto de 2017.

f) Brigada Internacional Ernesto Che Guevara no aniversario 50 da súa desaparición física, outubro de 2017.

5. Traballar por fortalecer a estrutura e unidade do Movemento Continental de Solidariedade con Cuba, enriquecendo a súa accionar coa participación ampla e representativa de todos os actores das nosas sociedades.

6. Reforzar a utilización dos medios informativos de radio, televisión, prensa escrita e redes sociais, como Facebook, Twitter, YouTube, Blogs e outros, como espazos multiplicadores da verdade sobre Cuba, fronte ás campañas mediáticas das transnacionales da desinformación.

a) Propiciar a proxección do documental “O poder dos débiles” que mostra o labor da revolución con persoas con necesidades especiais.

b) Divulgar os spots sobre o bloqueo realizados por IFCO/Pastores pola Paz.

7. Realizar actividades no marco das datas conmemorativas da illa.

a) Desenvolver proxeccións de documentales e exposición de fotos sobre Fidel en ocasión da súa 90 aniversario.

8. Promover accións de apoio con outras causas:

a) Realizar accións divulgativas para reclamar a derogación do decreto injerencista e intervencionista de Estados Unidos contra Venezuela.

b) Organizar mesas ou paneles sobre a importancia da integración rexional, a defensa dos gobernos progresistas de Venezuela, Ecuador, Bolivia, Nicaragua, O Salvador; así como apoiar os movementos populares que teñen lugar en Brasil e Arxentina.

c) Realizar marchas, caravanas e outros eventos reclamando a liberdade dos nosos presos políticos.

Dado en Santo Domingo, República Dominicana, aos 30 días do mes de xullo de 2016.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *