Ramón Chao, amigo de Cuba

Rosalia Naveira – Terra Sen Amos
O xornalista musical Diego Manrique, recorda nunha semblanza comovida de Ramón Chao Rego, que Cuba foi sempre interese vital para o autor Galego de a pouco finado en Barcelona. “Cuba era asunto prioritario para Ramón –explica Manrique- e só, ou de ganchete con Ignacio Ramonet, publicóu textos belixerantes sobre Cuba e globalización”. A pouco de se reformar en Radio France, onde traballara corenta anos, Ramón foi conferenciante no Conservatorio de Vigo e falando da música de Cuba, chamou ao Bloqueo peste da fulgurante criatividade artística da illa. A Ramón Chao debemos o libro Conversaciones con Alejo Carpentier (1985) fundamental para entender o valor central do compromiso coa independencia na obra do grande autor cubano, asi como o seu protagonismo na fundación do Grupo Minorista (1923) con Fernando Ortiz, Marinello, Martínez Villena, Mella e Nicolás Guillén. (A seguir reproducimos o artigo Cuba frente al Imperio (o al revés) publicado por Ramón Chao no seu Blog en abril de 2012)
Ramon Chao Rego

Cuba fronte ao Imperio (ou ao revés)

RAMON CHAO

20 de Abril de 2012

Para min, o título desta crónica e do libro que lle dá razón de ser, é capicúa. Eu púxenlle O Imperio fronte a Cuba ao revés, mais mírese por onde se mire, o resultado é idéntico: os yanquis queren que os cubanos adopten a actitude do castor perante os seus perseguidores, como ao final lles explicarei. Asina este libro que acaba de saír en Francia, o investigador da Sorbona, Selim Lamrani, e prológao Noam Chomsky.

Trátase dun resumo da actitude de Cuba fronte a propaganda, a guerra económica e terrorismo de Estado a que a somete EUA. Thomas Jefferson dicíao en 1805 coa súa caralavada: España podía seguir gobernando a Cuba “até que o país estea abondo avanzado e arrincarlle a illa anaco por anaco”.

Os españois continuamos a engordar a presa que cobizaban os veciños. Fins do século XIX, o presidente Grover Cleveland bota cálculos: “investimos en Cuba entre 30 e 40 millóns de dólares en sembrados, ferrocarrís, minas e outras actividades. O volume dos intercambios comerciais pasou de 64 millóns de dólares en 1889 a perto de 103 millóns en 1893”. A ocupación dos portos cubanos por navíos de guerra yanquis constitúe o primeiro paso. Oficialmente trátase de “protexer os intereses e cidadáns norteamericanos”. Como a democracia no Iraq.

O Maine instálase en porto da Habana e explota 15 de febreiro de 1898 causando a morte de 260 mariños do exército americano. Notemos que ningún oficial achábase esa noite no navío. O único informe oficial corre a cargo de EUA que acusa decontado a España.

A Casa Branca inicia as hostilidades 25 de abril de 1898, ben antes de Mac Kinley obter autorización do Congreso. Xa sabemos o que segue: creación dunha república mediatizada (como a que intentan impoñer en Iraq) longa lista de dictadores pagados co refugallo ( hoteis, salas de xogo, prostitución, Machado, Batista)… e en xaneiro de 1959 chega Fidel.

Cuba toma medidas que disgustan ao presidente Eisenhower (Reforma Agraria, nacionalización da industria do sucre e do petróleo e, colmo de atrevemento, a Shell). O Gran Veciño decreta o bloqueo da illa en 1960 e un ano despois a ruptura de relacións diplomáticas.

Asi que sobe ao poder Kennedy, descobre un plano secreto da CIA que prevé o derrocamento de Fidel mercé a 13 millóns de dólares concedidos polo seu predecesor para formación de mercenarios en Guatemala. Acepta a Operation Mangosta que remata, como sabemos, coa derrota humillante dos invasores.

Dende aquela, producíronse máis de setenta intentos de asasinato de Fidel Castro, avións derrubados con centenares de mortos e impunidade garantida do seu autor, o mercenario Posada Carriles; a detención de cidadáns cubanos con desprezo das leis internacionais.

A maiores, Bush decreta que Cuba é un Estado Terrorista, con todas as consecuencias. Qué esperan os promotores da Comisión de Asistencia a Cuba Libre (os ultradereitistas idos Aznar e Albrigth, entre outros), os rabiosos de Reporteros sen Fronteiras e outros librecambistas cúmplices da agresión secular contra a nosa querida Illa? Soñan con que Cuba se comporte coma os castores, moi apreciados polas secrecións das súas glándulas sexuais, coas que os romanos facían ungüentos.

Conta o escritor latino Eliano, que cando estes animaliños presinten a presenza de cazadores, déitanse patas para arriba para que lles corten os testículos e asi ficar vivos, ainda que capados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará