Putin promete axuda a Cuba contra o Bloqueo

Granma – Terra Sen Amos.
O presidente ruso Wladimir Putin prometeu axuda a Cuba contra a inxerencia económica e política decretada polo goberno estadounidense hai 54 anos.  A declaración produciuse ao cabo da asinatura na Habana de dez protocolos de cooperación que potenciarán a vella relación de amizade entre os dous paises. As leis norteamericanas que sancionan o comercio con Cuba, rexen na UE (con multas recentes a Hoanda e Francia) mais non en Rusia.

Putin compromete unha intermediación que xa ven exercendo dacordo coas leis internacionais de comercio na súa relación con Corea do Norte e Cuba.

Os convenios asinados na Habana abordan as garantías de seguridade internacional na información, a non militarización do cosmos, os intercambios culturais, as novas terapias de tratamento  urolóxico, a industria, a defensa civil e a reparación de desastres naturais dentro do marco da CELAC, o sondeo de hidrocarburos en espacio cubano, a produción de enerxía hidroeléctrica e os sistemas de iluminación con tecnoloxía LED.

Wladimir Putin e Raul Castro particiaron na asinatura dos novos convenios.
Wladimir Putin e Raul Castro particiaron na asinatura dos novos convenios.

Os  acordos foron asinados por Serguei Lavrov, ministro e Bruno Rodriguez Parrilla, ministros de Estado e por responsábeis de cadansúa área, no Pazo de Governo da Habana , en presenza de Wladimir Putin, de Raúl Castro,  .
O presidente ruso puido departir antes da asinatura co Líder da Revolución Fidel Castro. Cubavisión transmiteu imaxes do encontro.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *